O domingo día 21 de Outubro tivo lugar o XXIII Medio Maratón Pontevedra CaixaBank 2018   que contou coa organización do Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra . Esta proba deportiva forma parte  calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

Nunha mañá cunha temperatura ideal os máis de 1300 inscritos tiñan ás 11:00 horas a saída dende a Ponte dos Tirantes, nun percorrido   de 21.097 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

O vencedor da carreira masculina sería Alejandro Fernández (Atletismo Ourense)  cun tempo de 1:07:00 seguido do atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Manuel “Huracán” Hurtado con 1:08:44, sendo terceiro Manuel Penedo do 3&RUN PEDRO NIMO con 1:11:01 .

Manuel que fora campión no 2012, no 2013, segundo en 2014 e outra vez primeiro en 2015 ,  liderou   gran parte da carreira  acadando ao final o segundo posto no podio.

O podio da carreira feminina foi o seguinte: 1ª Paula Mayobre (Seoane Pampín); 2ª Maria Jesus Gestido ( FISIOTERAPIA SAN LAZARO ) 3ª Beatriz Fernández (C. A. CORREDOIRAS BUEU).

Parabéns ao noso subcampión, a todos os atletas , e como non a todos os voluntarios sen os que esta carreira non seria posible.

¡Vemonos o ano que ven!

Resultados