A Sociedad Gimnástica de Pontevedra, da man do Concello de Pontevedra, e co patrocinio de Supermercados FROIZ, seguen apostando polo deporte na cidade do Teucro. Por iso, organizaremos entre o mes de maio e xullo o Circuito Atletismo en Pista 2022. Serán cinco controis de marcas no CGTD de Pontevedra onde poderán participar todos os atletas galegos, especialmente os da provincia, dende categorías menores ata máster.
Especialmente destacada é a última xornada, que este ano entrará en Calendario Nacional.
Haberá premios económicos para as mellores marcas por táboa W.A. das probas para as categorías sub 20 e superiores, e sortearánse catro vales de 50€ en material deportivo entre todos os participantes das categorías sub18 e inferiores.
XLVIII Trofeo Boa Vila
Mércores, 4 de maio
CGTD de Pontevedra
XLVI Trofeo Sociedad Gimnástica Pontevedra
Mércores, 18 de maio
CGTD de Pontevedra
XXXVII Trofeo Cidade de Pontevedra
Mércores, 1 de xuño
CGTD de Pontevedra
XXIII Memorial Celso Mariño
Mércores, 15 de xuño
CGTD de Pontevedra
XLVI Trofeo Virxe Peregrina
Sábado, 16 de xullo
CGTD de Pontevedra