Gran Fondo Caixabank Pontevedra – 2024 – Información e inscricións

Gran Fondo Caixabank Pontevedra – 2024 – Información e inscricións

Amantes da carreira, chegou o momento de poñer á proba as vosas zapatillas e desafiar os vosos límites: O GRAN FONDO CAIXABANK PONTEVEDRA 2024 está de volta na súa 42 edición, e as inscricións xa están abertas 💪🏽👟

Preparádevos para unha experiencia única que combina deporte, paixón e comunidade nun percorrido emocionante polas rúas da nosa fermosa cidade!

Lembrade que temos tres emocionantes carreiras para todos os entusiastas:
MM: Ofrecemos tres períodos de inscrición. O primeiro e o segundo período terán prezos reducidos, con incremento de prezo do primeiro ao segundo período.
10K: Dispoñemos de dous períodos de inscrición, sendo o primeiro a un prezo reducido.
Menores: Un único período de inscrición para esta carreira.
(Prezos consultar reglamento)

Existen descontos por desemprego nos dous primeiros tramos da MM e no primeiro do 10K, para máis información, por favor, contactádenos ao correo info@sgpontevedra.com.

A continuación deixamos o regulamento onde atoparedes toda a información necesaria sobre o evento!

Gran Fondo Caixabank Pontevedra – 2024 – Información e inscricións

O Gran Fondo Caixabank e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra gánanlle o pulso á choiva

A choiva insistente que cubreu toda Pontevedra na mañá do 15 de outubro non poido coa organización do Gran Fondo Caixabank. Unha edición que rematou coa vitoria de Pablo Otero e Tina Fernández no medio maratón e de Isabel Caeiro e Roi Estévez nos 10km.

10km en solitario

A proba dos 10km tivo claros vencedores. Tanto en categoría masculina como feminina, os dous gañadores chegaron en solitario á meta. Roi Estévez por segundo ano consecutivo impúxose na cetegoría masculina con 32:44; frente a Isabel Caiero, a atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que se estreou no podium na categoría feminina cun tempo de 37.07.

Acompañáronnos Hugo Rodríguez (33.08) e Rebeca Mariño (39.13), coa medalla de prata; e José Ramón Sánchez (33.14) e Irati Lorza (39.41) como terceiros clasificados.

Pablo Otero venceu e Reyes Estévez

No medio maratón houbo disputa ata os últimos metros. Dende o pistoletazo de saída un grupo de varios corredores impuxeron o ritmo da proba. Pero sería ata os últimos metros cando se decidiría o resultado final. A falta dun quilómetro aproximadamente, a proba convertiríase nun man a man entre Pablo Otero e Reyes Estévez. O atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra xa deu a última volta á pista de atletismo do CGTD en primeiro lugar, posición na que cruzou a liña de meta cun tempo de 01:07:54. O atleta internacional foi segundo con seis segundos máis respeto a Pablo Otero. Tamén houbo disputa polo terceiro posto. Na última recta, Anxo Castro viuse superado por un Alejandro Fernández que gardou forzas para o final e cruzou a liña de meta con 01:08:05. Un segundo máis tarde chegou Castro.

Manuel Lorenzo, tamén da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, levouse o premio como o primeiro atleta local cun rexistro de 1:08.13. Foi quinto na clasificación xeral.

Na categoría feminina, impúxose Tina Fernández con 01:20:28. Foi segunda Nati García con 01:25.16 e terceira Ángela Rodríguez con 1:26.38.

Probas de cativos

Por segundo ano consecutivo, tamén se organizou a proba de cativos. Contou cun gran número de participantes. Hai que destacar o gran número de atletas do club que competiron na categoría de MiniGran Fondo Caixabank.

Os agraciados co sorteo son Irene Coejo, Olivier Rodríguez y Martín Fentanes. En total son 3 vales de 60€ cada un para gastar na tenda Miler Vintage Running Club.

A choiva foi a nota negativa a esta edición 41 edición do Gran Fondo Caixabank. As precipitacións non remitiron en ningún momento e tanto o concerto en directo como as premiacións tiveron que desprazarse ao interior do Pavillón Universitario.

Máis de 1300 anotados no Gran Fondo Caixabank

Máis de 1300 anotados no Gran Fondo Caixabank

O Gran Fondo Caixabank, que se celebrará o 15 de outubro, tivo un aumento de inscricións nas últimas horas. Pecha con 1336 inscritos.

A distancia do medio maratón contará con 816 participantes e os 10km roza os 400 inscritos. A distancia curta quédase nos 399. A proba dos cativos leva 121 anotados. Pero aínda hai ata ás 23:59h do venres 13 de outubro para apuntarse no proba dos menores. O prezo segue sendo de 1€ ata que peche o prazo de inscricións.

Entre os atletas inscritos, xa contamos coa participación do vencedor do ano pasado, o atleta internacional Reyes Estévez; pero tamén está anotado o segundo clasificado do 2022, Anxo Castro. Polo tanto, as rúas de Pontevedra revivirán o duelo de hai un ano.

Na categoría feminina, de momento, non hai confirmación das atletas vencedoras o ano pasado. Porén si está na lista de inscritos a segunda clasificada da edición de 2022, Ángela Rodríguez.

Recollida de dorsais

Unha vez pechadas as inscricións, o seguinte paso é coller os dorsais. Haberá dúas opcións:

  • Os deportistas que son de Pontevedra terán dende o 11 ao 14 de outubro para recoller os dorsais na Tenda Miler Vintage Running Club. En horario de 10:30h a 13:30h e de 17:00 a 20:00h.
  • Os atletas que son de fóra de Pontevedra poderán coller os dorsais o 15 de outubro, o día da carreira no Pavillón Universitario de Pontevedra. Dende ás 8:30h ata as 10:00h.

Lembramos que todos os participantes poden doar de xeito voluntario alimentos non perecedoiros no momento de recoller os dorsais. Entregaranse á Rede Axuda, institución que depende do Concello de Pontevedra

Máis de 1300 anotados no Gran Fondo Caixabank

Máis de 1200 inscritos a un día de pechar as inscricións

O Gran Fondo Caixabank, que se celebrará o 15 de outubro, segue levando bo ritmo de inscricións. Xa se superan as 1200 persoas anotadas. Concretamente son 1240 entre as tres probas.

A distancia do medio maratón conta con 780 participantes, os 10km con 355 e a proba dos cativos con 105. Lembramos que en todas as distancias hai aforo limitado de participación. As inscricións pechan o domingo 8 de outubro ás 23:59h. Agora o prezo para anotarse é de 30€ na longa distancia e de 15€ na curta. A proba dos menores segue custando 1€ e terán de prazo para inscribirse ata ás 23:59h do venres 13 de outubro.

Entre os atletas inscritos, xa contamos coa participación do vencedor do ano pasado, o atleta internacional Reyes Estévez; pero tamén está anotado o segundo clasificado do 2022, Anxo Castro. Polo tanto, as rúas de Pontevedra revivirán o duelo de hai un ano.

Na categoría feminina, de momento, non hai confirmación das atletas vencedoras o ano pasado. Porén si está na lista de inscritos a segunda clasificada da edición de 2022, Ángela Rodríguez, que volverá con gañas de subirse ao podium.

As inscricións realízanse desde a páxina web do Gran Fondo Caixabank.

Máis de 1300 anotados no Gran Fondo Caixabank

Máis de 1000 inscritos no Gran Fondo Caixabank tras pechar o prazo reducido das inscricións

As inscricións do Gran Fondo Caixabank aumentaron considerablemente las últimas horas. A finalización do prazo cun coste máis baixo para anotarse supuxo un incremento nos participantes. Agora o evento, que se celebrará o próximo 15 de outubro, conta con más de 1000 inscritos.

En total, son 1111 participantes entre as tres probas. No medio maratón, hai 747 participantes; nos 10km a cifra é de 316 e na proba dos cativos hui 48 anotados. Lembramos que en todas as distancias hai aforo limitado de participación.

Quedan aínda 7 días para poder apuntarse. Agora as inscricións aumentan de prezo ata ás 23:59h do próximo 8 de outubro. Os que queiran participar no medio maratón pagarán unha tasa de 30€, mentres que para os 10€ o prezo será de 15€. A proba de menores segue costando 1€.

As inscricións realízanse desde a páxina web do Gran Fondo Caixabank.

Reyes Estévez estará no Gran Fondo Caixabank

Reyes Estévez estará no Gran Fondo Caixabank

Reyes Estévez buscará o próximo 15 de outubro revalidar a vitoria no Gran Fondo CaixaBank. Volve á cidade de Pontevedra para percorrer as súas rúas e intentar cruzar a liña da meta en primeiro lugar.

O atleta internacional xa confirmou a sua participación na distancia do medio maratón. Igual que o ano pasado buscará subirse ao máis alto do podium. No seu palmarés conta con posto de finalista nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e varias medallas nacionais e internacionais.

Quedou terceiro en dous mundiais de aire libre, en Atenas 1997 e Sevilla 1999. A nivel europeo, gaño en Budapest 1998 e quedo segundo en dúas ocasión: en Munich 2002 ao aire libre e en Lisboa 2001 en pista cubierta. Tamén conseguiu a medalla de bronce no Europeo de Madrid de 2005 en doble proba, nos 1500ml e nos 3000ml.

A súa confirmación chega poucas horas antes de que se peche o prazo de inscricións reducido. Este prazo remata o 30 de setembro ás 23:59h. Nel o custo da inscripción é de 20€ para o medio maratón e de 8€ para os 10km. A partir desa data e ata ás 23:59h do próximo 8 de outubro, o prezo para anotarse ascenderá ata os 30€ na distancia longa e 15€ na curta. Na proba dos cativos a inscrición custa 1€ e está dispoñible ata as 23:59h do 13 de outubro.

Polo de agora, o Gran Fondo Caixabank leva case 950 inscritos. Deles, máis de 260 están anotados nos 10km e máis de 540 no medio maratón. A proba dos menores conta con 35 anotados.