Éxito absoluto do IX Saltar na Rúa

Éxito absoluto do IX Saltar na Rúa

Onte sábado a Praza da Ferrería foi testemuña dunha edición do Saltar na Rúa como nunca antes. O lugar encheuse de público nunha tarde de temperatura agradable que invitaba á práctica do atletismo e a desfrutar con él.

Puntuais, os saltadores de lonxitude foron os encargados de romper o xeo e comezar unha exhibición que arrincou os aplausos e a admiración dos presentes, de todas as idades, cuns saltos que foron inmortalizados dende todos os ángulos.

Sergio Coello, Unai Loureiro, Henar Suárez, Andrea Villaverde, que foi a primeira en saltar ou a portuguesa e xa boa amiga deste evento, Ana Rita Silva deron o mellor deles para sorprender ó publico e sen dúbida o conseguiron, levando tamén parte dos espectadores unha particular “ducha” de are

Non sabían os alí presentes que no triplo salto chegarían as risas con máis area voando cara eles. Os encargados de deixar ó público case como se remataran de voltar da praia foron, entre outros, Isaac Casal, atleta da Gimnástica que comezou nas Escolas do Club, Ana Rita, que sempre dobra proba, Sergio Coello, que tamén suele participar en ambas disciplinas, Diego Míguez, o actual Campión Galego ou Raúl Cortizo, atleta do club que tamén dobrou nos saltos horizontais desta vez.

E o prato forte, probablemente por ser o máis visible dende calquera lugar, foi o salto con pértega. Nesta ocasión, cabe destacar a participación de dous atletas de Portugal, Filipa Dinis, campioa este ano no seu país, e Diogo Meneses, que foi, sen dúbida, a sensación da tarde. Diogo superou con facilidade todas as alturas chegando o momento álxido cando o listón se colocou nos 5 metros e a praza rompeu en aplausos. Tamén foron aplaudidos o resto de pertiguistas, destacando Manuela Blanco, un auténtico espectáculo na pértega cada vez que vén ó Saltar na Rúa, Aitor Fernández, que fixo crer ós presentes que saltar con pértega e moi sinxelo e a atleta do noso club, Marina Artemia Pérez, que xa participara tamén no salto de lonxitude.

Non podemos estar máis agradecidos a todos os atletas polo esforzo que supón para eles realizar unha exhibición de tal nivel no medio do seu período de descanso e pola actitude tan profesional e á vez de festa e de desfrute que conseguiron contaxiar a todo o público asistente.

Dende o club tamén queremos agradecer a todos os que vos achegástedes a desfrutar con nós do espectáculo dos saltos de atletismo dende moi preto e, sobre todo, polo voso ánimo e os aplausos. Fixéstedes desfrutar a todos os atletas como poucas veces antes.

E, por suposto, unha mención moi especial a todas as persoas voluntarias, entre elas atletas do club, que se achegaron a axudar a preparar un evento que cada ano colle máis forza no verán da nosa cidade.

Comezamos a traballar para a seguinte edición, a DÉCIMA xa, do Saltar na Rúa, e contamos con vós para volver desfrutar do atletimo! Vémonos en 2026!

IX Saltar na Rúa – 23 de agosto de 2025. Volve o espectáculo dos saltos á Ferrería!!

IX Saltar na Rúa – 23 de agosto de 2025. Volve o espectáculo dos saltos á Ferrería!!

Este próximo sábado 23 de agosto, ás 19:30 horas, a Praza da Ferrería de Pontevedra será de novo o incomparable escenario dunha nova exhibición de saltos coa IX edición do Saltar na Rúa.

Para este ano, o cartel preparado para facer gozar a todo o que se achegue está cheo de campeóns nas distintas especialidades, categorías e países para que os espectadores desfruten das disciplinas de saltos do atletismo como nunca antes.

Na emblemática praza daranse cita atletas como Ana Rita Silva, atleta portuguesa especialista en triplo salto e salto de lonxitude, sendo tres veces Campioa Nacional en aire libre e unha en short track (pista cuberta). A última esta mesma tempada. Repite tamén o gimnástico Sergio Coello, especialista tamén en ambas disciplinas, sendo o cuarto mellor saltador do país en lonxitude en short track e o sétimo mellor en aire libre. Tamén fará as dúas exhibicións (lonxitude e triplo salto) o seu compañeiro Raúl Cortizo, que ademáis de ser finalista nacional en numerosas ocasións, é o actual Subcampión Galego de lonxitude en short track e o actual bronce en aire libre.

Na lonxitude teremos tamén ó actual Campión Galego, Unai Loureiro, procedente do Riazor Atletismo.

Isaac Casal, que se estreou o ano pasado na exhibición, é o exemplo do traballo que se realiza nas Escolas do Club. Foi aí onde comezou a súa carreira como atleta e regresa este ano ó Saltar na Rúa como flamante Campión Galego sub18 de triplo salto en aire libre e como subcampión en short track. Ademais, Isaac é habitual nas convocatorias da Selección Galega e ademáis foi un dos atletas que formou parte do equipo que se proclamou Campión Galego por clubs da súa categoría.

Isaac estará compartindo exhibición coa actual Subcampioa Galega de triple salto en aire libre, Alba Martínez, do Ourense Atletismo. Alba compartiu podio cunha Gimnástica, que lle arrebatou o título. Marina Artemia Pérez, fará a exhibición do triplo salto como vixente Campioa Galega, facendo tamén a de pértega, donde ostenta o título de Subcampioa Galega.

Quen se achegue a desfrutar a xornada terá tamén o luxo de ver en acción ó actual Campión Galego Absoluto de salto con pértega, Aitor Fernández, procedente do Superamara BAT. Con él estará tamén Henar Fernández, que foi cuarta nacional de salto con pértega en categoría sub23 e, ademáis, é Campioa de Asturias sub23 en lonxitude. Henar realizará a exhibición de ambas disciplinas durante a tarde.

Dende o país luso non so estará con nós Ana Rita Silva. Tamén recibiremos, na pértega, a Diogo Meneses, cuarto nacional absoluto. Con él estarán os actuais Campións Nacionais sub20 en short track, Filipa Dinís e Luca Cruz. Sendo Luca, ademais, o actual Campión Nacional tamén en aire libre e Filipa a actual Subcampioa.

Sen dúbida vai ser, como cada ano, un auténtico espectáculo que achegará as tres disciplinas de salto do atletismo como nunca antes. Campións e Subcampións reunidos para facer gozar a todo o que pase polo Saltar na Rúa. Agardámosvos!

Éxito no VI Saltar na Rúa

Éxito no VI Saltar na Rúa

O tempo acompañou a que a Praza da Ferrería se enchese de atletismo. A partir das 19:30h da tarde do 27 de agosto o público e os deportistas encheron unha das prazas máis míticas da cidade de Pontevedra.

O salto de lonxitude co olímpico en 2016, Jean Marie Okutu, á cabeza encabezaron a sexta edición deste evento que xa é un habitual no verán pontevedrés. Nesa proba vimos os saltos da vixente campioa galega absoluta, Andrea Villaverde; da vixente campioa de España sub23 en combinadas Eva Queimaño; e doutros atletas como Noa Currás, Matías Moldes, David Ferrer, Valeria González e Juan Piñeiro.

Posteriormente, seguindo cos saltos horizontais, foi a quenda do triplo salto. Aí destacaron Alfonso Palomanes, plusmarquista autonómico; Anxo Blanco, atleta titular co equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra; de Ariadna Gil e Uxía Paz, campioa galega absoluta e cuarta de España sub23, respectivamente; así como doutros atletas como Tania Valverde, Xoel Otero, Raúl Cortizo ou Marina A. Pérez, gran promesa da entidade organizadora.

O evento terminou co salto con pértega que abraiou a todo o público cando atletas como Tomás López, Aitor Fernández, Santi Ferrer ou Alejandro Villaverde saltaron por encima dos 4m de altura e “voaron” coa igrexa da Peregrina de fondo. Tamén participaron Marina A. Pérez, Manuela Blanco, Nerea Fernández e Lola Bouza.

Un ano máis, e xa van seis, o Saltar na Rúa volve a triunfar na cidade de Pontevedra. Nesta ocasión xa de volta á Praza da Ferrería, lugar de onde fora desprazado cara a Ponte do Burgo durante os dous anos nos que o evento estivo marcado polas restricións da pandemia.