O Gran Fondo Caixabank entra na súa recta final. A pouco máis de 24 horas para que chegue o fin das inscricións, esta proba deportiva da cidade de Pontevedra xa ultima todos os detalles.
Polo de agora, róldase a cifra dos 500 inscritos no medio maratón e rózase os 300 anotados nos 10km. A carreira dos máis cativos está preto dos 100 participantes. Lembramos que o prazo para apuntarse neste evento remata o 9 de outubro ás 23:59h. Como xa estamos no segundo prazo das inscricións o prezo por anotarse é de 25€ para a proba de máis distancia e de 15€ para a curta. No caso dos nenos e nenas tan so custará 1€ inscribirse e, co recadado, sortearanse vales en material deportivo entre todos os participantes.
Neste tempo estivéronse presentando diversos servizos que se recuperaron despois da pandemia, como os vestiarios ou os gardarroupas; e tamén este ano incorpóranse outros novos como a gardería. Son prestacións que, pouco a pouco, van facendo crecer este evento que se tivo que reinventar durante os anos de restricións da pandemia para que se puidera seguir celebrando.
De feito, séguense ultimando os detalles e o último anuncio foi a camiseta desta edición. Entregarase no momento no que se recollan os dorsais. Previamente os atletas na inscrición tiveron que escoller a súa talla. É unha prenda técnica e transpirable, apta para realizar deporte.
? CAMISETA do Gran Fondo #CaixaBank ✨ Técnica y transpirable
Unha vez finalizado o prazo de inscricións, os atletas poderán retirar os seus dorsais. Será obrigatorio portar o dorsal no peito e ten que estar visible. Non se poderá dobrar nin ocultar. As datas para recoller estas identificacións son do 13 ao 15 de outubro na tenda Miler Vintage Running Club, rúa Peregrina, 6 (soto), en Pontevedra. Poderase recoller durante o horario de apertura do comercio. Este ano tamén recupérase despois dos anos da pandemia a recollida o mesmo día da proba. O 16 de outubro en horario de 08:00h a 10:30h poden coller os seus dorsais so os deportistas que son de fóra de Pontevedra. O punto de entrega será o Pavillón Universitario.
O Gran Fondo Caixabank pecha o primeiro prazo de inscricións con 691 inscritos entre as dúas probas. No medio maratón hai 460 anotados e nos 10km o número é de 231. Tamén hai que engadir que na proba dos máis pequenos hai un total de 44 participantes.
Ata ás 23:59h do 9 de outubro, os que queiran participar poden seguir inscribíndose. Ata esa data estará aberto o segundo prazo. Nel o custo de inscrición é de 25€ para a longa distancia e de 15€ para a curta. Na proba dos máis cativos mantense 1€ por inscrición. Ese prezo é carácter participativo e coa suma total de todas as participacións sortearanse vales en material deportivo.
Este ano aproveitarase o Gran Fondo Caixabank para realizar tamén o Campionato Galego de Medio Maratón. Lembramos que se so se inscriben na proba autonómica non poderán optar aos premios da proba popular nin a bolsa do corredor. Iso si, inscribirse no campionato galego non significa non poder apuntarse na proba popular; a inscrición é simultánea nas dúas carreiras.
Entre os atletas destacados que xa confirmaron a súa participación está Reyes Estévez, atleta que conta no seu palmarés con varias medallas internacionais.
Polo tanto, os que aínda teñen dúbidas por participar neste evento teñen tempo para poder inscribirse e estar na liña de saída o próximo 16 de outubro. Unha saída que será ás 10:40h para os 10km e ás 11:00h para o medio maratón. A proba dos máis cativos realizarase antes. Ás 10:20 sairán os “Cativos” e ás 10:45h o “Mini Gran Fondo”.
Quedan poucas horas para o peche do primeiro prazo de inscricións e xa temos os primeiros atletas de nivel confirmados. Entre eles destaca o dobre bronce mundial en Atenas 1997 e Sevilla 1999.
Reyes Estévez, nado en Cornellá de Llobregat en 1976, estará o próximo 16 de outubro na liña de saída do medio maratón do Gran Fondo Caixabank. No seu longo palmarés conta cun posto de finalista nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e varias medallas internacionais e nacionais.
Foi terceiro en dous mundiais de aire libre, en Atenas 1997 e Sevilla 1999. A nivel continental é campión europeo en Budapest 1998 e subcampión en dúas ocasións. En aire libre en Munich 2002 e baixo teito en Lisboa 2001. En pista cuberta, tamén quedou terceiro no Europeo de Madrid en 2005 por partida dobre, nos 1500ml e nos 3000ml.
Esta noticia coñecémola poucas horas antes de que peche o primeiro prazo de inscricións. Lembramos que ese prazo remata o 30 de setembro ás 23:59h. Nel o custo da inscrición é de 20€ para o medio maratón e de 10€ para os 10km. A partir desa data e ata ás 23:59h do 9 de outubro, o prezo por anotarse será de 5€ máis caro en cada proba.
Por agora, xa hai case 400 inscritos na distancia longa e case 200 na curta. Na proba dos máis cativos, presentada por primeira vez este ano, o número de anotados rolda xa os 40 inscritos.
Queda un día para o peche de inscricións do primeiro prazo e o Gran Fondo Caixabank leva máis de 430 inscritos. Supéranse os 300 no medio maratón e case 150 nos 10km.
O primeiro prazo de inscricións pecha o 30 de setembro ás 23:59h. Nel o custo da inscrición é de 20€ para a longa distancia e de 10€ para a curta. A partir desa data e ata o 9 de outubro, o prezo por anotarse será de 5€ máis caro en cada proba.
Este ano tamén como novidade haberá unha proba con carácter participativo para os máis pequenos. O pistoletazo de saída soará antes das probas dos adultos e haberá dúas categorías:
Cativos (nados en 2016 e posteriores). Correrán 250m dentro da pista de atletismo do CGTD de Pontevedra.
Mini Gran Fondo (nados 2015-2005). A súa proba será de 750m coa saída dende a Ponte dos Tirantes e ata a pista de atletismo do CGTD de Pontevedra
Os titores que queiran anotar aos rapaces pódeno facer na páxina web do Gran Fondo Caixabank. A inscrición custa 1€ e co recadado sortearase vales en material deportivo entre todos os participantes.
É un servizo máis que ofrece a XL edición do Gran Fondo, un evento que nin parou nos anos da pandemia e se adaptou ás circunstancias. Este ano, xa coa normalidade recuperada e sen máscaras de cara, retoma servizos básicos e que marcan a diferenza respecto a outras probas de nivel autonómico e, incluso, nacional.
Tamén hai que lembrar que este ano será Campionato Galego de Medio Maratón e os percorridos das dúas distancias de adultos están homologados. Eso sí, os participantes que so se inscriban no evento autonómico non poderán optar aos beneficios da proba popular, tales como premios económicos, trofeos, bolsa do corredor e demáis servizos.
O XL Gran Fondo Caixabank celebrase o 16 de outubro e xa hai máis de 200 inscritos. As inscricións xa están abertas ata o 9 de outubro. Hai dúas tandas: a primeira, e máis barata, remata o 30 de setembro; a segunda irá do 1 de outubro ata o día 9.
Ademais de desfrutar dunha marabillosa carreira polas rúas da cidade de Pontevedra, os atletas que participen neste evento poderán desfrutar destos servizos de xeito gratuito:
– Circuitos homologados: Tanto o percorrido do medio maratón como dos 10km están homologados. Ambos saen da Ponte das Correntes e chegan ao CGTD de Pontevedra. Na distancia curta darase unha volta a este percorrido, mentres que na longa serán dúas.
– Lebres na carreira: haberá lebres no medio maratón que intentarán rematar a proba nos seguintes tempos: 01:35.00 / 01:40.00 / 01:45.00 / 01:50.00 / 02:00.00. Calquera persoa se pode unir ás distintas lebres. Levarán bandeirolas visibles.
– Medalla finisher: ao rematar a proba do medio maratón entregarase unha medalla para todos os atletas que crucen a liña de meta.
– Fisioterapeutas: estudantes do Grao de Fisioterapia da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra, darán sesións de xeito gratuito aos atletas que o requiran ao terminar a proba
– Cervexa e bica ao rematar: a proba finalizará cunha pequena festa na que se repartirá cervexa e bica, mentres soará música.
– Vestiarios, duchas e gardarroupa: retómase o servizo de vestiarios e duchas no Pavillón Universitario. Tamén haberá espazo de gardarroupa para deixar as prendas antes de saír a correr evento.
– WC: cuartos de baños accesibles para os corredores cerca da liña de saída, situaranse nas inmediacións doa ponte dos tirantes.
– Bolsa do corredor: a bolsa do corredor recóllese ao terminar a carreira.
– Camiseta conmemorativa: todos os inscritos recibirán unha camiseta conmemorativa que se entregará cando se recollan os dorsais. Cada atleta elixirá a súa talla previamente na inscrición.
– Servizos sanitarios: todos os atletas participantes estarán cubertos cunha póliza de Seguro de Responsabilidade Civil e dun Seguro de Accidentes Deportivos. Haberá dúas ambulancias e dous médicos/as para a atención; ademais dos fisioterapias xa comentados. Tamén contaremos cun desfribilador (DESA) na carreira, que será portado por dous ciclistas.
– Avituallamento: haberá diversos puntos de avituallamento durante a carreira e ao cruzar a liña de menta, onde tamén haberá produtos alimenticios, como froita.
– Multimedia: os atletas poderán descargar fotografías gratis dende a páxina de Facebook do evento. Tamén haberá un vídeo resumen de toda a proba.
– Música: Colocarase diferentes puntos de música durante todo o percorrido para animar aos atletas. Haberá un grupo de música, dous DJ’s, tres charangas e dous altofalantes con música.
O tempo acompañou a que a Praza da Ferrería se enchese de atletismo. A partir das 19:30h da tarde do 27 de agosto o público e os deportistas encheron unha das prazas máis míticas da cidade de Pontevedra.
O salto de lonxitude co olímpico en 2016, Jean Marie Okutu, á cabeza encabezaron a sexta edición deste evento que xa é un habitual no verán pontevedrés. Nesa proba vimos os saltos da vixente campioa galega absoluta, Andrea Villaverde; da vixente campioa de España sub23 en combinadas Eva Queimaño; e doutros atletas como Noa Currás, Matías Moldes, David Ferrer, Valeria González e Juan Piñeiro.
Posteriormente, seguindo cos saltos horizontais, foi a quenda do triplo salto. Aí destacaron Alfonso Palomanes, plusmarquista autonómico; Anxo Blanco, atleta titular co equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra; de Ariadna Gil e Uxía Paz, campioa galega absoluta e cuarta de España sub23, respectivamente; así como doutros atletas como Tania Valverde, Xoel Otero, Raúl Cortizo ou Marina A. Pérez, gran promesa da entidade organizadora.
O evento terminou co salto con pértega que abraiou a todo o público cando atletas como Tomás López, Aitor Fernández, Santi Ferrer ou Alejandro Villaverde saltaron por encima dos 4m de altura e “voaron” coa igrexa da Peregrina de fondo. Tamén participaron Marina A. Pérez, Manuela Blanco, Nerea Fernández e Lola Bouza.
Un ano máis, e xa van seis, o Saltar na Rúa volve a triunfar na cidade de Pontevedra. Nesta ocasión xa de volta á Praza da Ferrería, lugar de onde fora desprazado cara a Ponte do Burgo durante os dous anos nos que o evento estivo marcado polas restricións da pandemia.
Usamos cookies para mejorar la experiencia de navegación. Si continuas navegando, se entenderá que aceptas las condiciones AceptarLee nuestra política de cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.