Celebrouse na tarde do sábado 24 de Marzo o  VII Trofeo Club Deportivo Aurum  na Pista de Atletismo do Campus Universitario de Ourense onde o atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra  Carlos Porto Pazos vencería con claridade nos 5000 metros no que sería o seu debut nesta distancia  cun tempo de  14:43.79 correndo solo os últimos 2000 metros . Excelentes novas por tanto ao inicio da Pista ao aire libre para o noso atleta.

Carlos Porto

Por ourtra banda estanse a celebrar as  distintas concentracions esta Semana Santa  en diversos lugares de España

No apartado de tecnificación desenvolveuse  a Concentración de velocidade   da federación galega de atletismo que o responsable do sector José Carlos Tuñas está a dirixir durante esta fin de semana na Pista Cuberta de Ourense e cuxa finalidade é a de facer un seguimento directo ós mellores especialistas do sector. Nela acudiron por parte da Socieda Gimnástica Lucia Ferrer, Cristina Garrido e Marco Martinez que non dubidamos haberán tomado boa conta da experiencia e ensinanzas acadadas.

Ata Castellón desplazouse o atleta sub23 da Sociedad Gimnástica de Pontevedra  Anxo Blanco para asistir á CONCENTRACION SEMANA SANTA DE  SALTOS LONXITUDE  E TRIPLE SALTO  da RFEA namentras que o  atleta sub16 Hugo García Souto  viaxou ata Hornachuelos (Córdoba) para asitir á concentracion de fondo dentro do programa de  CONCENTRACIONS DE SEMANA SANTA DO
PROGRAMA NACIONAL DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA que ten como obxetivo a promoción de xoves con capacidades especiais nas diferentes especialidades do atletismo que poideran ser integrados no futuro no atletismo de alto nivel contribuindo o seu desenrolo e perfecionamento deportivo. Neste programa de Concentracions do programa nacional de tecnificacin deportiva asiste ademáis  en León Carlos Morales Velasco como adestrador RFEA no sector de marcha.

Anxo Blanco

 

Hugo García Souto

 

 

Resultados Ourense

CONCENTRACIONES DE SEMANA SANTA DEL PROGRAMA NACIONAL DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

Concentración triple salto

Concentración velocidade