A Sociedad Gimnástica de Pontevedra, da man do Concello de Pontevedra, e co patrocinio de Supermercados FROIZ, seguen apostando polo deporte na cidade do Teucro. Por iso, organizaremos entre o mes de abril e xuño o Circuito Atletismo en Pista 2021. Serán catro controis de marcas no CGTD de Pontevedra onde poderán participar todos os atletas galegos, especialmente os da provincia, dende categorías menores ata máster.
Haberá premios económicos para as mellores marcas por táboa W.A. das probas para as categorías sub 20 e superiores, e sortearánse catro vales de 50€ en material deportivo entre todos os participantes das categorías sub 18 e inferiores.
Seguirase o protocolo FISICOVID da Federación Galega de Atletismo, validado pola Xunta de Galicia.
XLVII Trofeo Boa Vila
Mércores, 28 de abril
CGTD de Pontevedra
XLV Trofeo Sociedad Gimnástica Pontevedra
Mércores, 19 de maio
CGTD de Pontevedra
XXXVI Trofeo Cidade de Pontevedra
Mércores, 2 de xuño
CGTD de Pontevedra
XXII Memorial Celso Mariño
Mércores, 16 de xuño
CGTD de Pontevedra