Logo de ter rematado o prazo de reclamacións sobre as puntuacións obtidas nas tres fases de clasificación desenvoltas en Santiago, Pontevedra e O Barco de Valdeorras para a disputa da Fase Final da Liga ABANCA de menores,os equipos alevín femenino, alevín masculino e benxamin masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra atópanse entre os equipos finalistas

Lembramos que dos tres encontros disputados, clasificaríanse os primeiros equipos de cada categoría de maneira directa, existindo unha clasificación por mellores puntuacións dos cinco equipos restantes en base ás súas marcas.

A fase final disputarase o vindeiro día 16 de decembro coincidindo coa inauguración oficial da Pista Cuberta de Ourense.

Relación definitiva de Equipos clasificados para a Fase Final da Liga ABANCA