Esta semana tivo lugar no CGTD de Pontevedra unha concentración do sector de saltos e valos. Como adestradores por parte da Sociedad Gimnástica a presenza de Julio Ventin, Alfonso Palomanes e Santiago Ferrer Alonso, e a participación dos atletas sub 20 Lucía Ferrer, sub18 Raúl Cortizo , Marcos Villaverde e Yago Boleas e sub 16 Marta Barragans e Natalia Meaños. Agardamos que todos eles sacaran unha boa experiencia además da convivencia con adestradores e atletas de otros clubes.

Ven de ser publicada pola RFEA  a relación de atletas sub16 e sub 18 convocados para asistir á concentración nacional de fondo e medio fondo entre o 19 e 24 de Xullo en Leganés e Getafe. Hugo García Souto convocado no apartado de fondo de atletas sub16, e Paula de la Torre convocada inicialmente coma suplente no apartado do medio fondo sub 18. Parabens ós dous e os seus adestradores.

Precisamente Hugo García Souto foi recibido onte no Concello de Pontevedra polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores coma homenaxe polos seus éxitos deportivos, e estivo acompañado polo seu adestrador Pablo Díaz e pola presidenta da Sociedad Gimnástica Charo Castro .

[buttonlink=”#http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/20187693143.pdf”] Concentración medio fondo e fondo[/button]

https://www.farodevigo.es/deportes/pontevedra/2018/07/06/recepcion-atleta-hugo-garcia-campeon/1923642.html