Quedan dous días para o cambio de custo do Gran Fondo Caixabank de Pontevedra

Quedan dous días para o cambio de custo do Gran Fondo Caixabank de Pontevedra

O próximo 1 de outubro comeza o terceiro prazo de inscricións. Esto supón que aumentará o prezo para anotarse. Ata agora, a distancia do medio maratón custa 21 euros e a dos 10k, 10 euros. A partir do mércores, o prezo chegará ata os 30 euros na distancia longa e ata os 15€ na curta.  

Na categoría de menores, o prezo mantense sempre en 1€.

Ata o 30 de setembro tamén está vixente a promoción de inscrición de balde. Isto consíguese ao realizar unha compra igual ou superior a 125€ na Tenda Miler Vintage Running Club, na rúa Peregrina, nº6 soto.

Este terceiro prazo chega cun bo ritmo de inscricións. De feito, no medio maratón xa se superan as 900 persoas anotadas e nos 10k, os 400. Lembramos que hai prazas limitadas e quedan preto de 200 en ambas distancias.

Por segundo ano consecutivo, ofrécese un servizo de autobuses cun custo irrisorio de 3€. Haberá dous autocares, un que percorrera A Coruña e Santiago e outro que irá polas cidades de Ourense e Vigo. Un servizo que so se pode solicitar ata que finalice este segundo prazo de inscricións.

O Gran Fondo Caixabank celebrarase o próximo domingo, 19 de outubro na cidade de Pontevedra. O percorrido é homologado e conta cun gran final nas pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra. Tamén percorre diversos lugares emblemáticos da cidade do Lérez.

Carlos Porto participará no medio maratón do Gran Fondo Caixabank

Carlos Porto participará no medio maratón do Gran Fondo Caixabank

O atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Carlos Porto, estará na edición número 43 do Gran Fondo Caixabank.

Continúanse inscribindo atletas no Gran Fondo Caixabank. Un dos últimos en anotarse é o atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Carlos Porto.

O fondista, campión galego absoluto en múltiples ocasións e en diversas probas e distancias, ten como mellores rexistros na distancia de 10km 30:23 e nos 5km fixo 14:21.

É un dos que marca este evento deportivo como unha cita imprescindible no seu calendario. Xa sabe o que é subirse ao máis alto do podio no Gran Fondo. En 2021 foi o gañador na distancia dos 10km. Noutras edicións probou a distancia do medio maratón, aínda que sen ser quen de chegar á meta nos tres primeiros postos. Este ano pode ser a súa primeira vez.

As inscricións nesta competición faranse dende a páxina web do Gran Fondo Caixabank ou a través da plataforma de Champion Chip Norte.

Lembramos que hai prazas limitadas. Para a distancia do medio maratón quedan 450 ocos dispoñibles tras ter arredor de 750 persoas inscritas; nos 10km hai case 300 participantes de momento e faltan 260 prazas por cubrir. Por último, nas carreiras de menores aínda quedan 260 prazas libres.

Tamén hai que ter en conta que as inscricións están no segundo prazo en relación ao custo para anotarse. Durante o mes de outubro as inscricións para as carreiras absolutas aumentan de prezo; polo que nestas semanas espérase un aumento considerable do número de participantes en ambas distancias do Gran Fondo Caixabank.

Quedan dous días para o cambio de custo do Gran Fondo Caixabank de Pontevedra

O XLIII Gran Fondo Caixabank de Pontevedra 2025 supera os 1000 inscritos

A 43ª edición do Gran Fondo Caixabank de Pontevedra xa supera os 1000 inscritos. Concretamente, xa hai 1052 persoas anotadas.

De estas, a maioría participarán na distancia do medio maratón que xa supera os 730 participantes. Os 10km xa contan con case 300 corredores anotados ao levar 281. Por último, nas carreiras de menores polo de agora so se inscribiron 38 nenos e nenas.

Lembramos que ata o próximo 1 de outubro, o prezo das inscricións será máis reducido. A partir de esa data aumenta o custo en 5€ na distancia curta (custará 15€) e en 9€ na distancia longa (ata os 30€). A carreira de menores sempre ten un prezo irrisorio de 1€.

Tamén hai que ter en conta que as prazas son limitadas. Tan so quedan menos de 500 ocos para participar no medio maratón e pouco máis de 300 nos 10km.

As inscricións pódense facer a través da `propia páxina web do Gran Fondo ou pola web de Champion Chip Norte.

O Gran Fondo Caixabank celebrarase o próximo domingo, 19 de outubro na cidade de Pontevedra. O percorrido é homologado e conta cun gran final nas pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra. Tamén percorre diversos lugares emblemáticos da cidade do Lérez.

Éxito absoluto do IX Saltar na Rúa

Éxito absoluto do IX Saltar na Rúa

Onte sábado a Praza da Ferrería foi testemuña dunha edición do Saltar na Rúa como nunca antes. O lugar encheuse de público nunha tarde de temperatura agradable que invitaba á práctica do atletismo e a desfrutar con él.

Puntuais, os saltadores de lonxitude foron os encargados de romper o xeo e comezar unha exhibición que arrincou os aplausos e a admiración dos presentes, de todas as idades, cuns saltos que foron inmortalizados dende todos os ángulos.

Sergio Coello, Unai Loureiro, Henar Suárez, Andrea Villaverde, que foi a primeira en saltar ou a portuguesa e xa boa amiga deste evento, Ana Rita Silva deron o mellor deles para sorprender ó publico e sen dúbida o conseguiron, levando tamén parte dos espectadores unha particular “ducha” de are

Non sabían os alí presentes que no triplo salto chegarían as risas con máis area voando cara eles. Os encargados de deixar ó público case como se remataran de voltar da praia foron, entre outros, Isaac Casal, atleta da Gimnástica que comezou nas Escolas do Club, Ana Rita, que sempre dobra proba, Sergio Coello, que tamén suele participar en ambas disciplinas, Diego Míguez, o actual Campión Galego ou Raúl Cortizo, atleta do club que tamén dobrou nos saltos horizontais desta vez.

E o prato forte, probablemente por ser o máis visible dende calquera lugar, foi o salto con pértega. Nesta ocasión, cabe destacar a participación de dous atletas de Portugal, Filipa Dinis, campioa este ano no seu país, e Diogo Meneses, que foi, sen dúbida, a sensación da tarde. Diogo superou con facilidade todas as alturas chegando o momento álxido cando o listón se colocou nos 5 metros e a praza rompeu en aplausos. Tamén foron aplaudidos o resto de pertiguistas, destacando Manuela Blanco, un auténtico espectáculo na pértega cada vez que vén ó Saltar na Rúa, Aitor Fernández, que fixo crer ós presentes que saltar con pértega e moi sinxelo e a atleta do noso club, Marina Artemia Pérez, que xa participara tamén no salto de lonxitude.

Non podemos estar máis agradecidos a todos os atletas polo esforzo que supón para eles realizar unha exhibición de tal nivel no medio do seu período de descanso e pola actitude tan profesional e á vez de festa e de desfrute que conseguiron contaxiar a todo o público asistente.

Dende o club tamén queremos agradecer a todos os que vos achegástedes a desfrutar con nós do espectáculo dos saltos de atletismo dende moi preto e, sobre todo, polo voso ánimo e os aplausos. Fixéstedes desfrutar a todos os atletas como poucas veces antes.

E, por suposto, unha mención moi especial a todas as persoas voluntarias, entre elas atletas do club, que se achegaron a axudar a preparar un evento que cada ano colle máis forza no verán da nosa cidade.

Comezamos a traballar para a seguinte edición, a DÉCIMA xa, do Saltar na Rúa, e contamos con vós para volver desfrutar do atletimo! Vémonos en 2026!

IX Saltar na Rúa – 23 de agosto de 2025. Volve o espectáculo dos saltos á Ferrería!!

IX Saltar na Rúa – 23 de agosto de 2025. Volve o espectáculo dos saltos á Ferrería!!

Este próximo sábado 23 de agosto, ás 19:30 horas, a Praza da Ferrería de Pontevedra será de novo o incomparable escenario dunha nova exhibición de saltos coa IX edición do Saltar na Rúa.

Para este ano, o cartel preparado para facer gozar a todo o que se achegue está cheo de campeóns nas distintas especialidades, categorías e países para que os espectadores desfruten das disciplinas de saltos do atletismo como nunca antes.

Na emblemática praza daranse cita atletas como Ana Rita Silva, atleta portuguesa especialista en triplo salto e salto de lonxitude, sendo tres veces Campioa Nacional en aire libre e unha en short track (pista cuberta). A última esta mesma tempada. Repite tamén o gimnástico Sergio Coello, especialista tamén en ambas disciplinas, sendo o cuarto mellor saltador do país en lonxitude en short track e o sétimo mellor en aire libre. Tamén fará as dúas exhibicións (lonxitude e triplo salto) o seu compañeiro Raúl Cortizo, que ademáis de ser finalista nacional en numerosas ocasións, é o actual Subcampión Galego de lonxitude en short track e o actual bronce en aire libre.

Na lonxitude teremos tamén ó actual Campión Galego, Unai Loureiro, procedente do Riazor Atletismo.

Isaac Casal, que se estreou o ano pasado na exhibición, é o exemplo do traballo que se realiza nas Escolas do Club. Foi aí onde comezou a súa carreira como atleta e regresa este ano ó Saltar na Rúa como flamante Campión Galego sub18 de triplo salto en aire libre e como subcampión en short track. Ademais, Isaac é habitual nas convocatorias da Selección Galega e ademáis foi un dos atletas que formou parte do equipo que se proclamou Campión Galego por clubs da súa categoría.

Isaac estará compartindo exhibición coa actual Subcampioa Galega de triple salto en aire libre, Alba Martínez, do Ourense Atletismo. Alba compartiu podio cunha Gimnástica, que lle arrebatou o título. Marina Artemia Pérez, fará a exhibición do triplo salto como vixente Campioa Galega, facendo tamén a de pértega, donde ostenta o título de Subcampioa Galega.

Quen se achegue a desfrutar a xornada terá tamén o luxo de ver en acción ó actual Campión Galego Absoluto de salto con pértega, Aitor Fernández, procedente do Superamara BAT. Con él estará tamén Henar Fernández, que foi cuarta nacional de salto con pértega en categoría sub23 e, ademáis, é Campioa de Asturias sub23 en lonxitude. Henar realizará a exhibición de ambas disciplinas durante a tarde.

Dende o país luso non so estará con nós Ana Rita Silva. Tamén recibiremos, na pértega, a Diogo Meneses, cuarto nacional absoluto. Con él estarán os actuais Campións Nacionais sub20 en short track, Filipa Dinís e Luca Cruz. Sendo Luca, ademais, o actual Campión Nacional tamén en aire libre e Filipa a actual Subcampioa.

Sen dúbida vai ser, como cada ano, un auténtico espectáculo que achegará as tres disciplinas de salto do atletismo como nunca antes. Campións e Subcampións reunidos para facer gozar a todo o que pase polo Saltar na Rúa. Agardámosvos!

IX Saltar na Rúa – 23 de agosto de 2025. Volve o espectáculo dos saltos á Ferrería!!

Volve o espectáculo do atletismo. Volve Saltar na Rúa!

Non podía ser doutro xeito. Este ano, por noveno consecutivo (nin a pandemia o parou), a Gimnástica celebra unha nova edición da exhibición de atletismo co Saltar na Rúa 2025.

De novo a Praza da Ferrería será testemuña do espectáculo do salto de lonxitude, do triplo salto e do salto con pértega e os espectadores poderán comprobar moi de preto a dificultade destas disciplinas neste lugar emblemático da cidade de Pontevedra.

Atención ás redes sociais nos próximos días, porque iremos desvelando ós poucos os atletas que vos farán desfrutar das distintas modalidades de saltos a partir das 19:30 horas. Agardamos vervos a todos alí un ano máis!