O domingo 28 de xaneiro organizado pola Delegación da F.G.A. en O Barco celebrouse no circuito de Aguillón en A Rúa (Ourense) o XI Campionato de Galicia de cross corto por clubs e ademáis o Campionato de Galicia cadete-sub16 e xuvenil-sub18 individual e por clubes de campo a través. A boa temperatura e un circuito sen apenas desniveis acompañaría ós atletas en toda a xornada , e faría disfrutar os espectadores da competición.
Habería unha clasificación individual e outra por equipos en cada unha das categorías sub 16 e sub 18, namentras que nas categorías senior-promesa só sería clasificación por clubes . Para a clasificación por equipos teríase en conta os seis primeiros atletas do mesmo equipo, que cheguen á meta sumando os postos dos catro primeiros. Os clubes que non presentaran 4 atletas en meta excluiríanse da clasificación por clubes. As distancias a percorrer eran as seguintes
CADETE-sub16 Mulleres 2.300 m. aprox.
CADETE-sub16 Homes 3.900 m aprox
XUVENIL-sub18 Mulleres 3.200 m. aprox.
XUVENIL-sub18 Homes 4800 m. aprox.
Senior-Promesa-sub23 Mulleres 3.900 m.
Senior-Promesa-sub23 Homes 3.900 m. aprox.
Destacar ó equipo sub18 de mulleres formado por Paula de la Torre, Blanca Armenteros, Paola de Montis e Mónica Junquera , Ouro por equipos, o que lles da o billete para participar no Campionato de España de Cross por equipos na categoria sub18 a celebrar en Xixon o 25 de febreiro. Ademáis Paula de la Torre, prata individual , e Blanca Armenteros, bronce en individual, nesta categoría obteñen praza para formar parte da selección galega de cross sub18 que participará o 4 de Marzo do 2018 no Campionato de España CSD en Idade escolar sub16-sub18 en san Pedro do Pinatar.
O outro ouro seria individual, nas pernas de Hugo García Souto que conseguiría a primeira praza na categoría sub16 masculina , e tamen obtén praza na selección galega de cross que asistirá o Campionato de España CSD en Idade escolar sub16-sub18
Na categoría senior – promesa sub23 mulleres o equipo formado por Joselyn Brea, Eva Cid, Sharay Astariz e Marina Porteiro obterian o bronce por equipos a tan só seis puntos da segunda posición. Nas categorías sub 23-senior non habería pódium individual , reseñar que o primeiro atleta en cruzar a meta do Cross Curto Masculino foi Manuel Hurtado, asi como a terceira posición de Joselyn Brea no Cross Curto Senior Mulleres
A continuación detallamos os atletas participantes e os resultados acadados
Sub 16 (cadete) MULLERES 2003-2004 204 puntos. DECIMOTERCEIRAS |
Paula Dominguez 22 ptos |
Antía Carrasco 55 ptos |
Marta Barragáns 56 ptos |
Sofía García 71 ptos |
Sub 16 (cadete) Homes 2003-2004 NON PUNTÚAN |
Hugo García Souto 1 POSICION Ouro |
Alexandre Fernández 39 posicion |
Ivan Belmonte 66 posicion |
André Martínez DNF |
Sub18 (Xuvenil) Mulleres 2001-2002 36 puntos MEDALLA DE OURO |
Paula de la Torre 2 ptos Prata |
Blanca Armenteros 3 ptos Bronce |
Paola de Montis 12 ptos |
Mónica Junquera 19 ptos |
Sub 18 (Xuvenil ) Homes 2001-2002 92 puntos . SEXTOS |
Nicolás Fuentes 9 ptos |
Pablo Lourido 26 ptos |
Antón Paz 28 ptos |
Alberto Pérez 29 ptos |
Bedilu Mendoza 30 ptos |
Senior-Promesa-sub23 Mulleres 38 puntos . MEDALLA DE BRONCE |
Joselyn Brea 3 ptos |
Eva Cid 7 ptos |
Sharay Astariz 10 ptos |
Marina Porteiro 18 ptos |
Senior-Promesa-sub23 Homes 130 puntos SEPTIMOS |
Manuel Hurtado 1 pto |
Carlos Porto 5 ptos |
Adrian Lago 26 ptos |
Carlos Morales 98 ptos |
http://ranking.atletismo.gal/online/2017-2018/barco/20180128ctogalcc/