XLIX Trofeo Virxe Peregrina – Última xornada Circuito Froiz 2025

XLIX Trofeo Virxe Peregrina – Última xornada Circuito Froiz 2025

Chegou o día. Este venres 18 de xullo a Gimnástica pechou a edición 2025 do Circuito Froiz de Atletismo en Pista, cunha xornada de atletismo onde se puxeron a proba numerosos atletas de distintos equipos.

Os máis pequenos disputaron a distancia de 500 metros lisos, pero moitos dos gimnásticos fixeron doblete en pértega e lonxitude, ou no 1500 e no 400 metros lisos. A xornada foi moi fructífera para quen tiña como obxectivo mellorar a súa marca pesoal, como pudo conseguir o gimnástico Sergio Lamas . Moitos tamén aproveitaron para probarse en disciplinas e distancias que non son as súas habituais, como é o caso de Jovi Artime ou de Guille Piñeiro que, sendo normalmente corredores de valos, esta vez probaron sorte no salto de lonxitude. Na parte de lanzamentos, celebrouse nesta xornada o lanzamento de disco ou de xavelina de distintos pesos e categorías, onde destacaron Cristina Martínez, que conseguiu unha nova mellor marca persoal no lanzamento de disco de e00 gramos ou Banesa Currás, que tamén mellorou a súa marca na disciplina.

Esta edición do Circuito será recordado por moitos motivos, pero especialmente pola marca persoal conseguida polo ximnástico Pedro Osorio hai unhas semanas e que o achegaba á mínima para poder estar na terna para formar parte da Selección Española no Mundial de Tokio. Tamén fumos testigos, durante este circuito, da consecución, por parte de moitos dos nosos atletas das mínimas que lles daban acceso ós Campionatos de España das súas respectivas categorías, onde fixeron un grande papel representando ó club.

Sen dúbida, unha edición máis onde queda patente o traballo realizado polos atletas, así como os seus familiares, sempre na grada apoiando e facilitándolles a práctica do atletismo, e dos entrenadores e persoal do club, dando todos eles o mellor de sí mesmos para a mellora de cada un dos aspectos do deporte.

Pechamos así unha nova edición do Circuito Froiz de Atletismo en Pista dando as gracias a Froiz, polo seu patrocinio e ó Concello de Pontevedra polo apoio prestado unha vez máis, así como ás personalidades que se foron achegando a algunhas das xornadas.

Vémonos o ano que vén, pero xa vos avisamos que o 23 de agosto tedes unha nova cita co atletismo na exhibición do Saltar na Rúa 2025! Estade atentos!!

XXVI Memorial Celso Mariño  – Circuito Froiz 2025

XXVI Memorial Celso Mariño – Circuito Froiz 2025

De novo o CGTD foi o escenario da tarde de competición do Circuito Froiz 2025, unha tarde con vento que fixo a xornada máis agradable tanto para atletas como para os espectadores que se achegaron a desfrutar do atletismo de todas as categorías.

Na xornada de onte destacaron atletas como a marchadora Alba Pérez, a mellor no 3000 metros marcha con diferencia. Ademais, o seu compañeiro, Mateo Miñán, repetiu como gimnástico máis rápido na distancia de marcha e, ademais, conseguir o seu mellor rexistro persoal (15:05:85).

Destacaron tamén os lanzadores, que a pesar do vento puideron executar moi bos lanzamentos, como o de Banesa Currás en peso, con nova marca persoa tras enviar o artefacto ata os 10.36 metros, ou Víctor Gallego, que foi o mellor na mesma disciplina en categoría masculina. Eloy Acuña tamén foi o mellor en lanzamento de peso de 6kg, igual que Helena Rey (primeira) e Cristina Martínez Lariño (segunda) no lanzamento de peso de 3kg.

Os velocistas foron maioría na tarde de onte, onde destacaron atletas como Nico Piñeiro, que foi o mellor na final 4 do 100 metros lisos e que, ademais, conseguiu unha nova mellor marca persoal na distancia, 12.50 segundos. Nico máis tarde sería ademais o segundo mellor tempo na final do 300 metros lisos. Seu compañeiro, Sergio Lamas, foi tamén o mellor na súa serie e tamén consigue a súa nova mellor marca persoal, con 12.82. No caso das rapazas, a mellor gimnástica da tarde no 100 metros lisos foi Icíar Cardona, segunda na final 3 e tamén con nova mellor marca persoal (13.34).

Durante a tarde tamén se disputou unha das distancias que máis alegrías está dando últimamente ó club, o 800 metros lisos. Esta vez foi Sabela Martínez, a flamante Subcampioa de España na distancia en categoría sub18, quen cruzou primeira a liña de meta, seguida moi de preto polas súas compañeiras de equipo, Paula de la Torre e María Estévez, que ven de conseguir o bronce nacional, como Sabela, na distancia de 2000 metros lisos.

O  mellor gimnástico no triplo salto esta vez foi Isaac Casal, segundo, e en categoría feminina a mellor do club foi Marina Artemia Pérez, que foi terceira, seguida por Irati Legazpi.

Con eso se puxo fin á penúltima xornada da edición 2025 do Circuito Froiz de Atletismo en Pista, que terá a súa última parada o próximo venres 18 de xullo, de novo nas pistas do CGTD de Pontevedra, para celebrar o XLIX Trofeo Virxe Peregrina. Vémonos a semana próxima!!

XXX Trofeo Cidade de Pontevedra 2025

XXX Trofeo Cidade de Pontevedra 2025

O Circuito Froiz de Atletismo en Pista 2025 chega ó seu ecuador. Nunha xornada na que os chubascos intermitentes e o vento puxeron as cousas difíciles ós atletas, todos competiron dando o mellor de sí.

Cabe destacar a mellor marca persoal conseguida por Valeria Barros no lanzamento de pelota, Cayetana Diz no 1000 metros lisos ou Lía Vázquez, no salto con pértega, que vén ademais de proclamarse a sexta mellor atleta nacional no Triatlón A do Campeonato de España sub14, que se celebrou a pasada fin de semana en Albacete. Non se conformou só con mellorar o seu rexistro na pértega, senon que fixo o mesmo minutos máis tarde no 80 metros valos, deixando agora o seu mellor tempo en 13 segundos exactos.

Nos valos tamén houbo moitas melloras por parte dos nosos atletas masculinos. No 80 metros foron Paio Estévez, Luis Durán e Ángel Carragal quenes melloraron os seus rexistros, e no 100 (a 0.91) foron Iago Gómez, Mario Tegegn e Ángel Moldes quenes estableceron as súas novas marcas persoais.

Destacar nesta xornada as novas marcas persoais conseguidas por Pablo Ulla e Alejandro Santos no 1500. Pablo fora lebre de Pedro Osorio na anterior xornada, onde o naronés conseguira pulverizar a súa marca persoal no 800 e nesta xornada foi Osorio quen axudou a Pablo a conseguir o seu obxectivo de mellora nesta carreira. Sen dúbida, forman un gran tándem dentro da pista nas distintas distancias nas que participan. Alejandro, ademais, conseguiu con esta nova mellor marca a mínima para o Campionato de España.

Nesta xornada non houbo proba de marcha atlética, onde habitualmente participan Dani e Antía Chamosa. Dani, quen despois de todo o acadado este ano, ven de rexistrar un novo récord galego no Gran Premio Cantóns celebrado na Coruña a pasada fin de semana, agora ve a recompensa de estar, xunto coa súa irmá, de estar na lista de convocados da Real Federación Española de Atletismo, que se fixo pública na mañá de hoxe, para estar no Mundial de Tokio que se celebrará do 13 ó 21 de setembro.

Dende o club, parabéns non só os irmáns Chamosa pola convocatoria para o Mundial, senon tamén para todos os atletas que participaron nesta dura xornada de atletismo. A próxima cita será o mércores 09 de xullo, co XXVI Memorial Celso Mariño. Vémonos no CGTD para seguir desfrutando do deporte!

XLIX Trofeo S. Gimnástica Pontevedra 2025 – Pedro Osorio, protagonista indiscutible

XLIX Trofeo S. Gimnástica Pontevedra 2025 – Pedro Osorio, protagonista indiscutible

Este mércores 28 de maio celebrouse, cunha numerosísima participación de todas as idades, o XLIX Trofeo Sociedad Gimnástica Pontevedra nas pistas do CGTD. Nunha xornada na que a elevada temperatura favoreceu ós velocistas, batíronse moitos récords persoais e moitos dos nosos atletas voltaron a mellorar a súa marca da tempada, como no caso de Esperanza Caldas no 100 metros lisos ou Alejandro Mosteiro no lanzamento de xavelina.

Tamén se batiron numerosísimas marcas persoais, como por exemplo Paio Estévez no 1000 metros sub12-14, Diego Acuña no salto de altura, Sergio Coello, que mudou os santos horizontais polo 100 metros lisos ou Guille Piñeiro, que establece tamén unha nova marca persoal, na mesma disciplia que o seu compañeiro Sergio.

Pero sen dúbida se houbo un protagonista durante a tarde, foi Pedro Osorio. Foi unha das fichaxes da Gimnástica para esta tempada e dende logo a súa progresión está sendo estratosférica. Mellora a súa marca persoal en cada competición á que acode, incluso na final do 800 no Campionato de España celebrado hai uns meses onde foi o sétimo mellor tempo do país. Hoxe, quen asistiu ó CGTD foi privilexiada testemuña ó ver voar ó naronés sobre o tartán precisamente nesa disciplina onde non só batiu de novo o seu récord persoal, agora en 01:45:62, senon que ademais pudieron ver a Osorio achegarse perigosamente á mínima da Federación Española para o Mundial (01:45:10). O récord do mundo e o récord olímpico (01:40:91) pertencen actualmente ó keniata David Lekuta Rudisha, quen as conseguiu na final olímpica de Londres 2012. Na Gimnástica, como no CGTD esta tarde, todos se preguntan ónde está o tope de Osorio e que, a xulgar pola tempada impecable que está a asinar, aínda está por chegar.

Dende o club felicitamos a todos os atletas que esta tarde de calor máis propia do verán viñeron dar o mellor de sí na competición e a todos os que se achegaron a desfrutar do espectáculo do atletismo dende as gradas.

A seguinte cita do Circuito Froiz 2025 de atletismo en pista será o 11 de xuño, co XXX Trofeo Cidade de Pontevedra. Agardamos vervos alí!

LI Trofeo Boa Vila 2025

LI Trofeo Boa Vila 2025

Onte, mércores 07 de maio celebrouse no CGTD a LI edición do Trofeo Boa Vila 2025, segunda proba do Circuito de Atletismo en Pista que deu comezo o pasado mes de abril.

Foi unha xornada de deporte con numerosísimos atletas de todas as idades e categorías, e moitos deles con obxectivos ambiciosos, como o de conseguir marcas mínimas para acceder a competicións nacionais.

Os atletas da Gimnástica demostraron estar nunha forma inmellorable, posto que moitos deles aproveitaron a xornada para mellorar as súas marcas persoais. Entre os que batiron os seus mellores rexistros estiveron os xavelinistas Diego Virel, Leo Cernadas, Gerardo Garrido, Teo Barros e Hugo Cordal e tamén as súas compañeiras Leire Flor e Carla Torres. Iago Gómez, que foi segundo na pértega, superou tamén o seu rexistro anterior nunha proba onde o mellor foi o seu compañeiro, Sergio Lamas. Luis Durán foi o mellor da súa serie do 80 metros lisos e tamén rexistra unha nova mellor marca, como tamén fixeron Lía Vázquez e Karol Rivera. O mellor gimnástico no 110 metros valos foi Guille Piñeiro, que continúa en progresión establecendo tamén una nova marca persoal na disciplina.

Na xornada quedou claro que a Gimnástica ten cantera, pero tamén que os máster están máis en forma que nunca. O relevo 4×100 de máster 35 feminino foi sexto na xornada, batindo o récord galego da categoría e deixándoo agora en 58.97 segundos.

Sen dúbida, unha xornada na que todas as categorías desfrutaron do atletismo e conseguiron mellorar rexistros e perfeccionar técnica e estratexia de cara a vindeiras competicións.

Aproveitamos, ademais de para felicitar a todos os participantes na xornada de onte, para agradecer a Froiz a súa colaboración cada ano para levar a cabo este circuito.

Seguinte parada: XLIX Trofeo Cidade de Pontevedra, o 28 de maio. Vémonos no CGTD!

II Control Escola Atletismo SGP – 1ª xornada Circuito Froiz 2025

II Control Escola Atletismo SGP – 1ª xornada Circuito Froiz 2025

Onte, mércores 09 de abril, cun tempo máis propio case do mes de agosto, máis de 200 atletas de distintas categorías déronse cita no CGTD para dar comezo ó Circuito de Atletismo en Pista 2025 coa celebración da segunda edición do Control Escola de Atletismo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Este control está pensado para os máis pequenos, sendo os atletas participantes maioritariamente das categorías da canteira (sub10, sub12 e sub14).

Ademais de divertirse practicando o atletismo, moitos deles remataron a xornada mellorando as súas marcas persoais e incluso conseguindo a súa mellor marca da tempada, como foi no caso do salto de altura masculino, onde os dous mellores fixeron a súa mellor marca da tempada (Adrián Sacristán do CAR Redondela e o gimnástico Enzo Alfonsín) e o terceiro, Nico Camino, do Pinarium, mellorou a súa marca persoal ou as rapazas de peso de 2 kg, onde as primeiras tres clasificadas, as gimnásticas Valentina Vidal, Valeria Barros e Gara Manuel voltaron a casa con novas mellores marcas persoais.

Por outra banda, os atletas máis maiores tiveron a oportunidade perfecta para poñerse a proba e rematar de pulir os detalles para a tempada de aire libre e o campionato de Liga que, no caso das rapazas, será na casa o sábado 26 de abril.

Sen dúbida o Circuito Froiz de Atletismo en Pista 2025 non podía comezar de mellor maneira. A próxima cita será o mércores 07 de maio, tamén no CGTD, coa celebración do LI Trofeo Boa Vila.