Máis de 1000 participantes no Gran Fondo Caixabank
O Gran Fondo Caixabank pecha as inscricións con máis de 1000 inscritos. De eses, 572 participantes son do medio maratón e 334 dos 10km. Hai que engadir que hai un total de 165 participantes que so se inscribiron no Campionato Galego de Medio Maratón e non na proba popular. En total, o número de participantes sería de 1.071. A carreira de cativos aínda ten o prazo de inscrición aberto, pero por agora hai máis de 140 nenos e nenas apuntados.
Atletas destacados
Entre os atletas máis destacados na longa distancia están:
- Reyes Estévez: finalista nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e varias medallas internacionais e nacionais. Foi terceiro en dous mundiais de aire libre, en Atenas 1997 e Sevilla 1999. A nivel continental é campión europeo en Budapest 1998 e subcampión en dúas ocasións. En aire libre en Munich 2002 e baixo teito en Lisboa 2001. En pista cuberta, tamén quedou terceiro no Europeo de Madrid en 2005 por partida dobre, nos 1500ml e nos 3000ml.
- Manuel Hurtado: gañou o ano pasado e é o atleta con máis vitorias no medio maratón de Pontevedra. Conta con catro en total. Tamén foi dúas veces campión galego na distancia e quere ir en busca da terceira.
- Carlos Porto: gañador nos 10km do ano pasado. Vixente campión galego de 800ml ao aire libre. Titular no equipo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra nas ligas de atletismo tanto nas probas de mediofondo como de fondo. Debuta na distancia do medio maratón.
- Manuel Lorenzo: cuarto o ano pasado e titular coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra en probas de fondo.
- Anxo Castro: gañador na edición de 2019.
- Soledad Castro Soliño: categoría máster. Atleta internacional. Foi 10 veces campioa galega de medio maratón. Récord galego na distancia en categorías máster M40, M45, M50
- Andrea Iglesias: terceira o ano pasado nos 10km. É triatleta internacional.
- Ángela Rodríguez: subcampioa o ano pasado no medio maratón.
Nos 10km sobresae, sobre todo, Cora Saburido, que quedou segunda o ano pasado nesta distancia.
No Campionato Galego de Medio Maratón por equipos, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, entidade organizadora, opta ao primeiro posto na categoría masculina coas participacións de Manuel Hurtado, Carlos Porto e Manu Lorenzo.
Dorsais:
Unha vez finalizado o prazo de inscricións, os atletas poderán retirar os seus dorsais. Será obrigatorio portar o dorsal no peito e ten que estar visible. Non se poderá dobrar nin ocultar. As datas para recoller estas identificacións son do 13 ao 15 de outubro na tenda Miler Vintage Running Club, rúa Peregrina, 6 (soto), en Pontevedra. Poderase recoller durante o horario de apertura do comercio. Este ano tamén recupérase despois dos anos da pandemia a recollida o mesmo día da proba. O 16 de outubro en horario de 08:00h a 10:30h poden coller os seus dorsais so os deportistas que son fóra de Pontevedra. O punto de entrega será o Pavillón Universitario.