Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Sociedad Gimnástica de Pontevedra

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria do 2023 para o xoves, 16 de febreiro na aula de formación do CIFP A Xunqueira (R/ Paseo Enxeñeiro Rafael Areses, s/n – Pontevedra). Será ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30h en segunda convocatoria.

A orde do día será a seguinte:

     

      1. Lectura e aprobación da acta anterior

      1. Informe e memoria deportiva da tempada 2025. Entre as que destacan os resultados obtidos a nivel colectivo nos diferentes Campionatos Galegos, así como as permanencias en División de Honra e en Primeira División nas categorías masculina e feminina. Tamén son salientables os resultados individuais, especialmente de Antía e Dani Chamosa, sendo Antía Campioa de España nas dúas distancias e Dani Subcampión. Ademais, ambos foron finalistas no Mundial Celebrado en Tokio en setembro. Tamén destaca o posto de finalista conseguido por Pedro Osorio no Campeonato de España Absoluto no 800 metros lisos e de Sergio Coello no salto de lonxitude ou o récord do clube conseguido polo relevo 4×400.

      1. Ademais dos resultados dos atletas, tamén se fará balance das probas organizadas pola entidade pontevedresa:

           

            • III Control SGP-CAS

        1. Memoria, liquidación de orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede, correspondente a 2025.

        1. Orzamento para o exercicio 2026.

        1. Nomeamento club filial: A Sociedad Gimnástica de Pontevedra é filial do Club Atletismo Sada en categoría máster, tanto masculinos como femininos. Da Sociedad Gimnástica de Pontevedra son filiais para esta tempada o Asociación Deportiva CAR, o Atletismo Ría de Arousa, o CD Pinarium, o Club Atletismo Sada e o San Miguel de Marín en categoría de menores, tanto masculinos como femininos. Ademais, tamén son filiais o Club Atletismo Negreira exclusivamente en categoría feminina de menores e o Atletismo Deza só en masculina, tamén en menores.

        1. Rogos e preguntas.

      Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Sociedad Gimnástica de Pontevedra

      A Sociedad Gimnástica de Pontevedra convoca a súa Asamblea Xeral Extraordinaria para o xoves 12 de febreiro de 2026

      Sociedad Gimnástica de Pontevedra xa puxo data para a súa Asamblea Xeral Extraordinaria para a elección de presidente. Será o xoves, 12 de febreiro de 2026 na aula de formación do CIFP A Xunqueira (R/ Paseo Enxeñeiro Rafael Areses, s/n, Pontevedra).  Ás 21:15 h en primeira convocatoria e ás 21:45h a segunda.

      A Asamblea Xeral Ordinaria terá a seguinte orde do día:

      Elección de presidente. Presentación de candidaturas.