Así será o percorrido da volta da San Silvestre

Así será o percorrido da volta da San Silvestre

Xa coñecemos o percorrido da San Silvestre de Pontevedra de 2022, a que quere volver á normalidade. Será de aproximadamente 4.000 metros.

A saída e meta, como é habitual, será dende a Avenida de Montero Ríos, ao lado da Alameda de Pontevedra. Dende esa rúa escoitarase o pistoletazo de saída e, posteriormente, a chegada á liña meta; cando se saberá quen serán os que se impoñan nesta trixésimo novena edición.

Unha vez que os participantes saen de Montero Ríos, pasarán pola Praza de España, Alameda, Raíña Victoria, Xeneral Rubín, Iglesias Vilarelle; rodeoarán a Igrexa de San Xosé para seguir pola Praza da Constitución. Posteriormente, continuarán pola Praza de Galicia, Andrés Mellado, Peregrina, Oliva, Marqués de Riestra, Gutiérrez Mellado, Michelena, Praza da Peregrina, Ferrería, Soportais e Praza de Curros Enríquez. Continuarán pola Rúa Real, Sarmiento, Gregorio Fernández, Praza da Pedreira, César Boente, Sierra, García Escudero, Ponte, San Telmo, Barón, Praza do Muelle, Arcebispo Malvar, Condesa Pardo Bazán e a Praza Concepción Areal. Neste punto xa se enfrontarán aos últimos tramos por Martitegui, Prudencio Landín, Praza de España e regreso á Avenida de Montero Ríos.

Recorrido San Silvestre Pontevedra 2022

Respecto a outras edicións, haberá novidades no percorrido pola zona próxima a Campolongo, debido ás obras que se están realizando no Paseo dos Gafos.

Con este circuíto, os inscritos poden visitar algúns dos lugares máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, nós propoñemos algunhas suxerencias.

Para coñecer máis da San Silvestre deste ano, podes mirar o regulamento do evento.

A gran festa deportiva comeza antes do pistoletazo de saída

A gran festa deportiva comeza antes do pistoletazo de saída

As clases de Zumba comezarán ás 16:15h o 31 de decembro, antes da saída da San Silvestre.

A San Silvestre, máis alá de ser unha carreira, é unha gran festa deportiva. Dende fai uns anos dende a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, grazas a Carla Novoa, intentamos que o desfrute non se quede so dende que se da o pistoletazo de saída, senón que sexa toda a tarde.

Carla Novoa, coas súas clases de Zumba, amenizará o evento a partir das 16:15h con música e deporte. É a mellor maneira para quecer de cara a San Silvestre e non ter maniotas posteriormente. Non fai falla inscribirse previamente, so hai que chegar a esa hora ao lugar da actuación e ter gañas de facer exercicio e seguir o seu ritmo.

A actividade é apta para todos os públicos, dende os máis cativos ata os maiores. É de balde. Con ela e co seu ritmo empezará a gran festa de despedida deste ano.

Tras os dous anos de parón da pandemia, onde foi imposible realizar un evento con normalidade, este ano recuperamos as actividades establecidas dende antes da chegada da Covid19. Unha delas é contar, nunha edición máis, con Carla Novoa e as súa clases de Zumba. Así poderase seguir crecendo nesta gran festa deportiva coa que se pecha este ano e se da benvida ao 2023.

Lembramos que as inscricións para participar na San Silvestre abren o 20 de decembro dende o Mercado de Abastos. Apuntarse é gratuito, so hai que traer alimentos non perecedoiros, que serán doados ao Banco de Alimentos de Pontevedra.

Revisa cando te podes inscribir na San Silvestre de Pontevedra

Revisa cando te podes inscribir na San Silvestre de Pontevedra

Queda pouco máis dun mes para a San Silvestre de Pontevedra 2022 e xa se pode apuntar no calendario cando comezan as inscricións.

Cambio de ubicación

As inscricións realizaranse na planta de arriba do Mercado de Abastos co seguinte horario e datas:

  • Do martes 20 ao 23 de decembro: de 17:30h a 20:30h.
  • Do luns 26 ao venres 30 de decembro: de 10:30h a 13:30h e de 17:30h a 20:30h.
  • O sábado 31 de decembro de 10:30h a 13:30h.

Polo tanto, tras varios anos onde a xente se apuntaba na Casa da Luz ou en Miler Vintage Running Club, este ano cambiamos e estaremos no Mercado de Abastos. É un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, ás beiras do Lérez.

As inscricións serán gratuítas. Cada participante terá que levar un dorsal visible no peito. Estas identificacións serán obrigatorias para optar aos diferentes premios e agasallos que se entregarán. Aínda que anotarse sexa de balde, dende a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, entidade organizadora, agradecerse a aportación voluntaria de 1€ por cada dorsal para apoiar a labor do noso club na promoción do atletismo na nosa comarca.

No momento de recoller o dorsal, haberá que entregar produtos de alimentación imperecedoiros, polo menos un quilogramo, para doar ao Banco de Alimentos de Pontevedra.

Obxectivo: superar os 7000

Animamos a todos os pontevedreses/as e veciños/as dos concellos limítrofes a participar na San Silvestre de Pontevedra 2022. Este ano buscamos superar o noso récord do 2019, cando fomos 7.000 inscritos.

Este ano a San Silvestre volve ás rúas da Cidade de Pontevedra, e con ela volverán as cores, a ilusión, os disfraces e a festa que tanto definen este evento. Proximamente publicaranse máis información, como a recollida de dorsais, os premios ou o recorrido.

Pouco a pouco seguiremos informando das novidades.

Volve o Nadal a Pontevedra

Volve o Nadal a Pontevedra

En Pontevedra o evento que marca o Nadal é a San Silvestre e este ano volve xa a clásica e tradicional San Silvestre 2022, sen restricións, pero cun novo obxectivo: conseguir que os pontevedreses e pontevedresas volvan a encher as rúas da cidade do Lérez, tal e como pasou en 2019 con 7.000 inscritos. Ese foi fito máximo de inscricións e conseguiu colocarnos no mapa nacional como unha das san silvestres máis multitudinarias se o comparamos coa poboación total da cidade organizadora.

Dende a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, entidade organizadora queremos que entre todos nos superemos e volvamos a colocarnos no epicentro do deporte español. A Boa Vila é unha cidade moi ligada ao deporte. Aquí organízanse ao longo do ano unha gran cantidade de eventos deportivos profesionais que atraen a unha inxente cantidade de deportistas, afeccionados e público que ven de Pontevedra unha cidade idílica e sa. Este Nadal imos demostrar que non so hai que traer eventos de nivel para darnos conta de que estamos a altura, os pontevedreses tamén sabemos valorar a cidade e conseguir reflexar que a mellor San Silvestre de España é a Pontevedresa.

Atrás quedaron os anos da pandemia onde tivemos que reiventarnos para poder manter este evento, que é unha data marcada no almanaque do nadal pontevedrés.

Dous anos con “san silvestres” reinventadas

En 2020 inventouse unha #RaraPeroSanSilvestre. Intentouse que os que se inscribiran no evento puideran recorrer as rúas e parques do Concello de Pontevedra individualmente ou en grupos reducidos para evitar os contaxios. Un total de 10 percorridos distintos nos que se intentou que non se perdese a base do maior evento pontevedrés do nadal.

En 2021 buscamos achegarnos un pouco máis ao evento tradicional. Dende as Marismas de Alba e con saídas a diferentes horas xa se fixeron grupos para que os corredores competisen en grupos máis multitudinarios.

Este ano a San Silvestre volve ás rúas da Cidade de Pontevedra, e con ela volverán as cores, a ilusión, os disfraces e a festa que tanto definen este evento. Proximamente publicaranse máis información, como a recollida de dorsais, os premios ou o recorrido.

El equipo femenino sub20, quintas de España

El equipo femenino sub20, quintas de España

Atapuerca, en Burgos, ha sido el escenario idílico para el Campeonato de España de Campo a Través por Clubes celebrado el 12 y 13 de noviembre. Allí compitió el equipo femenino de categoría sub20, clasificadas después de quedar campeonas gallegas el pasado mes de octubre.

En la provincia burgalesa tenían un reto complicado. En una distancia de 3.930 metros se han enfrentado a las mejores atletas y clubes del panorama nacional. Tras casi 4km, el equipo femenino quedó quinto clasificado. Estaba compuesto (según orden de llegada) por: Isabel Caeiro, Carmen Victoria González, Branca Fernández, Ainara Rodríguez y Yurena García. La Sociedad Gimnástica de Pontevedra, quedó por detrás de clubes como el Playas de Castellón, el AD Gijón, el AD Marathon y la Juventud Atlética Elche. Un gran resultado colectivo, al que hay que sumar el magnífico décimo puesto de Isa Caeiro, a dos posiciones de quedar finalista. Durante buena parte de la carrera, el conjunto gimnástico fue cuarto, pero en los últimos las alicantinas las superaron.

También compitió en Atapuerca María Campo en la categoría sub23. Quedó 45º en la prueba de 5.870m.

Éxito no VI Saltar na Rúa

Éxito no VI Saltar na Rúa

O tempo acompañou a que a Praza da Ferrería se enchese de atletismo. A partir das 19:30h da tarde do 27 de agosto o público e os deportistas encheron unha das prazas máis míticas da cidade de Pontevedra.

O salto de lonxitude co olímpico en 2016, Jean Marie Okutu, á cabeza encabezaron a sexta edición deste evento que xa é un habitual no verán pontevedrés. Nesa proba vimos os saltos da vixente campioa galega absoluta, Andrea Villaverde; da vixente campioa de España sub23 en combinadas Eva Queimaño; e doutros atletas como Noa Currás, Matías Moldes, David Ferrer, Valeria González e Juan Piñeiro.

Posteriormente, seguindo cos saltos horizontais, foi a quenda do triplo salto. Aí destacaron Alfonso Palomanes, plusmarquista autonómico; Anxo Blanco, atleta titular co equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra; de Ariadna Gil e Uxía Paz, campioa galega absoluta e cuarta de España sub23, respectivamente; así como doutros atletas como Tania Valverde, Xoel Otero, Raúl Cortizo ou Marina A. Pérez, gran promesa da entidade organizadora.

O evento terminou co salto con pértega que abraiou a todo o público cando atletas como Tomás López, Aitor Fernández, Santi Ferrer ou Alejandro Villaverde saltaron por encima dos 4m de altura e “voaron” coa igrexa da Peregrina de fondo. Tamén participaron Marina A. Pérez, Manuela Blanco, Nerea Fernández e Lola Bouza.

Un ano máis, e xa van seis, o Saltar na Rúa volve a triunfar na cidade de Pontevedra. Nesta ocasión xa de volta á Praza da Ferrería, lugar de onde fora desprazado cara a Ponte do Burgo durante os dous anos nos que o evento estivo marcado polas restricións da pandemia.