XLVIII Trofeo Sociedad Gimnástica Pontevedra (03/07/24)
XLVIII Trofeo SGP
Comenzou a xornada coa disputa da final de pértega, onde destacou Matías Moldes, da Gimnástica, superando o listón en 4.02 metros, seguido do seu compañeiro Álvero Fontán e de Nuno Castro, do CA Millaraio. En categoría feminina a mellor foi Marina Artemia Pérez, quen se impuxo con autoridade ante a súa compañeira, Marta González, seguida da tamén atleta do club Lucía Ferreiro, en terceira posición esta vez.
Ó mesmo tempo daba comezo a primeira serie do 100 metros valos Sub18 e Sub16 feminino, onde a mellor foi Eraida Ojea, atleta do club, seguida de preto por Rebeca González, do Atletismo Rías Baixas e de Daniela Penido, tamén da Gimnástica. Na segunda serie a primeira foi a gimnástica Carlota Vázquez, seguida de Alicia Gabián, do Atletismo Rías Baixas.
Seguiulle a primeira serie do 100 valos feminino (altura 0.838), onde quedou en primeira posición Eva Gil, do Club Atletismo Estrada e a primeira serie do 100 valos masculino (0.914), onde o máis rápido foi Bruno Castro, do Ferrol Atletismo, seguido de Gabriel Parga, do Ourense Atletismo.
No 1000 metros lisos, onde se disputaron dúas series, a máis rápida da Serie A foi Himi Lamiyae, do Club Atletismo Narón, seguida de Isa Caeiro e Paula Torres, ambas da Gimnástica. Na Serie B a primeira en cruzar a meta foi Alma Pereira, do Comesaña Sporting Club, seguida de Irene Burgos e Icia Ameneiro, atletas do C.S.C.R. Beade. En categoría masculina o máis rápido da Serie A foi Xoel Franco, do C.S.C.R. Beade, sendo segundo Pablo Vázquez, d Club Atletismo Narón, e terceiro, Amador Pena Torreira, do SD Compostela Atletismo. O primeiro gimnástico en cruzar a meta foi Diego José Huerta, en cuarta posición.
Na Serie B, o primeiro atleta do club en completar a distancia foi Joaquín González, só superado por Emilio García, do SD Compostela Atletismo e por diante do seu compañeiro, David Martínez, quen foi terceiro.
Pouco antes das 19 horas comezou a tanda de lanzamentos coa xavelina onde, en peso de 600g, categoría masculina, o primeiro posto foi para Rodrigo Fernández, do filial Club Atletismo Sada, seguido de Adrián Cabaleiro, da Gimnástica. En peso 700g, o mellor desta vez foi Nicolás Quiñones, quen cun lanzamiento que acadou os 37.31 metros impúxose con autoridade a Alfredo Blanco, do Atletismo Noia, quen enviou o artefato ata os 32.49 metros e de Juan Carlos Díaz, d Marineda Atlético.
En categoría feminina (500g), a mellor esta vez foi Alicia Gabián, do Atletismo Rías Baixas, seguida de Mencía Rey, da Gimnástica e de Saray Duque, do Atletismo Cuntis. En categoría 600g, foi primera María Ángeles Filgueira, da Gimnástica.
No 100 metros lisos disputáronse 5 semifinais en categoría feminina, decidíndose na última proba da xornada en dúas finais, onde a mellor da primeira final foi Antía Alcalde, do Atlética Barbanza, seguida de Lara López e Vega Ledo, do Atletismo Femenino Celta. Na Final B os primeiros postos déronse volta, sendo o primeiro esta vez para Daniela Castro, do Atletismo Femenino Celta, e o segundo e tercero, para Lorena Saborido e Valeria Buceta, do Atlética Barbanza.
En categoría masculina disputáronse 6 semifinais, sendo a final a prueba que pechaba a xornada, onde la Final A levouna o gimnástico Sergio Coello, seguido de Erik Fernández, do Súpera Amara BAT e de Alberto Pérez, do R.C. Celta. A Final B foi esta vez para o Atlética Barbanza, con Eloy Vázquez, seguido do atleta da Gimnástica, Iván Valdivieso, e de Iago Saco, do Ourense Atletismo.
Valeria Buceta, do Atlética Barbanza foi primeira na súa no 300 feminino, impoñéndose con autoridade a Carla Pintor e Noa Barros, do Club Atletismo Estrada, segunda e terceira, respectivamente. En categoría masculina, os dous primeiros postos foron para o R.C. Celta, con Joel Santana e Adrián Lages, e o terceiro lugar foi para o Ourense Atletismo, con Gabriel Parga. A segunda serie levouna con autoridade Brais Couñago, de Asociación Deportiva CAR, seguido de Samuel Covelo, de San Miguel Oia e de Jancer Lorenzo, de Atletismo Cuntis.
A distancia larga esta vez foi el 1500 metros, onde a máis rápida foi Xela Martínez, d Atlética Lucense, quen chegou a meta con certa vantaxe sobre a segunda clasificada, Teresa Parrado, do CA Santiago. A primeira gimnástica en cruzar a meta foi Aroa Barbeito, en cuarta posición. En categoría masculina o máis rápido da Serie A foi Hugo García, do Atletismo Portugalete, seguido de preto por Fernando Vales, do CA Santiago e de Mario Rodríguez Costas, do R.C. Celta. Na Serie B foi Carlos de la Torre, do San Miguel de Marín quen se impuxo con autoridade ó segundo clasificado, Ashenafi Zorrilla, do R.C. Celta e de David Gil, do Comesaña Sporting Club.
Andrea Pais, do Atletismo Alcorcón, foi a máis rápida na súa no 200, chegando a meta un segundo despois Lara López, do Atletismo Femenino Celta e case 2 segundos despois, África Gómez, do Ourense Atletismo. A segunda serie estivo algo máis axustada, sendo o primeiro posto para La Mochila del Deporte, con Paula Vázquez, seguida de preto por Claudia Castro, do Atletismo Femenino Celta e de Violeta Crespo, do Atletismo Porriño. Carolina Delia Mera, de La Mochila del Deporte foi la más rápida da súa serie, a moi pouca distancia da segunda clasificada, Pilar Corredoira, do Club Atletismo Estrada, e de Rebeca González, do Atletismo Rías Baixas.
En categoría masculina disputáronse 5 series, sendo o máis rápido da primeira Adrián Outeiral, do CA Santiago, por diante de Erik Fernández, do Súper Amara BAT e de Martín Barcia, do R.D. Celta. O primeiro gimnástico en atravesar a meta nesta serie foi David Abalde, en quinta posición. Na segunda serie o primeiro en parar o crono foi Abel Roel, do Club Atletismo Sada, seguido de Carlos Casal, do SD Compostela Atletismo e de Marcos Tella, de Universidad Santiago.
A serie 3 do 200 levouna Óscar Otero, do CD Pinarium, sendo segundo Nicolás Ezequiel Saavedra, do At. Rías Baixas e tercero, Óscar Costas, do Comesaña Sporting Club. A cuarta serie foi para Luan de Lima Pereira, do Atletismo Cuntis, chegando moi preto o gimnástico Ángel Moldes e David Otero, do CD Pinarium. A última serie foi para o R.C. Celta con Alberto Pérez, seguido do atleta do CA Millaraio, Nuno Castro e de Nicolás Nsang, do CA Santiago.
Tamén se disputou a final de triplo salto onde Roi Rial, do CA Santiago foi o mellor cun salto que acadou os 13.70 metros, seguido d gimnástico Isaac Corral, con 13.05 metros e do atleta do filial, Club Atletismo Sada, Gonzalo Sánchez, con 13.02 metros.
En categoría feminina, os 10.66 metros de Nerea Lago, da Asociación Deportiva CAR, déronlle o primeiro posto, non moi lonxe dos 10.58 conseguidos por Carla Díaz, do Club Atletismo Sada.
Nos lanzamentos, ademáis da xavelina disputada a primeira hora, disputouse a final de disco, siendo o mellor en categoría 1kg, o gimnástico Miguel Ángel López, seguido do seu compañeiro David Vázquez. En categoría 1.5kg o mellor foi Eloy Acuña, atleta el club, sendo segundo o también gimnástico Antonio Lucio. As rapazas, Cristina Martínez e Sabela Pallares, ambas da Gimnástica, foron primeira e segunda en disco de 800g e en categoría de 1kg o primeiro posto foi para a atleta do Ría de Ferrol-C.Arenal, Xiana Lago, seguida de Evelyn Fernández, do Club Atletismo Narón e da súa compañera e irmá, Erika Fernández, quen foi terceira.
A seguinte cita será o próximo mércores, 10 de xullo de 2024, para disputar o XLVIII Trofeo Virxe Peregrina, penúltima competición do Circuíto, que terá a súa última data, previsiblemente, no mes de novembro.