Forma parte do

“III Saltar na Rúa”

Sesións de iniciación aos saltos atléticos na Praza da Ferrería.

Trátase dunha actividade de promoción do atletismo na que achegamos ao contexto urbano tres disciplinas de saltos do noso deporte: salto de lonxitude, triplo salto e salto con pértega. Tres probas moi atractivas e espectaculares.

Aproveitando as características que brinda a cidade de Pontevedra para a organización de eventos deportivos,  poderemos desfrutar da participación de grandes atletas a nivel nacional e internacional. Trátase dunha actividade única que mostra nun entorno diferente as disciplinas de saltos.