Catro podios para os atletas da Sociedad Gimnástica na Carreira Pedestre de Santiago

Catro podios para os atletas da Sociedad Gimnástica na Carreira Pedestre de Santiago

Nunha mañá coas temperaturas moi baixas , tivo lugar en Santiago de Compostela a  prestixiosa 41 CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO. Nada menos que 3060 inscritos na carreira absoluta nun  percorrido de 12 km  polas rúas compostelanas e as temidas costas de Vite que depararía a vitoria masculina para Alejandro Fernández do Club Atletismo Ourense cun tempo de 37:29 , seguido por Manuel “Huracán” Hurtado  da Sociedad Gimnástica de Pontevedra que entraría na meta en segunda posición cun tempo de 37:36. o terceiro seria Ivan Roade do Bikila cun tempo de 37.42.

O triunfo na categoria feminina  absoluta seria para Joselyn Brea da Sociedad Gimnástica de Pontevedra cun tempo de 42:34 seguida da atleta do FCBarcelona Esther Navarrete con 42:37 e terceira Alice Finot do Atletismo Femenino  Celta con 43:05.  Sharay Astáriz da Sociedad Gimnástica de Pontevedra seria sexta na categoria Senior A  cun tempo de 50:59.

Na categoría escolar con 1329 inscritos nas categorías  dende alevin a xuvenil  e  cun percorrido de 7 km Hugo García Souto proclamaríase campión na categoría cadete masculina cun tempo de 24:47, namentras que Blanca Armenteros acadaría o segundo posto na categoría xuvenil feminina cun tempo de 31:22,  sendo a vencedora nesta categoría Sara López da Atletica Lucense.

 

Parabéns a todos e todas.

Resultados

 

 

 

Manuel “Huracán” Hurtado subcampión no Medio Maratón de Pontevedra

Manuel “Huracán” Hurtado subcampión no Medio Maratón de Pontevedra

O domingo día 21 de Outubro tivo lugar o XXIII Medio Maratón Pontevedra CaixaBank 2018   que contou coa organización do Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra . Esta proba deportiva forma parte  calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

Nunha mañá cunha temperatura ideal os máis de 1300 inscritos tiñan ás 11:00 horas a saída dende a Ponte dos Tirantes, nun percorrido   de 21.097 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

O vencedor da carreira masculina sería Alejandro Fernández (Atletismo Ourense)  cun tempo de 1:07:00 seguido do atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Manuel “Huracán” Hurtado con 1:08:44, sendo terceiro Manuel Penedo do 3&RUN PEDRO NIMO con 1:11:01 .

Manuel que fora campión no 2012, no 2013, segundo en 2014 e outra vez primeiro en 2015 ,  liderou   gran parte da carreira  acadando ao final o segundo posto no podio.

O podio da carreira feminina foi o seguinte: 1ª Paula Mayobre (Seoane Pampín); 2ª Maria Jesus Gestido ( FISIOTERAPIA SAN LAZARO ) 3ª Beatriz Fernández (C. A. CORREDOIRAS BUEU).

Parabéns ao noso subcampión, a todos os atletas , e como non a todos os voluntarios sen os que esta carreira non seria posible.

¡Vemonos o ano que ven!

Resultados

 

Joselyn Brea segunda na Coruña 10.

Joselyn Brea segunda na Coruña 10.

O domingo celebrouse na Coruña  a XI Carreira Popular Coruña10 , proba incluída no calendario oficial de competicións da FGA e da RFEA.

Na carreira dos 10 Km ,con máis de 3000 corredores que atravesaron a liña de meta , tanto o triunfo masculino como feminino decidiuse ao sprint.

No apartado feminino a triatleta Joselyn Brea pertencente a Sociedad Gimnástica  de Pontevedra  finalizou en segunda posición (33.56)  por detrás da súa irmá Edymar Brea (33.55)  que sería a vencedora no sprint , sendo terceira  Paula Mayobre (34.00).

No apartado masculino  os atletas da Sociedad Gimnástica Manuel “Huracán ” Hurtado e Carlos Porto acadarían unha gran actuación nunha carreira  moi rápida onde o vencedor Alejandro Fernández baixaría dos 30 minutos  ( 29.57), entrando Manuel Hurtado na quinta posición na clasificación xeral  cun tempo de 30.22 , namentras que Carlos Porto finlizaría décimo na clasificación xeral cun tempo de 31.10 qu é a súa MMP nos 10 Km en ruta.

Nas carreiras de menores con mais de 1000 inscritos  en total,  na categoría sub 18  Blanca Armenteros  (SGP) acadaría a segunda posición, tamén ao sprint por detrás de María Carballido (Friol) que sería a gañadora sendo terceira a atleta do Marineda  Sara Prieto.

O sábado  asimismo celebrouse  a tradicional  IX PINGA-PINGA no concello de Marín carreira dentro do calendario da federación galega de atletismo  onde nun recorrido de aproximadamente 7.2 km a atleta sub 18 da Sociedad Gimnástica  Paula de la Torre sería a primeira atleta sub23 en entrar na meta sendo  quinta absoluta cun tempo de 32.01.

Parabéns a todos

Resultados 10 km Coruña 10 Resultados Coruña 10 sub 18 Pinga pinga