O sábado tiveron lugar nas pistas de Elviña as probas correspondentes ao Campionato de Galicia Absoluto que foran suspendidas debido ás condicións meteorolóxicas.

Nesta xornada os atletas da Sociedad Gimnástica acadaron catro medallas .

Lucía Seijas dobremente medallista cun ouro no salto de lonxitude cun salto de 1.58 e a prata no salto de lonxitude con 5.13 metros

Andrea González acadaría a prata no lanzamento de xavelina cun mellor lanzamento de 43.96 metros

Yago Boleas acadaría tamén a prata no triplo salto cun mellor salto de 12.44

Finalizou a participación dos atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra co triplo salto feminino onde Eva Salvado finalizaría en cuarta posición con 10.53 metros (MMP) e Paula Argibay sexta con 10.02 metos

Parabéns

Resultados