En marcha a Escola de Atletismo 2024
Dende a semana pasada o CGTD foi lugar de reencontro dos máis pequenos do club para comezar a tempada 24-25, para a que se atopan ben motivados tras as vacacións de verán. Os primeiros días, ademais de atoparse de novo cos adestradores e compañeiros, recibiron a todos aqueles que quixeron animarse a probar de primeira man o atletismo.
Os adestramentos lévanse a cabo luns, mércores e venres, nas pistas do CGTD, en horario de 17 a 18 horas para os sub10, e de 17:45 a 19 horas para os sub12.
O club, ademais, está aberto a todo aquel que quera vir probar con todo o equipo e coñecer o atletismo de preto, así que pon a disposición de todos os interesados o teléfono 685 542 802 para solicitar calquera tipo de información ó respecto (vía telefónica ou whatsapp).
De estar interesados en unirse ó equipo, os titores poderán realizar a inscrición directamente na aplicación “Clubber”, empregando a seguinte ligazón.
Os máis pequenos poden dende esta semana, inscribirse para iniciarse no atletismo por medio das Escolas Municipais.
Agardamos que esta tempada sexa, polo menos, tan exitosa como a anterior e, sobre todo, que os máis pequenos continúen coas mesmas ganas de divertirse e facer deporte coma sempre. Benvidos a todos!