XLVIII Trofeo Virxe Peregrina 2024

XLVIII Trofeo Virxe Peregrina 2024

Unha tarde que máis parecía de marzo que de xullo e pleno verán foi o escenario da competición desta vez. Comezou a xornada coa pértega, onde esta vez o mellor foi Miguel Carbajales, do CD La Purísima, seguido do adestrador da Gimnástica, Santi Ferrer, ambos superando o listón colocado en 4 metros. O terceiro posto foi para o seu pupilo, Matías Moldes, con 3.70 metros. En categoría femenina, a Gimnástica tivo mellor sorte, sendo o primeiro e segundo posto para Marina Artemia Pérez e Marta González, respectivamente. O terveiro posto foi para Claudia Cantón, do C.A. Santiago.

Foi o turno do 100 metros valos, onde os primeiros postos de ambas series foron para a Gimnástica. Na serie 1 a máis rápida foi Marina Artemia Pérez, chegando con cerca comodidade por diante da actual Campiona Galega sub16, Carlota Vázquez. Na serie 2, o primeiro posto foi para Eraida Ojea, seguida da súa compañeira, Daniela Penido.

O primeiro gimnástico en cruzar a meta nas vallas foi Manuel Ejovi Uyokpeyi, quen foi segundo, por diante do seu compañeiro, Sergio Lamas, e por detrás do atleta do Ourense Atletismo, Gabriel Parga, quen foi primeiro.

Na final do 100 femenino, a máis rápida da serie A foi Andrea Pais, do Atletismo Alcorcón, seguida de Lara López, do At. Femenino Celta e de Antía Alcalde, do Atlética Barbanza. Na serie B a máis rápida foi a atleta do Femenino Celta, Leyre Alonso, seguida das atletas do Ourense Atletismo, Yubenny Jiménez e Andrea Rodríguez.

No caso dos rapaces, o máis rápido da serie A foi Adrián Pérez do CAPEX, sendo segundo Ricardo Cortizo, do R.C. Celta e de Eloy Vázquez, do Atlética Barbanza. Na serie 2, o primeiro e segundo posto foron para o club Viguesa de Atletismo, representado por Pedro Rey e Pedro Sánchez, sendo terceiro Hugo Chousa, do Club Atletismo Sada.

Arauia Al Bachere, do Club Atletismo Estrada foi a máis rápida na serie 1 do 400 metros lisos, impoñéndose con autoridade a Jimena Saiz, do filial, Club Atletismo Sada e Daniela Castro, do At. Femenino Celta. Na serie 2, chegou primeira Teresa Parrado do C.A. Santiago, seguida de Irene Riveiro, do Atletismo Noia.

En categoría masculina disputáronse tres series, sendo os primeiros postos de cada unha para Jacobo Soler, do Grupoempleo Pamplona, Martín Míguez, do Ourense Atletismo e Hugo Santos, do C.A. Millaraio.

Paula Torres, que non tivera moita sorte no 100 lisos, foi a primeira na disciplina de 300 metros lisos, por diante da súa compañeira, María Méndez. Foi terceira Alba Amigo, do filial Club Atletismo Sada. No caso dos rapaces, os primeiros de cada unha das tres series foron Adrián Lages, do R.C. Celta, Carlos Casal, do SD Compostela Atletismo e Fernando Fariña, da Gimnástica.

A lonxitude masculina tivo representación únicamente do noso club. Os 6.18 metros que saltou fixo de David Ferrer o mellor desta vez, seguido de Isaac Casal e Matías Moldes. Fernando Faiña, que viña de disputar o 400 lisos sendo primeiro da súa serie, foi cuarto.

A categoría femenina tivo ampla representación, con atletas non só da Gimnástica, senon tamén do At. Femenino Celta, do Atletismo Rías Baixas e do Ourense Atletismo. Deste último club foi a primeira clasificada, Tania Valverde, con 5.45 metros, seguida das gimnásticas Irati Legazpi e Noa Currás.

A distancia longa esta vez foi o 3000 lisos, onde o primeiro posto foi para Estela Díaz, do Lucus Caixa Rural Galega, seguida de Laura Porto, do Atletismo Rías Baixas e de Alma Pereira, do Comesaña Sporting Club. En categoría masculina o máis rápido foi David de la Fuente, da Gimnástica, sendo segundo Manuel Lorenzo, do C.D. Pinarium e terceiro, Teo de Frutos, do Lucus Caixa Rural Galega.

Esta xornada tamén hubo competición en lanzamentos. En peso masculino disputáronse os 4 e 5 kg, sendo o mellor na primeira o gimnástico Miguel Ángel López e na segunda, Eloy Acuña. En 7.26 metros, o lanzamento máis longo foi para Santi Ferrer, con 10.21 metros, seguido de Alfonso Palomanes, con 8.68.

Na categoría femenina, peso de 3kg, os 11.89 metros acadados déronlle o primeiro posto a Sara Caamaño, do Atlética Barbanza, por diante dos 8.90 de Mencía Rey, da Gimnástica. En peso de 4kg, Xiana Lago, do ría Ferrol-C. Arenal enviou o artefacto ata os 12.76, sendo segunta Clara Mª Millares, de El Canario, con 7.40 metros.

En lanzamento de disco de 1 kg, o mellor desta vez foi Miguel Ángel López. Eloy Acuña foi o mellor en disco de 1.50 kg, e en categoría femenina a millor en 800g foi a gimnástica Cristina Martínez. A mellor en disco de 1kg foi Xiana Lago, quen repetiu primeiro posto despois do obtido en lanzamento de peso. A segunda clasificada, neste caso, foi a gimnástica Helena Rey.

A xornada pechárona as remudas 4×100. No caso das rapazas, as máis rápidas foron as atletas do At. Femenino Celta. No caso da Gimnástica, foron terceiras, cheando a meta en 55.84 segundos.

O equipo do Ourense Atletismo conseguiu o primeiro posto nas remudas masculinas, que chegaron primeiros con comodidade por diante do At. Rías Baixas e do SD Compostela Atletismo.

Esta foi a penúltima xornada do Circuíto deste ano, despois do adiamento por mor das obras levadas a cabo no CGTD. A última xornada celebrarse, previsiblemente, en novembro, con data aínda por confirmar. O seguinte evento da Gimnástica será a exhibición de “Saltar na Rúa”, o sábado 24 de agosto.

I Control Escola de Atletismo SGP (24/04/24)

I Control Escola de Atletismo SGP (24/04/24)

Este mércores 24 de abril deu comezo o Circuíto de Atletismo en Pista que cada ano organiza a Sociedad Gimnástica.

Este ano incorpora unha novidade, o I Control Escola de Atletismo SGP, que deu o pistoletazo de saída do circuíto, onde os máis novos (atletas sub10, sub12 e sub14) se puxeron a proba e se divertiron a partes iguais.

Estaban inscritos 201 atletas de distintos equipos, sendo a metade atletas da canteira do noso club.

A competición comezou ó redor das 17:40 horas, cando tomaron a saída os atletas de categoría sub10 para disputar o 500 metros lisos. Chegou primeiro á meta Teo Castiñeira, da Gimnástica, cun tempo de 01:37.65, seguido do seu compañeiro Brían Barroso. O terceiro e cuarto posto foron para os atletas do Beade, Nuno Carreira e David Costas.

As rapazas foron as seguintes en participar na mesma distancia, destacando a atleta do Asociación Deportiva C.A.R., Sabela Muíños, quen se impuxo con autoridade na proba, seguida de Abril Pey e Helena Tormos, atletas da nosa canteira, quen foi segunda no salto de altura, por detrás da atleta do Cambados, Sofía Núñez.

Houbo tamén lanzamentos, como o de pelota, cos máis cativos, o martelo, onde se impuxo Alan Cadavid, do Ames Atletismo Savante, seguido de Iago Gómez e Nicolás Piñón, da Gimnástica. A nosa atleta, Gara Manuel foi primeira no seu turno de lanzamentos, neste caso, de peso.

Nas distancias longas disputáronse o 1000 metros lisos sub12, ou o 2000 metros. A última hora da tarde chegaría o turno das distancias de obstáculos (1000, 1500 e 2000 metros). No 1500, foi Noelia Quiñones quen conseguiu o primeiro posto, seguida de Sara Muñoz, do Atlética Lucense e Tania López, do Club Atletismo Narón.

Tamén houbo sitio para os saltadores, coa lonxitude, onde destacou Alex Vidal, do CD Pinarium e as gimnásticas Gara Manuel e Sara Mourente, primeira e segunda na lonxitude feminina. No triplo salto masculino os tres primeiros postos foron para Julián Martínez, do Atlética Val Miñor, Mario Tegegn Míguez, atleta da Gimnástica e Adrián Vila, do R.C. Celta. No caso das rapazas, que pecharon a xornada de competición, o primeiro posto foi para Celia Couto, do At. Rías Baixas, sendo cuarta a atleta do noso clube, Ángela Moldes.

A celebración da primeira edición desta proba foi un inmellorable inicio para o circuito deste ano e unha grande oportunidade para os máis pequenos para ver o seu progreso e para continuar aprendendo e mellorando… Esta vez xogando en casa. Noraboa a todos!