Una vez más, el diario digital Pontevedra Viva, con razón del 90 Aniversario de la Gimnástica, ha continuado con las entrevistas a las figuras más representativas de nuestro club. La más reciente es la entrevista a Víctor Gallego, atleta que lleva toda una vida entre nosotros y en lo más alto del panorama nacional.

– Moitos anos xa na Gimnástica, desde cando en concreto?

Pois mira eu empecei na Gimnástica no 99. Estiven os dous primeiros nun filial, que era o San Miguel de Marín, e logo xa vin para a Gimnástica. Competindo en ligas desde que pasei á categoría junior, debeu ser 2005 ou 2006. E desde aí pois todas.

– De feito creo que es o único atleta que estivo no equipo en todas as tempadas en División de Honra.

Si, estiven na anterior ao ascenso, na tempada do ascenso e nas 12 que van, esta que empeza será a 12, que non fallei en ningunha.

– E nese tempo pasaches de todo, desde sufrir para non descender ata estar nunha final a 4 equipos polo título.

O do título para min foi o mellor momento de grupo. Agora estamos a metade da táboa, non temos moito problema en descender nin tampouco quedar entre os primeiros, estamos entre o sétimo e décimo máis ou menos. Pero cando fumos ao título a 4, eramos o equipo con menos orzamento de longo, era súper baixo, acababamos de ascender, levabamos dous anos. Eramos un dos que tiñamos que ir ao decenso e fomos ao título. Eran catro e quedamos cuartos, pero bo foi unha festa incrible.

– Comentaba Alberto Salcedo noutra entrevista que a pesar de non poder pelexar por máis erades os que máis felices só por estar aí.

É que nós chegamos ao nivel de animar aos demais. Mira, pasounos unha historia en Zaragoza co Barcelona, que neses equipos o normal é gañar e marchar, e Bermejo o mellor saltador de altura de España daquela época estaba a saltar e ninguén dicía nada. Baixamos os 30-40 da Gimnástica a animarlle e o tío estaba flipado. Isto é un xogo, hai que pasalo ben.

– É é espírito o que fai diferente á Gimnástica?

A xente que vén é o que di, que somos moi familiares, é o que une aquí no club.

– Parece fácil pero haberá moito traballo detrás para estar en media táboa, crees que a xente se afai aos bos resultados?

Claro, pero é que ao principio era só o feito de estar en División de Honra, diciamos que a ver canto aguantamos, e agora… O que estamos a facer agora hai poucos anos sería impensable.

– E aos seus recentemente estreados 90 anos, como ves ao club na actualidade?

A Gimnástica aquí en Pontevedra probablemente sexa unha das institucións máis importantes. É un club que coñece todo o mundo, as escolas están a facer un traballo incrible, con máis de 200 nenos. Nunha cidade na que, xa sabes como vai isto, case todo é fútbol, que chegue un club de atletismo e se poña como un dos de maior número de fichas é incrible. Hai moito traballo por parte da directiva, moitos adestradores que cobrando pouco e traballan moito.

– Cambiando un pouco cara ao apartado persoal, que retos tes para este ano?

Quero volver ao meu nivel, porque levo un par de anos que entre estudos, traballo, a familia, adestrando… con moitas cousas. Espero este ano volver estar nos postos de cabeza, véxome ben.

– Iso como atleta pero, pensas seguir ligado ao atletismo no futuro?

A miña intención é acabar o último nivel de adestrador nacional pero por agora son atleta, non quero ligarme a ningún neno ou persoa para adestrala.  En todo caso si, a miña intención é seguir ligado ao atletismo xa sexa como adestrador, como directivo ou o que sexa.

– Faltan 10 anos aínda, veste aínda en activo no centenario da Gimnástica?

Espero chegar, teño 31 anos e con 41 un lanzador pode chegar, é factible. Logo pensaría en retirarme.

 

Para consultar la entrevista completa: http://pontevedraviva.com/deportes/39759/victor-gallego-atleta-gimnastica-lo-que-estamos-haciendo-ahora-pocos-anos-seria-impensable/