Catro podios para os atletas da Sociedad Gimnástica na Carreira Pedestre de Santiago

Catro podios para os atletas da Sociedad Gimnástica na Carreira Pedestre de Santiago

Nunha mañá coas temperaturas moi baixas , tivo lugar en Santiago de Compostela a  prestixiosa 41 CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO. Nada menos que 3060 inscritos na carreira absoluta nun  percorrido de 12 km  polas rúas compostelanas e as temidas costas de Vite que depararía a vitoria masculina para Alejandro Fernández do Club Atletismo Ourense cun tempo de 37:29 , seguido por Manuel “Huracán” Hurtado  da Sociedad Gimnástica de Pontevedra que entraría na meta en segunda posición cun tempo de 37:36. o terceiro seria Ivan Roade do Bikila cun tempo de 37.42.

O triunfo na categoria feminina  absoluta seria para Joselyn Brea da Sociedad Gimnástica de Pontevedra cun tempo de 42:34 seguida da atleta do FCBarcelona Esther Navarrete con 42:37 e terceira Alice Finot do Atletismo Femenino  Celta con 43:05.  Sharay Astáriz da Sociedad Gimnástica de Pontevedra seria sexta na categoria Senior A  cun tempo de 50:59.

Na categoría escolar con 1329 inscritos nas categorías  dende alevin a xuvenil  e  cun percorrido de 7 km Hugo García Souto proclamaríase campión na categoría cadete masculina cun tempo de 24:47, namentras que Blanca Armenteros acadaría o segundo posto na categoría xuvenil feminina cun tempo de 31:22,  sendo a vencedora nesta categoría Sara López da Atletica Lucense.

 

Parabéns a todos e todas.

Resultados

 

 

 

Joselyn Brea segunda na Coruña 10.

Joselyn Brea segunda na Coruña 10.

O domingo celebrouse na Coruña  a XI Carreira Popular Coruña10 , proba incluída no calendario oficial de competicións da FGA e da RFEA.

Na carreira dos 10 Km ,con máis de 3000 corredores que atravesaron a liña de meta , tanto o triunfo masculino como feminino decidiuse ao sprint.

No apartado feminino a triatleta Joselyn Brea pertencente a Sociedad Gimnástica  de Pontevedra  finalizou en segunda posición (33.56)  por detrás da súa irmá Edymar Brea (33.55)  que sería a vencedora no sprint , sendo terceira  Paula Mayobre (34.00).

No apartado masculino  os atletas da Sociedad Gimnástica Manuel “Huracán ” Hurtado e Carlos Porto acadarían unha gran actuación nunha carreira  moi rápida onde o vencedor Alejandro Fernández baixaría dos 30 minutos  ( 29.57), entrando Manuel Hurtado na quinta posición na clasificación xeral  cun tempo de 30.22 , namentras que Carlos Porto finlizaría décimo na clasificación xeral cun tempo de 31.10 qu é a súa MMP nos 10 Km en ruta.

Nas carreiras de menores con mais de 1000 inscritos  en total,  na categoría sub 18  Blanca Armenteros  (SGP) acadaría a segunda posición, tamén ao sprint por detrás de María Carballido (Friol) que sería a gañadora sendo terceira a atleta do Marineda  Sara Prieto.

O sábado  asimismo celebrouse  a tradicional  IX PINGA-PINGA no concello de Marín carreira dentro do calendario da federación galega de atletismo  onde nun recorrido de aproximadamente 7.2 km a atleta sub 18 da Sociedad Gimnástica  Paula de la Torre sería a primeira atleta sub23 en entrar na meta sendo  quinta absoluta cun tempo de 32.01.

Parabéns a todos

Resultados 10 km Coruña 10 Resultados Coruña 10 sub 18 Pinga pinga

 

Carlos Porto e Alberto Pérez vencedores na Milla de Marín

Carlos Porto e Alberto Pérez vencedores na Milla de Marín

O sábado día 29 de Setembro e organizada polo Clube San Miguel de Marín tivo lugar a tradicional Milla de Marín con gran éxito de público e participación.

Antes da saída da milla élite feminina gardouse un minuto de silencio  en memoria dos recentes pasamentos de  Mario Álvarez o atleta especialista en salto de lonxitude da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Atilano Fernández pai dos atletas Leticia e Marcos Fernández Barbosa que participaban na Milla Élite.

No que se refire ao apartado deportivo destacar a magnífica victoria de Carlos Porto ( Sociedad Gimnástica de Pontevedra) na Milla Élite masculina  nunha emocionante disputa con Gonzalo Basconcelo( Celta) que acadaría a segunda posición sendo terceiro Víctor Riobo ( Miller).

Na milla masculina popular a grande cantidade de inscritos fixo que houbese  tres carreiras por idades sendo o vencedor da Milla Popular sub18-sub20-senior  o atleta sub18 da Sociedad Gimnástica o marinés Alberto Pérez Outón, que controlou sempre a carreira non deixándose levar polos ritmos elevados doutros atletas o comezo da proba.

Destacar na milla élite feminina a cuarta posición da atleta  sub18 Paula de la Torre por detrás nada menos que de atletas xa consagradas como Alice Finot (Celta), Leticia Fernandez (ADAS) e Raquel Meaños (Valencia).

Parabéns a todos

Luto en la Sociedad Gimnástica

Fotografía: Gema Figueroa

Lamentamos comunicar una muy mala noticia. Mario, nuestro saltador de longitud de Vitoria ha fallecido hoy. Hace unos días tuvo un ataque al corazón y no logró recuperarse. Desde el club lamentamos muchísimo la perdida como atleta, pero mucho más la pérdida como persona. Nuestro más sentido pésame a su familia .DEP

Comienzo de los entrenamientos e inscripción en la Escuela del Club

Comienzo de los entrenamientos e inscripción en la Escuela del Club

 

Comienza el mes de Septiembre y durante el mismo tendrá lugar el inicio de los entrenamientos en los diferentes grupos de la Sociedad Gimnástica de Pontevedra. Las horas y lugar de comienzo serán comunicadas en los próximos días.

Fechas de comienzo
– 3 de septiembre: grupo mantenimiento para socios 7 am
– 10 de septiembre: grupos desde sub 16 (cadetes) a adultos.
– 1 octubre: Escuela de Club (sub 12, sub 14 y sub 16)
– 1 octubre: Escuela Municipal Grupo de Lunes y Miércoles (desde sub 8 a sub 16)
– 2 octubre: Escuela Municipal Grupo de Martes y Jueves (desde sub 8 a sub 16).

Asimismo  está abierto el plazo de inscripción en la *escuela de club* pudiendose realizar las inscripciones en el.siguiente enlace : https://goo.gl/forms/pWp9OukOW0rGJBtl2

Os esperamos

Segunda edición de Saltar na Rúa en Pontevedra

Segunda edición de Saltar na Rúa en Pontevedra

O próximo 24 e 25 de agosto celébrase na praza da Ferrería a segunda edición de “Saltar na Rúa”, con actividades participativas gratuítas e de exhibición; levando o atletismo ás rúas de Pontevedra.

A actividade de promoción está dirixida a nen@s nados entre os anos 2010 e 2002. Se tes familiares ou amigos interesados en participar, serán benvidos. Haberá quendas venres de tarde entre as 18:00 e as 21:00, e sábado pola mañá de 11:30 a 13:30. As prazas son limitadas. Na siguiente ligazón podedes inscribirvos para participar na actividade:

Inscripcións

Coma fin de festa, o sábado a partires das 19:30 celebrarase unha exhibición na que participarán algúns dos mellores especialistas autonómicos e nacionais de saltos.

Contamos con vós, e agradecemos a difusión do evento