“Saltar na Rúa 2020”
– Sábado 22 agosto – 19:30 – Ponte do Burgo
– Exhibición dos mellores especialistas.
Actividade de promoción do atletismo na que achegamos ao contexto urbano tres disciplinas de saltos do noso deporte: lonxitude, triplo salto e salto con pértega. Tres probas moi atractivas e espectaculares.
Aproveitando as características que brinda a cidade de Pontevedra para a organización de eventos deportivos, poderemos desfrutar da participación de grandes atletas. Trátase dunha actividade única que mostra, nun entorno diferente, as disciplinas de saltos.