Arrancamos a XLI San Silvestre Pontevedra 2024!!
Agardamos que xa teñades pensados os vosos disfraces, que xa convencérades a toda a vosa xente ou que, se corredes sós, xa teñades o reloxo preparado para medir pulsacións!! Comezamos a quecer para celebrar a data máis esperada do ano: A SAN SILVESTRE DE PONTEVEDRA 2024!!
Berto Fojo, como o ano pasado, é o encargado de poñerlle a imaxe co deseño dun cartel festivo e animado, deixando claro o carácter do evento.
Respecto da carreira, nesta mesma web, tedes o regulamento da proba con toda a información, que vos lembraremos cada pouco vía redes sociais, pero aquí vai o primeiro que debedes saber:
INSCRICIÓNS E RECOLLIDA DE DORSAIS:
Esta carreira ten carácter social e colabora co Banco de Alimentos, polo que será OBRIGATORIA a entrega DUN KILO DE ALIMENTO NON PERECEDEIRO POR CADA PARTICIPANTE para realizar a inscrición e recoller o dorsal.
Unha vez realicedes a entrega, poderedes inscribirvos cantos queirades, proporcionando NOME, APELIDOS e NÚMERO DE DNI. De anotar a algún MENOR DE IDADE SEN DNI, proporcionarase o da persoa que se fará responsable durante a carreira.
DATAS E HORARIOS DE INSCRICIÓN E RECOLLIDA DE DORSAIS:
1º tanda: dende mañá, xoves 12 de decembro ata o venres 27 de decembro, na tenda MILER (R/ Peregrina 6, soto, Pontevedra), en HORARIO DE TENDA. Lembrade que o día 25, festivo, non se entregarán dorsais.
2º tanda: o sábado 28 de decembro e o luns 30, de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 horas, na Rúa Castelao 3, baixo, Pontevedra. O domingo 29 e o propio 31 a entrega de dorsais só se realizará en horario de mañá.
SAÍDA E META:
A saída este ano será na Avenida RAÍÑA VITORIA e a chegada será, como sempre, na Avenida MONTERO RÍOS, nun percorrido que ten aproximadamente 4 km en total. Podedes consultar o mapa no regulamento da carreira.
A TER EN CONTA:
Pregamos a todas as persoas que participen que revisen o regulamento da carreira, pola seguridade de todos, especialmente a orde de saída (podedes completar a distancia en bici, patíns, con carriños, cadeiras de rodas, patinetes, acompañados dos vosos animais de compañía) pero sempre respectando as normas para que a experiencia sexa a mellor posible para todos.
Esta carreira, como cada ano, é organizada polo noso club, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, xunto co Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra, e conta ademais con patrocinadores habituais como Froiz, A Devesa, Galmotor e Miler.
Estade atentos, porque en vindeiros días desvelaremos algunha información máis sobre esta edición da San Silvestre Pontevedra 2024. Ide quecendo, que saídes!!