O Gran Fondo Caixabank e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra gánanlle o pulso á choiva
A choiva insistente que cubreu toda Pontevedra na mañá do 15 de outubro non poido coa organización do Gran Fondo Caixabank. Unha edición que rematou coa vitoria de Pablo Otero e Tina Fernández no medio maratón e de Isabel Caeiro e Roi Estévez nos 10km.
10km en solitario
A proba dos 10km tivo claros vencedores. Tanto en categoría masculina como feminina, os dous gañadores chegaron en solitario á meta. Roi Estévez por segundo ano consecutivo impúxose na cetegoría masculina con 32:44; frente a Isabel Caiero, a atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que se estreou no podium na categoría feminina cun tempo de 37.07.
Acompañáronnos Hugo Rodríguez (33.08) e Rebeca Mariño (39.13), coa medalla de prata; e José Ramón Sánchez (33.14) e Irati Lorza (39.41) como terceiros clasificados.
Pablo Otero venceu e Reyes Estévez
No medio maratón houbo disputa ata os últimos metros. Dende o pistoletazo de saída un grupo de varios corredores impuxeron o ritmo da proba. Pero sería ata os últimos metros cando se decidiría o resultado final. A falta dun quilómetro aproximadamente, a proba convertiríase nun man a man entre Pablo Otero e Reyes Estévez. O atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra xa deu a última volta á pista de atletismo do CGTD en primeiro lugar, posición na que cruzou a liña de meta cun tempo de 01:07:54. O atleta internacional foi segundo con seis segundos máis respeto a Pablo Otero. Tamén houbo disputa polo terceiro posto. Na última recta, Anxo Castro viuse superado por un Alejandro Fernández que gardou forzas para o final e cruzou a liña de meta con 01:08:05. Un segundo máis tarde chegou Castro.
Manuel Lorenzo, tamén da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, levouse o premio como o primeiro atleta local cun rexistro de 1:08.13. Foi quinto na clasificación xeral.
Na categoría feminina, impúxose Tina Fernández con 01:20:28. Foi segunda Nati García con 01:25.16 e terceira Ángela Rodríguez con 1:26.38.
Probas de cativos
Por segundo ano consecutivo, tamén se organizou a proba de cativos. Contou cun gran número de participantes. Hai que destacar o gran número de atletas do club que competiron na categoría de MiniGran Fondo Caixabank.
Os agraciados co sorteo son Irene Coejo, Olivier Rodríguez y Martín Fentanes. En total son 3 vales de 60€ cada un para gastar na tenda Miler Vintage Running Club.
A choiva foi a nota negativa a esta edición 41 edición do Gran Fondo Caixabank. As precipitacións non remitiron en ningún momento e tanto o concerto en directo como as premiacións tiveron que desprazarse ao interior do Pavillón Universitario.