Campionato de Galicia de Combinadas 2017/2018

Campionato de Galicia de Combinadas 2017/2018

Os días 2 e 3 de Xuño tivo lugar nas pistas do CGTD de Pontevedra o Campionato de Galicia de Probas Combinadas.

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra contou con participación no Decathlón masculino sub 18 coa presenza de cinco atletas, tres no Heptalón sub 18 feminino e dúas atletas no Heptalón absoluto.

Lucía Seijas

 

No Heptatlón absoluto o  ouro sería para Eva Queimaño  do Atletismo Celta  con 4179 ptos,  sendo  a prata para   Lucía Seijas da Sociedad Gimnástica con 3773 puntos ,  terceira posición  para a atleta do Atletismo Celta Karolina Puchmertlova con 3694 ptos , cuarta Cristina Estévez do Atletismo Celta con 3047 puntos e quinto lugar para Marina Porteiro da Sociedad  Gimnástica  con 2840 puntos que acadaria a primeira posición na categoría sub23.

 

No Decathlon masculino sub 18 o vencedor foi o atleta  do Club Atletismo Santiago Mario Cabaleiro cunha marca de 4978 puntos  seguido de Hugo Silvares da Sociedad Gimnástica de Pontevedra  con 4701 puntos e terceiro  Yago Boleas da SGP  con 4506 puntos.

Pablo Tojal finalizaría cuarto con 4331 puntos, Marcos Villaverde oitavo con 3511 puntos e Roi Surribas tivo que retirarse por lesión.

No Heptathlón feminino sub 18  o podium  repartiríase da seguinte maneira. Ouro para  Andrea Reija do Riazor con 3726 puntos  , prata para Clara Rivas da Sociedad Gimnástica con 3009 ptos  e bronce para Andrea Villaverde da Sociedad Gimnástica  con 2911 ptos

Nos resultados adxuntos podedes ver os resultados en cada unha das probas individuais  dos nosos atletas con moitas mellores marcas  :

Hugo Silvares en 100, lonxitude, peso, altura, 400, 110 valos e 1500

Yago Boleas en pértega , 110 valos e 400

Pablo Tojal en lonxitude, altura e  400

Marcos Villaverde en pértega

Clara Rivas en  100 valos, 200 e xavelina

Andrea villaverde en xavelina

Marina Porteiro en 200 e altura

resultados