XXXI Trofeo Cidade de Pontevedra ·2026·

XXXI Trofeo Cidade de Pontevedra ·2026·

A xornada de onte no CGTD foi de nova xornada do Circuito Froiz de Atletismo en Pista. Atletas de todos os niveis e categorías saíron ó tartán, comezando polos máis pequenos (sub10 e sub12), disputando probas como o lanzamento de pelota ou un 1000 metros lisos que os deixou ben cansos.

Pero para os maiores foi un día para mellorar marcas e aprender e mellorar. Foi caso, por exemplo, de Carlota Vázquez, que cos 14.69 segundos que tardou en percorrer o 100 metros valos, conseguiu o billete para o Campionato de España. O seu compañeiro, Hugo Cordal, foi sétimo no 1000 metros lisos, acusando o cansazo tras conseguir o décimo posto no Campionato de España Individual Triatlón E, celebrado en La Nucía hai poucos días, conseguindo mellorar as súas marcas persoais en lanzamento de xavelina (25.61 metros), 80 metros lisos (11.46 segundos) e 2km marcha (10:40). Sen embargo, Hugo foi quen de mellorar a súa marca, como moitos dos seus compañeiros, no 80 metros valos (a 0.84), agora en 15.26, deixando claro que non se conforma cos resultados acadados ata agora.

Moitos foron os atletas que aproveitaron a xornada de onte para axustar as súas marcas persoais. Entre outros, Karol Rivera no 100 metros lisos, Sergio Lamas en lanzamento de disco de 1.5 kg, Jovi Uyokpiye no 110 metros valos (a 0.914) ou Noa Currás no salto de lonxitude (cunha mellor marca agora en 4.94.

Desta vez tiveron sorte dispar coa climatoloxía, que xa se tornou nun participante máis do Circuito, con vento e chuvia moi variable e forte por momentos que, sen dúbida, obrigou a todos os atletas a sacar o mellor de sí mesmos.

Moitos parabéns a todos e vémonos o próximo mércores 17 no Trofeo Celso Mariño. Seguimos!

O atletismo volveu triunfar en Pontevedra cando quedan dúas xornadas para o fin do circuíto

O atletismo volveu triunfar en Pontevedra cando quedan dúas xornadas para o fin do circuíto

A terceira xornada do Circuíto de Atletismo en Pista segue o mesmo sentido que as anteriores. Éxito na participación e nos rexistros. Superado xa o ecuador do evento, organizado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e de Supermercados FROIZ, nótase o bo estado de forma no que se atopan os atletas.

Un dos momentos máis emocionantes vivímolos nos 110m valos cunha chegada apertada de David Vicente (14.42)e Gerson Vidal (14.43). Un man a man que se decidiu sobre a liña de meta. Tamén se realizaron bos rexistros nos 400ml tanto masculinos como femininos. Por un lado, Jacobo Soler (47.25) e o gimnástico David Abalde (48.43), primero e segundo, bateron a súas marcas persoais da tempada. En féminas tamén bo rexistro da atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Lia Caride con 58.39.

Na velocidade feminina tamén hai que salientar os 12.41 de Cristina Garrido nos 100ml. No resto das carreiras, sobresae o dobrete das atletas da entidade organizadora nos 600ml. Impúxose Sabela Martínez con 1:37.36 e foi segunda Paula Torres con 1:39.11.

Nos concursos, Juan Piñeiro voou ata os 7,13m en salto de lonxitude; e en lanzamento de martelo, Anxo Filgueira achegouse ata a súas mellores marcas persoais cun mellor intento de 49,67m e, polo tanto, quedou moi preto dos 50 metros.

A seguinte xornada do Circuíto será o mércores, 21 de xuño. Trátase do XXIV Memorial Celso Mariño.

XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra

XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz organizan a terceira xornada do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, sendo a edición XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra. A competición celebrarase o 31 de maio no CGTD de Pontevedra.

A xornada comezará ás 17:30h para finalizar sobre ás 21:15 h.

Nos botóns inferiores podedes encontrar: 

  • O regulamento da proba
  • Os atletas admitidos

 

XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra
XXVII Trofeo Cidade de Pontevedra

XXVII Trofeo Cidade de Pontevedra

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz organizan a terceira xornada do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, sendo a edición XXVII Trofeo Cidade de Pontevedra. A competición celebrarase o 2 de xuño no CGTD de Pontevedra.

A xornada comezará ás 17:40h para finalizar sobre as 21:15 h.

Nos botóns inferiores podedes encontrar: 

  • O regulamento da proba

 

Cartel XXVII Trofeo Cidade de Pontevedra

XXXVI Trofeo Cidade de Pontevedra

XXXVI Trofeo Cidade de Pontevedra

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz organizan a primeira xornada do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, sendo a 36ª edición do Trofeo Cidade de Pontevedra. A competición celebrarase o 2 de xuño no CGTD de Pontevedra.

A xornada comezará ás 17:30h para finalizar sobre as 21:15 h.

Nos botóns inferiores podedes encontrar: 

  • Solicitude de acceso ao CGTD
  • Atletas admitidos
  • Resultados
  • Horario de cámara de chamadas

 

Cartel trofeo cidade de pontevedra