O  sábado día 10 de febreiro do 2018 celebrouse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD)  organizado pola  Delegación da F.G.A o VII campionato de Galicia Absoluto de
Inverno de Lanzamentos Longos,  I Campionato de Galicia Junior/sub20  con moi bos resultados dos atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Na Xornada matinal celebraríanse o Martelo de 4 kg mulleres , o Martelo de 6 kg e de 7, 260 kg homes, o Disco de 1 kg mulleres e a Xavelina 600 gr mulleres, namentras que o Disco de 1.720 e de 2 kh homes e a Xavelina de 800 gr Homes celebraríase na xornada de tarde.

Víctor Gallego acadaria a medalla de prata no lanzamento de disco 2 kg homes cun mellor lanzamento de 52.52 metros que é mínima para o Campionato de España absoluto o aire libre . Ademías nesta mesma proba Francisco javier Guzmán acadaría a medalla de bronce con  46.68 metros . O gañador desta proba sería o internacional olímpico Frank Casañas

No Disco 1 kg  Mulleres María Jimenez ( atleta sub18) proclamaríase Subcampiona Galega Absoluta cun lanzamento de 33.65 metros confirmando a mínima que xa obtivera semanas antes  . Claudia Puig  (sub20) bronce absoluto cun lanzamento de 32.44 metros o que lle otorgaría o título de campeona Galega Junior Andrea González(sub 20)  seria prata junior e cuarta absoluta cun lanzamento de 32.35 metros.

 

No lanzamento de Xavelina 600 gr mulleres Andrea González prata absoluta  e prata junior cun mellor lanzamento de 39.26 metros mínima para o Campionato de españa sub20 o aire libre  . Angeles Filgueira finalizaria en cuarta posición absoluto  35.81, Claudia Puig quinta absoluta cun lanzamento de 34, 48 que lle otorgaria a medalla de bronce junior. Marina Porteiro acadaría a sexta posición con 25.22.

No lanzamento de Martelo 4 kg Iria Filgueira acadaría a cuarta posición absoluta cun lanzamento de 38.78 metros mentras que Loreto Brea finalizaría en sexta posición con 34.95 metros

 

O próximo fin de semana celebraráse en Lugo o II Campionato de Galicia de Lanzamentos de Inverno Sub16 (CAD) e Sub18 (XUV) que foi aprazado por mor das condicións metereolóxicas a semana pasada.

 

Resultados:   http://ranking.atletismo.gal/online/2017-2018/pontevedra/20180210LanzamentosLongos/