Agora sí! Arranca a XLII San Silvestre de Pontevedra! (2025)

Agora sí! Arranca a XLII San Silvestre de Pontevedra! (2025)

Xa podemos darvos máis detalles dunha das citas máis agardadas do ano!! A San Silvestre de Pontevedra 2025 arranca este luns, 01 de decembro, co inicio das inscricións.

Na nosa web tedes o regulamento completo para poder descargalo (inclúe mapa do percorrido), pero dámosvos unhas pistas para ir abrindo boca!!

QUÉ FACER PARA PARTICIPAR NA SAN SILVESTRE?

  1. Coller un kilo de alimento non perecedeiro por cada inscrición que vaia realizar.
  2. Se eres quen se encarga de gardar os abrigos dos que participan e ademais vas inscribilos, asegúrate de levar no whatsapp ou no mail unha foto do DNI de toda a xente que vas inscribir.
  3. Se vas inscribir a un menor, asegúrate de ter tamén a foto do DNI do titor legal que se fará cargo durante a carreira.
  4. Dirixirte ós lugares de inscrición con tempo e paciencia. Non o deixes para o último día coma sempre…
    • Do 01/12 ó 26/12, na tenda Miler (R/ Peregrina 6, soto – Pontevedra) de 10:30 a 13:30 e 17 a 20 horas de luns a sábado (ollo, o 25/12 estará pechada).
    • Do 27/12 ó 31/12, en Rúa Castelao 3, baixo. OLLO ós horarios:
      • 27, 29 e 30, de 10:30 a 13:30 e 17:30 a 20:30
      • 28 (domingo) e 31 (día da carreira), SÓ de 10:30 a 13:30 horas.
  5. Sorrí á persoa voluntaria que che inscribirá, dalle os datos e déixalle o kg de comida por dorsal.
  6. Antes de marcharte, asegúrate de levar o dorsal e colle imperdibles se precisas.
  7. Se o consideras, o club agradéceche se queres deixar un donativo para continuar realizando actividades de promoción do atletismo como esta.

LEMBRÁMOSVOS QUE ESTÁ PROHIBIDO CORRER SEN DORSAL

Nos lugares de entrega de dorsais tamén poderedes adquirir a camiseta oficial deste ano.

EN QUÉ CONSISTE A SAN SILVESTRE DE PONTEVEDRA?

Realízase un percorrido polas rúas da zona histórica da cidade, de aproximadamente 3.900 metros, maioritariamente chá, accesible para todo tipo de persoa e condición, apto para realizar con cadeiras de rodas, nenos pequenos e silliñas. Por suposto podedes realizalo andando!

Antes da carreira, ás 16:15 horas, poderedes participar nunha masterclass de Zumba que virá ben para facer un bo quecemento e entrar no espíritu de festa deste evento.

A saída e chegada serán na Avenida Montero Ríos (diante do edificio da Deputación), ás 17 horas.

Como vos dixemos, hai un regulamento para consulta (de moi recomendada lectura), e aí existe unha orde de saída que pregamos se respete pola seguridade de todos:

  1. Corredores pedestres
  2. Menores
  3. Cadeiras de rodas, silliñas, persoas de mobilidade reducida.

HAI PREMIOS?

Sí, para os tres primeiros corredores (masculino e feminino) e para os mellores disfraces. Non hai clasificación da carreira más alá destes postos.

O primeiro de cada categoría recibirá un xamón e os segundos e terceiros postos levarán un lacón.

O mellor difraz individual recibirá tamén un lacón e o mellor disfraz coletivo recibirá outro lacón para compartir entre todo o equipo.

Igualmente, como cada ano, dous dos nosos colaboradores (Froiz e A Devesa) terán un detalle cos participantes que rematen a proba e leven dorsal ATA ESGOTAR EXISTENCIAS.

Esta carreira, como cada ano, ten carácter solidario en colaboración co Banco de Alimentos de Pontevedra. Se aínda queredes aportar algo máis, o mesmo día da carreira estarán os propios voluntarios da entidade na liña de saída recollendo toda achega que queirades realizar.

Xa podedes pedirlle a Papá Noel o voso dorsal solidario para despedir o ano facendo deporte e divertíndovos xuntos!!

Máis de 1000 dorsais para a San Silvestre 2024

Máis de 1000 dorsais para a San Silvestre 2024

Queda só unha semana para a carreira máis esperada do ano, para o mellor plan para despedir o ano na mellor festa deportiva!!

O día 31, ás 17 horas sairá a carreira San Silvestre 2024. Dende as 16:15 horas haberá unha masterclass de zumba para quen queira quecer para correr ou ir collendo ritmo para a noite máis festiva do ano.

Levamos xa máis de 1000 dorsais entregados e estamos agardando por vós, os rezagados que cada ano deixades todo para o último momento!!

Mañá 25 lembrade que non haberá entrega de dorsais. Aproveitade para poñervos de acordo coa vosa xente para ir recollelos os próximos días ou rematade de facer a lista de reproducción que vos acompañará durante o percorrido se corredes sós! Todo vale! Cadeiras de rodas, grupos, disfraces, roupa deportiva, animais de compañía, patíns, bicis… Só tedes que ter en conta as normas do regulamento para que a experiencia sexa segura para todas as persoas que participen!

Ata este venres 27, a entrega de dorsais será na tenda Miler (R/ Peregrina 6, soto), en horario comercial. Dende o sábado 28 ata o mesmo 31, será na R/ Castelao 3, baixo, de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 (domingo 29 e martes 31, só de mañá). Cada dorsal recollerase a cambio dun kilo de alimento perecedeiro para o Banco de Alimentos. O día da carreira haberá tamén una furgoneta no lugar para quen queira realizar algunha aportación máis.

Durante a recollida de dorsais tamén poderedes colaborar cun donativo para a organización e mercar a camiseta oficial da San Silvestre 2024 ou a do Medio Maratón deste ano, que tanto vos gustou.

A saída da carreira será dende a Avenida Raíña Vitoria Uxía e a chegada será na Avenida Montero Ríos, recorrendo os case 5km previstos acompañados de milleiros de persoas e de charangas e animación durante todo percorrido.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría (masculina e feminina) e tamén para o disfraz individual e grupal (un único premio a compartir entre os membros do mesmo).

Tedes máis información, así como o mapa co percorrido, no Regulamento, que recomendamos leades estes días!!

Felices Festas de parte da familia da Gimnástica e vémonos o día 31 para despedir xuntos o ano!! Non esperedes ó último momento!!