Carlos Porto e Alberto Pérez vencedores na Milla de Marín

Carlos Porto e Alberto Pérez vencedores na Milla de Marín

O sábado día 29 de Setembro e organizada polo Clube San Miguel de Marín tivo lugar a tradicional Milla de Marín con gran éxito de público e participación.

Antes da saída da milla élite feminina gardouse un minuto de silencio  en memoria dos recentes pasamentos de  Mario Álvarez o atleta especialista en salto de lonxitude da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Atilano Fernández pai dos atletas Leticia e Marcos Fernández Barbosa que participaban na Milla Élite.

No que se refire ao apartado deportivo destacar a magnífica victoria de Carlos Porto ( Sociedad Gimnástica de Pontevedra) na Milla Élite masculina  nunha emocionante disputa con Gonzalo Basconcelo( Celta) que acadaría a segunda posición sendo terceiro Víctor Riobo ( Miller).

Na milla masculina popular a grande cantidade de inscritos fixo que houbese  tres carreiras por idades sendo o vencedor da Milla Popular sub18-sub20-senior  o atleta sub18 da Sociedad Gimnástica o marinés Alberto Pérez Outón, que controlou sempre a carreira non deixándose levar polos ritmos elevados doutros atletas o comezo da proba.

Destacar na milla élite feminina a cuarta posición da atleta  sub18 Paula de la Torre por detrás nada menos que de atletas xa consagradas como Alice Finot (Celta), Leticia Fernandez (ADAS) e Raquel Meaños (Valencia).

Parabéns a todos

Luto en la Sociedad Gimnástica

Fotografía: Gema Figueroa

Lamentamos comunicar una muy mala noticia. Mario, nuestro saltador de longitud de Vitoria ha fallecido hoy. Hace unos días tuvo un ataque al corazón y no logró recuperarse. Desde el club lamentamos muchísimo la perdida como atleta, pero mucho más la pérdida como persona. Nuestro más sentido pésame a su familia .DEP