Máis de 4000 dorsais a falta de día e medio da San Silvestre 2024

Máis de 4000 dorsais a falta de día e medio da San Silvestre 2024

Queda xornada e media de entrega de dorsais para a San Silvestre 2024 e xa se entregaron case 4000!! Cunha previsión climatolóxica máis que favorable para o día da carreira, parece que hai ganas de deporte e festa para despedir o ano antes de tomar as uvas.

Os rezagados teñen pouco tempo xa para inscribirse, así que lembramos que poderán facelo na Rúa Castelao 3, baixo, de Pontevedra, o día 30 de 10:30 a 13:30 e 17:30 a 20:30 e o mesmo día 31, só en horario de mañá.

Lembramos tamén que para recoller o dorsal é obrigatoria a entrega dun kilo de alimento non perecedeiro por cada dorsal para colaborar co carácter solidario da proba, que será recollido polo Banco de Alimentos que, ademais, terá unha furgoneta tamén o día da proba no lugar para quen queira realizar algunha aportación a maiores.

Na mesma entrega de dorsais, quen o desexe, poderá realizar un donativo para colaborar coa organización e tamén adquirir a camiseta oficial desta edición.

Na carreira, de preto de 4 kilómetros haberá premios para os tres primeiros clasificados de categoría feminina e masculina e premios para o mellor disfraz individual e colectivo (este a repartir entre todos eles). Non haberá clasificación máis alá deses primeiros postos que levan premio.

Ó final da carreira haberá un detalle para os participantes proporcionado polos nosos colaboradores (ata esgotar existencias).

Queremos que non se esqueza que ESTÁ PROHIBIDO CORRER SEN DORSAL, polo que animamos a todos os que teñan intención de participar que acodan a inscribirse e recollelo ou ben, que proporcionen os seus datos a alguén que poda realizarlles a inscrición.

Tamén lembramos que toda a información está a disposición de todos os participantes premendo aquí.

Xa queda menos e a festa comeza a quecer motores! Vémonos o 31 para despedir o ano do mellor xeito: facendo deporte!

Máis de 4000 dorsais a falta de día e medio da San Silvestre 2024

Máis de 1000 dorsais para a San Silvestre 2024

Queda só unha semana para a carreira máis esperada do ano, para o mellor plan para despedir o ano na mellor festa deportiva!!

O día 31, ás 17 horas sairá a carreira San Silvestre 2024. Dende as 16:15 horas haberá unha masterclass de zumba para quen queira quecer para correr ou ir collendo ritmo para a noite máis festiva do ano.

Levamos xa máis de 1000 dorsais entregados e estamos agardando por vós, os rezagados que cada ano deixades todo para o último momento!!

Mañá 25 lembrade que non haberá entrega de dorsais. Aproveitade para poñervos de acordo coa vosa xente para ir recollelos os próximos días ou rematade de facer a lista de reproducción que vos acompañará durante o percorrido se corredes sós! Todo vale! Cadeiras de rodas, grupos, disfraces, roupa deportiva, animais de compañía, patíns, bicis… Só tedes que ter en conta as normas do regulamento para que a experiencia sexa segura para todas as persoas que participen!

Ata este venres 27, a entrega de dorsais será na tenda Miler (R/ Peregrina 6, soto), en horario comercial. Dende o sábado 28 ata o mesmo 31, será na R/ Castelao 3, baixo, de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 (domingo 29 e martes 31, só de mañá). Cada dorsal recollerase a cambio dun kilo de alimento perecedeiro para o Banco de Alimentos. O día da carreira haberá tamén una furgoneta no lugar para quen queira realizar algunha aportación máis.

Durante a recollida de dorsais tamén poderedes colaborar cun donativo para a organización e mercar a camiseta oficial da San Silvestre 2024 ou a do Medio Maratón deste ano, que tanto vos gustou.

A saída da carreira será dende a Avenida Raíña Vitoria Uxía e a chegada será na Avenida Montero Ríos, recorrendo os case 5km previstos acompañados de milleiros de persoas e de charangas e animación durante todo percorrido.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría (masculina e feminina) e tamén para o disfraz individual e grupal (un único premio a compartir entre os membros do mesmo).

Tedes máis información, así como o mapa co percorrido, no Regulamento, que recomendamos leades estes días!!

Felices Festas de parte da familia da Gimnástica e vémonos o día 31 para despedir xuntos o ano!! Non esperedes ó último momento!!