Saltar na Rúa

VIII Edición

– Sábado 24  agosto 2024 – 19:30

– Exhibición dos mellores especialistas

Actividade de promoción do atletismo. Achegamos ao contexto urbano tres disciplinas de saltos do noso deporte: lonxitude, triplo e pértega. Tres probas moi atractivas e espectaculares. 

Aproveitando as posibilidades que brinda a cidade de Pontevedra para a organización de eventos deportivos,  poderemos gozar da participación de grandes saltadores. Trátase dunha actividade única que mostra nun entorno diferente estas tres  disciplinas atléticas.