A San Silvestre de Pontevedra pecha a súa actividade con máis de 1000 participantes

A San Silvestre de Pontevedra pecha a súa actividade con máis de 1000 participantes

A “Rara, pero San Silvestre” clausura un mes de actividade física con un total de 1019 participantes e máis de 12.000 quilómetros completados.

Esta proba naceu coa intención de manter viva a ilusión da San Silvestre, un evento clásico no nadal dos pontevedreses. O obxectivo ía máis alá porque tamén se buscaba que a xente fixera un mínimo de actividade física.

Aínda que estes rexistros están lonxe dos 7000 inscritos do ano pasado, cando se bateu o récord de participación, este millar de participantes considérano positivo porque “se é real eses 1000 participantes é unha cifra moi boa porque fai sete ou oito anos non pasábamos case dos 1000 participantes”, segundo comentou Víctor Riobó, un dos directores técnicos do evento.

A “Rara, pero San Silvestre”, é unha proba que buscaba mesturar o físico co virtual para poder cumprir coas medidas sanitarias recomendadas. A parte física conseguiuse coas diferentes actividades que se organizado para manter viva esta ilusión.

Metro Silvestre, un mapa para o futuro

Creáronse dez percorridos recollidos no “Metro Silvestre”, un mapa que sinala rutas que mesturan o centro da cidade con zonas verdes e dos arredores do concello nos que se pode realizar actividade física.

Na seguinte gráfica podes ver o número de rexistros que tivo cada circuíto durante o mes no que se celebrou o evento.

37 anos da San Silvestre de Pontevedra recollidos na Alameda

A Alameda de Pontevedra acolleu os 37 anos da San Silvestre nunha exposición na que se mestura fotografías e recortes de xornais. Esta exhibición tivo bastante éxito que, tal e como xustificou Santi Ferrer débese a que, segundo el, “a forma de manter presente o espírito da carreira é recordala”.

Saída histórica

O 31 de decembro, como este ano non se puido realizar unha saída normal, organizouse un pistoletazo de saída ao que asistiron o primeiro gañador da proba, Estanislao Durán; o atleta con máis victorias, Víctor Riobó e a gañadora do ano pasado, Candela Sánchez; entre outras personalidades do concello e do club.

Unha mirada hacia o futuro

Aínda que a Rara, pero San Silvestre durase so un mes, a exposición e os puntos de información dos circuitos manteranse ata o 31 de xaneiro, para que a xente poida seguir disfrutando deles.

Ademais dende o Concello de Pontevedra comprométense a que estas rutas do Metro Silvestre estean limpas para que a poboación poida practicar actividade física de calidade.