A falta de 30 días para a celebración do Gran Fondo Caixabank 2024 (será o 20 de outubro), o ritmo de inscricións aumenta de semana en semana, estando agora mesmo en case 900, entre os que están, como xa anunciamos, a olímpica Ester Navarrete, que participará no 10k.
Lembramos tamén que estamos a piques de rematar o segundo prazo de inscrición, que remata o día 30 de setembro, cun prezo de 20 euros para o medio maratón e de 8 euros para o 10k e que, a partir do día 01 de outubro, pasará a ser de 30 euros no medio maratón e de 15 para o 10k.
Os interesados en participar deberán ter en conta que o último día para inscribirse, sen opción de facelo posteriormente, é o día 13 de outubro.
No caso dos menores, as inscricións poderán realizarse ata o 17 de outubro, cun custo de 1 euro por cativo. Dito importa acumularase en vales desconto para material deportivo que se sorteará en Miler, un dos colaboradores do evento.
O evento do Gran Fondo ten como patrocinador principal a Caixabank e como organizadores ó Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra (Servicio de Deportes) y e á Sociedad Gimnástica de Pontevedra, como entidade deportiva e a través do seu voluntariado.
Colaboran no evento a Xunta de Galicia a través de Deporte Galego, e proporcionando detalles para os participantes, Coca Cola, Froiz e A Devesa, como vén sendo tradición. Galmotor tamén é outro dos nomes que sempre confían en nós e este ano non ía ser a excepción.
Por outra banda, entidades como a Federación Galega de Atletismo, a Brilat, a Escola Naval Militar, Protección Civil e Ofivol, formarán parte tamén do evento axudando á organización.
Agardamos vervos a todos o 20 de outubro alí e aproveitamos para agradecer a todos os colaboradores, patrocinadores e organizadores a súa implicación nesta proba. Seguide entrenando, que o Gran Fondo está a por dar a saída!