A xornada de onte no CGTD foi de nova xornada do Circuito Froiz de Atletismo en Pista. Atletas de todos os niveis e categorías saíron ó tartán, comezando polos máis pequenos (sub10 e sub12), disputando probas como o lanzamento de pelota ou un 1000 metros lisos que os deixou ben cansos.
Pero para os maiores foi un día para mellorar marcas e aprender e mellorar. Foi caso, por exemplo, de Carlota Vázquez, que cos 14.69 segundos que tardou en percorrer o 100 metros valos, conseguiu o billete para o Campionato de España. O seu compañeiro, Hugo Cordal, foi sétimo no 1000 metros lisos, acusando o cansazo tras conseguir o décimo posto no Campionato de España Individual Triatlón E, celebrado en La Nucía hai poucos días, conseguindo mellorar as súas marcas persoais en lanzamento de xavelina (25.61 metros), 80 metros lisos (11.46 segundos) e 2km marcha (10:40). Sen embargo, Hugo foi quen de mellorar a súa marca, como moitos dos seus compañeiros, no 80 metros valos (a 0.84), agora en 15.26, deixando claro que non se conforma cos resultados acadados ata agora.
Moitos foron os atletas que aproveitaron a xornada de onte para axustar as súas marcas persoais. Entre outros, Karol Rivera no 100 metros lisos, Sergio Lamas en lanzamento de disco de 1.5 kg, Jovi Uyokpiye no 110 metros valos (a 0.914) ou Noa Currás no salto de lonxitude (cunha mellor marca agora en 4.94.
Desta vez tiveron sorte dispar coa climatoloxía, que xa se tornou nun participante máis do Circuito, con vento e chuvia moi variable e forte por momentos que, sen dúbida, obrigou a todos os atletas a sacar o mellor de sí mesmos.
Moitos parabéns a todos e vémonos o próximo mércores 17 no Trofeo Celso Mariño. Seguimos!
A tarde de onte centos de atletas competiron nunhas condicións moi distintas das que sufriran na xornada anterior do Circuito. Por fin un sol e calor máis propios destas datas permitiron que todos eles deran o mellor de sí e, sobre todo, desfrutasen do atletismo.
No CGTD déronse cita para o L Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra atletas de todas as categorías. Dende os máis pequenos (sub10 e sub12) ata as categorías absolutas e máster. Disputaron probas como o lanzamento de pelota os máis pequenos ou o de xavelina os máis maiores, coa participación de atletas como Jonathan Correa, membro habitual do equipo masculino de Liga de División de Honor e que nesta xornada foi o mellor lanzador. No 3000 obstáculos puxéronse a proba Sabela Martínez e María Estévez, que este ano, como Jonathan, forman parte do equipo feminino de Liga, que loitará en breves días polo ascenso de categoría.
Houbo moitas melloras de marcas, como a de Andrea Villaverde no salto de altura, facendo a súa mellor marca desta tempada, ou a mellora persoal de Lía Geralavicius, atleta sub14, no 500 metros lisos. Carmen Paz, atleta tamén do equipo feminino de Liga de Primeira División, foi a mellor na súa serie do 100 metros lisos e establece unha nova mellor marca persoal, chegando a meta en 12.76 segundos. En clave masculina, o seu compañeiro, Nico Piñeiro, tamén mellora a súa mellor marca na disciplina, agora en 12.14.
De novo unha xornada de desfrute do deporte, que se repetirá de novo, coa celebración do XXXI Trofeo Cidade de pontevedra, o 03 de xuño.
A xornada de onte foi para auténticos valentes. Unha tarde de auga a cachón fixo peligrar a tarde de competición, pero os atletas non deixaron que o tempo os parase e cumpriron ata que ó final rematou saíndo o sol.
Foron os máis pequenos os que saíron competir no que, probablemente, foi o peor momento da tarde, e demostraron o seu compromiso e profesionalidade saltando á pista co mellor dos sorrisos pese a todo.
Déronse cita atletas de todas as categorías en disciplinas como a pértega, a xavelina, o martelo ou o 60 metros lisos para os máis pequeniños ou o 1500 metros lisos. Foi unha tarde complicada onde, aínda que moitos atletas conseguiron mellorar as súas mellores marcas persoais, como foi o caso de Sabela Martínez e María Estévez no 400 ou o relevo feminino 4×100, a humidade, o frío e a chuvia das primeiras horas pasaron factura ós atletas.
Dende o club damos as grazas a todos os atletas que onte desafiaron as condicións de inicio desta xornada e que deron o mellor de sí para facer desta unha nova xornada de aprendizaxe e traballo en equipo no atletismo.
Vémonos o día 20, cando disputaremos o L Trofeo Sociedad Gimnástica!
Este próximo ano 2027 é un ano de celebración para a Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
O club fai nada menos que 100 anos de historia e realizará unha serie de eventos para festexalo.
Un dos primeiros, que xa podemos anunciar, é a concesión, por parte da Real Federación Española de Atletismo, da organización do Campeonato de España Short Track por Clubs, que se disputará o 30 de xaneiro de 2027 en Ourense.
A Gimnástica non só será anfitrioa e organizadora, senon que contará coa participación dos seus equipos masculino e feminino no maior evento nacional por clubs en pista cuberta.
Dende o club agradecemos á Federación Española de Atletismo que se sumen á celebración do centenario con esta designación.
Este pasado mércores 08 de abril deu comezo unha nova edición do Circuito Froiz de Atletismo en Pista 2026 coa celebración da primeira das competicións que o compoñen, o III Control Escola Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
Comezaron competindo 250 atletas de distintas idades, que se puxeron a proba nas distintas disciplinas do atletismo, como salto de lonxitude, con pleno nos primeiros postos de atletas do club, como Álex Gómez ou Mateo Garrido, o 1000 feminino sub10 onde Sofía Álvarez foi a máis rápida e ademais mellora a súa marca persoal. Tamén melloraron as súas marcas Diego Acuña e Nico Piñeiro, primeiro e terceiro no 100 metros lisos, sendo Iago Gómez o segundo posto. Tamén no lanzamento de peso de 2kg houbo moita mellora de marcas, cos catro primeiros postos de atletas do club e mellorando os seus rexistros.
Sen dúbida, un moi bo comezo para todos eles, que teñen nestas competicións a oportunidade de mellorar e aprender.
A seguinte parada do calendario do circuito será o vindeiro mes de maio, cando se celebre o LII Trofeo Boa Vila, o día 6.
Un ano máis, a Gimnástica de Pontevedra continúa co seu compromiso na promoción do atletismo, apoiada polo Concello de Pontevedra e co patrocinio de Supermercados Froiz, celebrando unha nova edición do Circuito Froiz de Atletismo en Pista que, como ven sendo habitual, terá lugar ó longo de distintas datas nas pistas do CGTD, en Pontevedra.
Con esto, ademais de achegar as distintas disciplinas do atletismo a todos, ofrecen continuidade ós atletas non só do club, senon de moitos outros, que ven a oportunidade de buscar melloras, de seguir aprendendo e medrando ou, incluso, de conseguir as mínimas esixidas para participar en competición de alto nivel.
A primeira parada terá lugar este próximo mércores, 8 de abril, a partir das 17:40 horas, coa celebración do III Control Escola de Atletismo SGP.
Toda a información sobre as probas do circuito, premendo aquí.
Usamos cookies para mejorar la experiencia de navegación. Si continuas navegando, se entenderá que aceptas las condiciones AceptarLee nuestra política de cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.