O domingo celebrouse na Coruña  a XI Carreira Popular Coruña10 , proba incluída no calendario oficial de competicións da FGA e da RFEA.

Na carreira dos 10 Km ,con máis de 3000 corredores que atravesaron a liña de meta , tanto o triunfo masculino como feminino decidiuse ao sprint.

No apartado feminino a triatleta Joselyn Brea pertencente a Sociedad Gimnástica  de Pontevedra  finalizou en segunda posición (33.56)  por detrás da súa irmá Edymar Brea (33.55)  que sería a vencedora no sprint , sendo terceira  Paula Mayobre (34.00).

No apartado masculino  os atletas da Sociedad Gimnástica Manuel «Huracán » Hurtado e Carlos Porto acadarían unha gran actuación nunha carreira  moi rápida onde o vencedor Alejandro Fernández baixaría dos 30 minutos  ( 29.57), entrando Manuel Hurtado na quinta posición na clasificación xeral  cun tempo de 30.22 , namentras que Carlos Porto finlizaría décimo na clasificación xeral cun tempo de 31.10 qu é a súa MMP nos 10 Km en ruta.

Nas carreiras de menores con mais de 1000 inscritos  en total,  na categoría sub 18  Blanca Armenteros  (SGP) acadaría a segunda posición, tamén ao sprint por detrás de María Carballido (Friol) que sería a gañadora sendo terceira a atleta do Marineda  Sara Prieto.

O sábado  asimismo celebrouse  a tradicional  IX PINGA-PINGA no concello de Marín carreira dentro do calendario da federación galega de atletismo  onde nun recorrido de aproximadamente 7.2 km a atleta sub 18 da Sociedad Gimnástica  Paula de la Torre sería a primeira atleta sub23 en entrar na meta sendo  quinta absoluta cun tempo de 32.01.

Parabéns a todos

Resultados 10 km Coruña 10 Resultados Coruña 10 sub 18 Pinga pinga