Éxito no VI Saltar na Rúa

Éxito no VI Saltar na Rúa

O tempo acompañou a que a Praza da Ferrería se enchese de atletismo. A partir das 19:30h da tarde do 27 de agosto o público e os deportistas encheron unha das prazas máis míticas da cidade de Pontevedra.

O salto de lonxitude co olímpico en 2016, Jean Marie Okutu, á cabeza encabezaron a sexta edición deste evento que xa é un habitual no verán pontevedrés. Nesa proba vimos os saltos da vixente campioa galega absoluta, Andrea Villaverde; da vixente campioa de España sub23 en combinadas Eva Queimaño; e doutros atletas como Noa Currás, Matías Moldes, David Ferrer, Valeria González e Juan Piñeiro.

Posteriormente, seguindo cos saltos horizontais, foi a quenda do triplo salto. Aí destacaron Alfonso Palomanes, plusmarquista autonómico; Anxo Blanco, atleta titular co equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra; de Ariadna Gil e Uxía Paz, campioa galega absoluta e cuarta de España sub23, respectivamente; así como doutros atletas como Tania Valverde, Xoel Otero, Raúl Cortizo ou Marina A. Pérez, gran promesa da entidade organizadora.

O evento terminou co salto con pértega que abraiou a todo o público cando atletas como Tomás López, Aitor Fernández, Santi Ferrer ou Alejandro Villaverde saltaron por encima dos 4m de altura e “voaron” coa igrexa da Peregrina de fondo. Tamén participaron Marina A. Pérez, Manuela Blanco, Nerea Fernández e Lola Bouza.

Un ano máis, e xa van seis, o Saltar na Rúa volve a triunfar na cidade de Pontevedra. Nesta ocasión xa de volta á Praza da Ferrería, lugar de onde fora desprazado cara a Ponte do Burgo durante os dous anos nos que o evento estivo marcado polas restricións da pandemia.

A sexta edición do Saltar na Rúa regresa aos seus orixes

A sexta edición do Saltar na Rúa regresa aos seus orixes

O Saltar na Rúa volve á Praza da Ferraría, onde comezou fai seis anos; despois de dous anos saltando sobre o Río Lérez na Ponte das Correntes. Sobre as 19:30h comezará este evento que encherá unha das prazas máis emblemáticas de Pontevedra con algúns dos mellores saltadores autonómicos. Son expertos nas disciplinas de salto de lonxitude, triplo salto e salto con pértega.

Estarán as tres campioas galegas absolutas en aire libre das tres disciplinas desta tempada e os tres plusmarquistas autonómicos das tres probas.

Lonxitude

AtletaMarcaCategoríaClubResultado
Noa Currás4.52Sub14S. G. Pontevedra3ª Campionato Galego en lonxitude en pista cuberta e campioa galega de altura ao aire libre na súa categoría.
Matías Moldes6.27Sub18S.G. PontevedraRécord galego de combinadas sub16 en octathlón con 4401 puntos. Campión galego de combinadas en pista cuberta, subcampión ao aire libre e campión de lonxitude do Eixo Atlántico.
Valeria González5.41Sub16Vila de CangasPrimeira no ranking galego sub16 en lonxitude. Campioa galega sub16 en lonxitude en aire libre e en pista cuberta.
David Ferrer7.29AbsolutaS.G. PontevedraDúas veces campión galego en lonxitude ao aire libre e unha pista cuberta. Terceiro este ano no galego en pista cuberta. Titular co equipo absoluto da Gimnástica
Eva Queimaño5.63Sub23Super Amara BATVixente campioa de España sub23 e plusmarquista autonómica en combinadas en pista cuberta. Bronce en sub23 en aire libre en combinadas. Tres veces consecutivas sendo campioa galega en combinadas en pista cuberta e unha en aire libre. Terceira en el ranking en lonxitude. Segunda no ranking en combis.
Juan Piñeiro7.18Sub23Vila de CangasBronce absoluto e sub23 en aire libre e cuarto absoluto en pista cuberta e terceiro sub23 nos campionatos galegos.
Andrea Villaverde5.86Sub23S.G. PontevedraVixente campioa galega absoluta en pista cuberta e en aire libre. Cuarta de España en sub23 en salto de lonxitude.
Jean Marie Okutu8.17AbsolutoFC BarcelonaOito veces campión galego ao aire libre e once en pista cuberta. Dez veces campión de España absoluto en lonxitude. Plusmarquista autonómico en la disciplina. Olímpico en Río 2016.

Triplo

AtletaMarcaCategoríaClubResultado
Tania Valverde11.41AbsolutaADASClásico do atletismo galego. Tres veces campioa galega de lonxitude e unha en triplo ao aire libre. Cinco veces campioa galega en lonxitude e dúas en triplo en pista cuberta.
Xoel Otero14.37Sub18AA MaziCampión galego sub18 de triplo en aire libre e en pista cuberta
Marina A. Pérez11.56Sub16S.G. PontevedraTerceira no Campionato de España de pista cuberta en triplo na súa categoría. Promesa das escolas do club.
Raúl Cortizo14.21Sub23Celta AtletismoSubcampión galego absoluto. Campión galego absoluto e en sub23 en lonxitude ao aire libre
Ariadna Gil11.90Sub23Vila de CangasCampioa galega absoluta de triplo
Alfonso Palomanes16.21AbsolutoS.G. PontevedraCampión de España absoluto en 2016. Campión de España en todas as categorías desde cadete ata absoluto. Plusmarquista autonómico. Dez veces campión galego ao aire libre e outras tantas en pista cuberta en triplo.
Uxía Paz12.55Sub23Femenino CeltaCuarta de España sub23 e terceira no ranking autonómico absoluta ao aire libre
Anxo Blanco15.68AbsolutoS.G. PontevedraCampión de España sub23 en 2018 en pista cuberta. Segundo no ranking galego absoluto e competiu coa Federación Galega no Campionato de España por Federacións. Titular coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Pértega

AtletaMarcaCategoríaClubResultado
Marina A. Pérez3,10mSub16S.G. PontevedraCampioa galega sub16 en pista cuberta e subcampioa en aire libre
Manuela Blanco3.30Sub18Ourense AtletismoCuarta absoluta en pista cuberta no campionato galego e subcampioa galega sub18 en aire libre
Nerea Fernández3.30Sub20ADASVixente campioa galega absoluta ao aire libre e campioa galega sub20
Lola Bouza3.60Absoluta Dúas veces campioa galega absoluta e unha en pista cuberta
Alejandro Villaverde4.10Sub18S.G. PontevedraPrimeiro no ranking de pértega na súa categoría. Subcampión galego absoluto en aire libre
Santi Ferrer4.40AbsolutoS.G. PontevedraBronce no campionato galego de pista cuberta. Cinco veces campión galego en pértega ao aire libre e seis en pista cuberta. Campión de España sub16. Plusmarquista autonómico sub16 e sub18.
Aitor Fernández4.55Sub20Club Atletismo NarónBronce de España sub20 en decathlón. Foi coa selección galega absoluta en pértega
Tomás López4.60 CA SadaCampión galego absoluto en pista cuberta e aire libre
Luis Moro5.60AbsolutoAlcampo Scorpio 71Campión de España Absoluto en 2006. Plusmarquista autonómico con 5,60m. Primeiro atleta galego en saltar 5m.

Horario aproximado

O evento comezará ás 19:30h da tarde na Praza da Ferrería co salto de lonxitude. Cada atleta realizará catro intentos. Sobre ás 20:00h espérase que empece o triplo salto, tamén con catro ocasións para cada deportista. Media hora máis tarde comezaría o salto con pértega, onde veremos como os atletas sobrevoan o ceo de Pontevedra e alcanzarán alturas de ata cinco metros. Prevese que as 21:00h termine o evento.