Festival de clausura das Escolas Municipais

Festival de clausura das Escolas Municipais

O xoves 31 de Maio tivo lugar nas pistas do CGTD o festival de clausura das Escolas Municipais da Atletismo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra  coa presenza de  arredor de 150  nenos e nenas .

Baixo a dirección de Santiago Ferrer Alonso  e a colaboración do responsable de marcha Carlos Morales  os Monitores Marina Porteiro, Marta Fernández, Eva Salvado e Nico Ramil  distribuiron aos seus pupilos en diferentes grupos donde desenrolaron diversas provas según grupos de idade entre elas velocidade, lanzamento de pelota, salto de altura, triplo salto e salto de lonxitude e relevos.

A presenza de familiares e amigos nas gradas completou este día de fin de curso atletico esperando vernos todos novamente o próximo curso.

Fotos: https://photos.app.goo.gl/pMM6HMjtVYgYYBmH3

Tres ouros e duas pratas no provincial alevín Xogade.

Tres ouros e duas pratas no provincial alevín Xogade.

Na mañá do domingo 13 de maio tivo lugar nas pistas do CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial Alevín Xogade e o Campionato Provincial Infantil de probas combinadas. O mal tempo, e que o día anterior se disputase en Lugo o Campionato Galego por equipos benxamin, alevín e infantil, non arredou nin aos atletas, monitores e familias que por riba dos resultados, compartiron unha nova xornada de atletismo.

Neste campionato alevín clasificabanse as 16 millores marcas das xornadas previas. Destacaremos os tres ouros e dúas pratas conseguidos polos atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

No salto de altura Eloy Acuña ouro cun salto de 1.16 m. Eloy tamén acadaria a medalla de prata no lanzamento de peso cun mellor lanzamento de 8.06m.

No 4×60  masculino ouro para Óscar Otero, Nicolás Quiñones, Lucas Tristán e Gabriel Gores cunha marca de 37.16 sg

No 4×60 mulleres ouro para Marina Pérez, Medhanith Pereira, Carmen Saavedra e Paula Porto con 35.69 sg.

Nos 60 lisos mulleres Paula Porto acadaria a medalla de prata cun tempo de 9.07.

Por outra banda no tetratlon infantil os millores resultados foron dous cuartos postos a cargo de Xainza Calvo en mulleres con 1377 puntos a tan so 21 puntos da terceira praza, e Matías Moldes en homes con 880 puntos.

Resultados

 

Excelente actuación dos nosos infantís  no XOGADE Zonal Infantil en pista en Vigo

Excelente actuación dos nosos infantís no XOGADE Zonal Infantil en pista en Vigo

Celebrouse  o domingo día 22 de abril unha nova xornada do XOGADE Zonal Infantil en pista, esta vez nas pistas de Balaídos con fantásticos resultados por parte dos nosos atletas SUB14  da SGP.

Carla Rivas proclamouse vencedora no salto de altura cun salto de 1.34 m, sendo ademáis segunda no triplo salto cunha marca de 8.22. En triplo salto Sofía Rivas acadaría  a terceira posición cun salto de 7.80m.

Alejandro Villaverde conseguiría nada menos que tres segundas posicións : nos 80 valos con 16.86 sg, nos 220 valos con 37.90 sg y no salto con pértega con 1.70 m.

Paloma Puig sería segunda no lanzamento de disco con 14.95 m.

Matias Moldes obtivo dous terceiros postos, nos 80 valos con 17.13 sg e no  salto de lonxitude con 3.83 m.

 Addis Gallego Cabanelas finalizou terceira nos 1000 metros cunha marca de 3:29:27.

Antón Sotelo foi terceiro nos 80 lisos  con 11.73 sg

Miguel Garcia Taboada finalizou en terceiro lugar no lanzamento de martelo cun mellor lanzamento de 12.82 metros.

Parabéns a todo-los participantes  e a seguir adestrando que pronto chega o Xogade provincial.

Resultados

 

Xogade Benxamín, Alevín e Infantil en Pontevedra

Xogade Benxamín, Alevín e Infantil en Pontevedra

O sábado dia 14 de Abril disputouse  nas pistas do CGTD de Pontevedra, unha nova xornada do programa Xogade – Atletismo en Pista , en xornada de mañán para os benxamíns e alevíns e en xornada de tarde para os infantís, coma sempre  con moitísima participacións de clubes e escolas de atletismo de toda a provincia de Pontevedra .

Os postos máis destacados  por parte da Sociedad Gimnástica foron os seguintes:

Categoría sub-10/Benxamín:

  • Jesús Búa  50 lisos  primeira posición con 8.61 sg
  • Hugo Casañas  en peso  , primeira posición  con 9.25 m
  • Anxo Jamardo 1 Km marcha primeira posición con 6.06 minutos
  • Relevo 4×50: Diego José Huerta, Iago Bellas, Iago Abreu, Jesús Búa  segunda posición con 37.95 segundos
  • Marta Calahuche  en peso segunda posición con 3.93 metros

Categoría sub-12/alevín:

  • Iam David Cabanelas  lanzamento de pelota primeira posición con 28.29 metros
  • Relevo 4×60 femenino : Medhanit Pereira, Candela Filgueira, Carmen Saavedra, Paula Porto primeira posición con 36.42 sg
  • Relevo 4×60 masculino: Nicolás Quiñones, Oscar Otero, Gabriel Gores, Lucas Tristán  primeiros con 38.22 sg
  • Lois Sanmartin  salto de altura segunda posición 95 cm
  • Nicolás Quiñones salto de lonxitude segunda posición con 3.73 metros
  • Paula Porto  500 metros segunda posición con 1:37:08
  • Santiago López salto de altura terceira posición con 95 cm
  • Carmen Saavedra salto de lonxitude terceira posición con 3.45 metros

Categoría sub 14/Infantil.

  • Xainza Calvo 80 lisos  primeira con 11.56 seg e terceira en triple salto con 8.16 m
  • relevo 4×80 femenino  vencedoras Carla Rivas, Gadea Bravo, Cloe Rial e Xainza Calvo con 48.43 seg
  •  Ignacio López 220m vallas segundo con 37.82 seg
  • Carla Rivas  segunda en salto de lonxitude con 4.05  e terceira en salto de altura  con 1.37.
  • Antón Sotelo segundo en 150 m lisos con 21.91 sg
  • Relevo 4×80 masculino: Oscar Monteagudo, Jorge Piñeiro, Matías Moldes e Ignacio López segunda posición con 47.10 sg
  • Oscar Monteagudo  terceira posición en salto de altura con 1.31

 

Parabéns a todos

Resultados Benxamín- Alevín Resultados Infantil

 

 

 

 

 

 

Benxamíns e alevíns disfrutaron da súa xornada Xogade

Benxamíns e alevíns disfrutaron da súa xornada Xogade

O domingo 8 de Abril tivo lugar nas pistas  de  Balaidos en Vigo a xornada  da fase zonal Xogade para  os nenos e nenas das categorías alevins e benxamins da provincia de Pontevedra

Coma sempre moitisima participación nestas  categorías con moitas ganas de aprender, disfrutar e pasalo ben. Todos , atletas e monitores  co apoio das familias,  sen medo ao mal tempo disfrutaron dunha chuviosa xornada de atletismo e a todos felicitamos polo seu esforzo.

Os resultados mais destacados a nivel de postos foron os seguintes:

 En categoría benxamín :

  • Hugo Casañas Pedrares   en lanzamento de pelota  sería o vencedor cunha marca de 27.60 metros
  • En salto de altura Martin Gonzalez Campo  foi o gañador cun salto de  95 cm   e Jesús Bua  Alende segunda posición con 90 cm. Jimena Orellana Piñón segunda  en salto de altura mulleres con 90 cm
  • En 500 metros Aldara Sotelo Quinteiro   foi terceira con 1.56.80

En categoría alevín:

  • Victoria no relevo 4×60 masculino Nicolás Quiñones, Iam David Cabanelas,Gabriel Gores e Lucas Tristán   cun tempo de 38.71 seg
  • Oscar Otero Rosales   segunda posición en  1000 metros 3.41.85
  • Marina Pérez López   segunda en salto de lonxitude con 3.55 metros
  • Eloy Acuña Pousada   segunda posición en lanzamento de pelota con 29.86 metros
  •  
  • Medhanit Pereira  Peralba segunda posición en lanzamento de pelota con 19.31 metros
  • Emma Cabanas Crego   terceira posición nos 2000 metros  con 8.39.23
  • Augusto Chereguini Ortigueira terceira posición no lanzamento de peso con  2.40
  • Paula Porto Dopazo    terceira posición nos 60 lisos  con 9.55 seg
  • Carmen Saavedra Martinez   terceira posición nos  500 metros con 1.37.72
  • Relevo 4×60   Medhanit Pereira, Candela Filgueira, Marina Perez e Paula Porto   terceira posición con 39.96.

O próximo día 14 nova xornada para os benxamins e alevins, esta vez no CGTD en Pontevedra.

Resultados

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

Vuelve el Xogathlón

Vuelve el Xogathlón

Esta mañana se ha celebrado en el CGTD el tercer Xogathlón del año con nuestros atletas de las Escuelas Municipales.

Por la pista han pasado más de cincuenta niños y niñas que venciendo su miedo a la lluvia, se lo pasaron en grande disputando pruebas como lanzamiento de martillo, salto de altura, 500 m marcha, salto de longitud, triple salto y relevos. También han estado presentes, una vez más, sus monitores Nico ,Marta , Eva y Adrián que junto a Santi Ferrer Alonso apoyaron, enseñaron y se divirtieron con todos sus pupilos, en una mañana que nos sorprendió a todos muy soleada y agradable.

Una oportunidad para los más pequeños de acercarse a las pistas e ir conociendo las diferentes disciplinas de nuestro deporte.