Hoxe arranca a recta final de entrega de dorsais da LXII San Silvestre de Pontevedra e encaramos as últimas 15 horas de inscricións con case 4000 dorsais repartidos, a falta aínda de recibir as numerosas inscricións dos clubs deportivos de Pontevedra que queren despedir o ano xuntos.
Lembrámosvos que as inscricións fanse de forma presencial xa en R/ Castelao 3, baixo, co único requisito de aportar 1kg de alimento non perecedeiro por dorsal e levar preparado o número de DNI de todas as persoas que se van inscribir.
O horario desta última oportunidade para inscribirvos é 10:30-13:30 e 17:30-20:30 horas.
No mesmo lugar poderedes adquirir a camiseta oficial do evento, deixar un donativo ou consultar o plano co percorrido, así que non agardedes ó ultimo momento para ter a oportunidade de participar na última gran festa deportiva do ano porque… Non se pode correr sin dorsal!!
Deixámosvos aquí a ligazón ó regulamento para que podades participar en condicións de total seguridade: Regulamento
Xa podemos darvos máis detalles dunha das citas máis agardadas do ano!! A San Silvestre de Pontevedra 2025 arranca este luns, 01 de decembro, co inicio das inscricións.
Na nosa web tedes o regulamento completo para poder descargalo (inclúe mapa do percorrido), pero dámosvos unhas pistas para ir abrindo boca!!
QUÉ FACER PARA PARTICIPAR NA SAN SILVESTRE?
Coller un kilo de alimento non perecedeiro por cada inscrición que vaia realizar.
Se eres quen se encarga de gardar os abrigos dos que participan e ademais vas inscribilos, asegúrate de levar no whatsapp ou no mail unha foto do DNI de toda a xente que vas inscribir.
Se vas inscribir a un menor, asegúrate de ter tamén a foto do DNI do titor legal que se fará cargo durante a carreira.
Dirixirte ós lugares de inscrición con tempo e paciencia. Non o deixes para o último día coma sempre…
Do 01/12 ó 26/12, na tenda Miler (R/ Peregrina 6, soto – Pontevedra) de 10:30 a 13:30 e 17 a 20 horas de luns a sábado (ollo, o 25/12 estará pechada).
Do 27/12 ó 31/12, en Rúa Castelao 3, baixo. OLLO ós horarios:
27, 29 e 30, de 10:30 a 13:30 e 17:30 a 20:30
28 (domingo) e 31 (día da carreira), SÓ de 10:30 a 13:30 horas.
Sorrí á persoa voluntaria que che inscribirá, dalle os datos e déixalle o kg de comida por dorsal.
Antes de marcharte, asegúrate de levar o dorsal e colle imperdibles se precisas.
Se o consideras, o club agradéceche se queres deixar un donativo para continuar realizando actividades de promoción do atletismo como esta.
LEMBRÁMOSVOS QUE ESTÁ PROHIBIDO CORRER SEN DORSAL
Nos lugares de entrega de dorsais tamén poderedes adquirir a camiseta oficial deste ano.
EN QUÉ CONSISTE A SAN SILVESTRE DE PONTEVEDRA?
Realízase un percorrido polas rúas da zona histórica da cidade, de aproximadamente 3.900 metros, maioritariamente chá, accesible para todo tipo de persoa e condición, apto para realizar con cadeiras de rodas, nenos pequenos e silliñas. Por suposto podedes realizalo andando!
Antes da carreira, ás 16:15 horas, poderedes participar nunha masterclass de Zumba que virá ben para facer un bo quecemento e entrar no espíritu de festa deste evento.
A saída e chegada serán na Avenida Montero Ríos (diante do edificio da Deputación), ás 17 horas.
Como vos dixemos, hai un regulamento para consulta (de moi recomendada lectura), e aí existe unha orde de saída que pregamos se respete pola seguridade de todos:
Corredores pedestres
Menores
Cadeiras de rodas, silliñas, persoas de mobilidade reducida.
HAI PREMIOS?
Sí, para os tres primeiros corredores (masculino e feminino) e para os mellores disfraces. Non hai clasificación da carreira más alá destes postos.
O primeiro de cada categoría recibirá un xamón e os segundos e terceiros postos levarán un lacón.
O mellor difraz individual recibirá tamén un lacón e o mellor disfraz coletivo recibirá outro lacón para compartir entre todo o equipo.
Igualmente, como cada ano, dous dos nosos colaboradores (Froiz e A Devesa) terán un detalle cos participantes que rematen a proba e leven dorsal ATA ESGOTAR EXISTENCIAS.
Esta carreira, como cada ano, ten carácter solidario en colaboración co Banco de Alimentos de Pontevedra. Se aínda queredes aportar algo máis, o mesmo día da carreira estarán os propios voluntarios da entidade na liña de saída recollendo toda achega que queirades realizar.
Xa podedes pedirlle a Papá Noel o voso dorsal solidario para despedir o ano facendo deporte e divertíndovos xuntos!!
Quedastes con ganas de máis despois do Medio Maratón e preguntábades moito… Aquí está a XLII San Silvestre de Pontevedra!!
A data é coñecida: 31 de decembro. Tamén sabedes que será pola tarde, para baixar a comida e despedir o ano coa vosa xente e, por qué non, coñecer xente nova esa tarde porque o ano pasado tiñades o dorsal nada menos que 6531 persoas!!
A carreira, como todos os anos, terá carácter solidario, e é posible grazas á organización da Gimnástica e o Concello de Pontevedra e o Servizo de Deportes e a colaboración de Froiz, Galmotor, A Devesa e Miler.
Moita atención ás redes sociais e á web do club, porque iremos desvelando toda a información nos próximos días, pero ide xuntando á vosa xente. O récord quedou hai uns anos en 7000 dorsais e contamos convosco para superalo!! Vamos!!
Este pasado fin de semana (07 y 08 de noviembre) estuvo lleno de eventos para nuestros atletas.
Por un lado, recién llegados de sus más que merecidas vacaciones tras su participación en el Mundial de Tokio, los hermanos Chamosa recalaron en Toledo para disputar una de las pruebas clásicas del calendario de la marcha atlética: la Espada Toledana. Demostraron que continúan en la mejor forma dentro del panorama nacional consiguiendo Antía proclamarse campeona imponiéndose con autoridad respecto al resto de participantes y subcampeón Dani, a menos de un minuto del primer puesto del podio.
Algo más cerca, en Ourense, tenía lugar la Pedestre de San Martiño 2025, donde el protagonista absoluto fue el gimnástico Alejandro Santos, campeón en la categoría sub18, que atravesó la meta en 14:26 minutos. El mejor atleta en la categoría absoluta fue Pablo Bocelo, décimo en una carrera con un ritmo rápido.
Y para terminar el fin de semana de atletismo, la mañana del domingo la Gimnástica fue anfitriona del II Cros Cidade de Pontevedra, que comienza a consolidarse en el calendario gallego para todos los amantes del barro y los circuítos con curvas. En el club tenemos la suerte de contar con atletas especialistas en la disciplina y también con muchos polivalentes, como es el caso de Sabela Martínez, la mejor en categoría sub18, o Candela Lago, la primera en cruzar la meta en sub16. En el caso de los chicos, coparon el podio sub18 los gimnásticos Hugo Dopazo, primero, Hugo Collazo, segundo y Diego José Huerta, tercero. Compartían prueba con sus compañeros sub16 Joaquín González y Leo Simal, primero y segundo de su categoría, respectivamente. Otra de las atletas que lo dominan casi todo, Paula Carabelos fue la mejor en su categoría y su compañero, Iago Gómez fue esta vez segundo.
La prueba estaba enmarcada también dentro del programa Xogade, siendo una de las pruebas zonales. En cadete femenino fue Martina Yubero la mejor atleta del club, atravesando la meta en segundo lugar, y sus compañeros de categoría, Paio Estévez y Mateo Miñan fueron primero y tercero, respectivamente. En infantil femenino destacó Lía Geralavicius, de nuevo en el podio de esta competición y su compañero de categoría, Hugo Cordal fue tercero en su prueba. Gara Fernández fue segunda en alevín femenino y en el caso del masculino el mejor gimnástico fue Teo Castiñeiña, tercero. Por último, aunque fueron de los primeros en tomar la salida, las benjamines Sofía Álvarez y Leire Pallares fueron primera y segunda y Lucas Casalderrey fue cuarto, siendo el primer gimnástico en cruzar la meta.
Rematado o Medio Maratón con récord de inscricións, a Gimnástica continúa en activo para a celebración da segunda edición do Cros Cidade de Pontevedra. Tras o éxito acadado o ano pasado na súa primeira edición, a Illa das Esculturas será de novo o lugar de encontro para os amantes do barro.
A cita será o próximo domingo, 09 de novembro de 2025, onde participantes de todas as categorías voltarán a desfrutar do circuito, das curvas e, ó millor, da chuvia, como na anterior edición.
Toda a información sobre inscricións e regulamento, aquí.
Nin a constante choiva puido parar aos corredores do Gran Fondo Caixabank. Os grandes triunfadores da xornada foron Ismael Allagui (Ismanon) e Marina Porteiro ao imporse na proba do medio maratón.
Ismanel Allagui (Ismanon), primeiro no medio maratón do Gran Fondo Caixabank 2025
Medio Maratón chuvioso
A proba raíña do medio maratón tivo un claro vencedor. Foi o atleta madrileño Ismael Allagui, máis coñecido nas redes sociais como Ismanon. Porén, por ter licencia madrileña non puido subirse ao podio como gañador desta edición do Gran Fondo Caixabank.
Así que o podio completárono Víctor Puyuelo con 1:09:01 conseguindo o ouro, Alexandre Álvarez (1:09:37) obtivo a prata e Carlos Porto, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, con 1:09:48 foi bronce.
Ana María Santiso estivo liderando en case todo momento a carreira feminina, pero nos últimos quilómetros Marina Porteiro e Soledad Leiro conseguiron adiantala. De tal xeito, Marina, a atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, cruzou a liña de meta en primeiro lugar cun rexistro de 1:26:07 e escribe o seu nome na historia deste evento deportivo. Soledad Leiro foi segunda con 1:26:23. E, finalmente, Ana María quedou terceira con 1:27:00.
Carreira dos 10km
Ás 10:30h, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores deu o pistoletazo de saída á carreira curta do Gran Fondo Caixabank. Os corredores mantivéronse ao principio en grupo, pero xa nos últimos quilómetros empezaron a distanciarse e a deixar clara as posicións.
Finalmente, Denis Incutti chegou en primeiro lugar con 32:23; Pepe Sánchez del Valle foi segundo cun rexistro de 32:25; e o atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Hassan Izzeddine, subiuse ao terceiro posto do podio parando o cronómetro en 32:28.
En mulleres, venceu Beatriz Seco con 40:20. Tania Fernández (40:59) e Manuela Montes (41:26) foron segunda e terceira respectivamente. A lucense María Cedrón foi a primeira en cruzar a liña de meta, pero por non competir con licencia galega non puido subirse ao podio.
Podio 10km do Gran Fondo Caixabank .Hassan Izzeddine quedou terceiro
Carreiras de menores
Os primeiros en competir foron os máis pequenos. Na pista de atletismo do CGTD de Pontevedra percorreron deron máis de media volta ao anel. En total, uns 250 metros que todos os valentes fixeron sen terlle medo ás precipitacións.
Posteriormente, chegaron os rapaces e rapazas da categoría do Mini Gran Fondo. Saíron dende a Ponte dos Tirantes e chegaron á habitual meta do Gran Fondo Caixabank. Eles fixeron 750 metros.
Unha proba que gañaron Martín Otero e a atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Sabela Martínez.
Podio carreira menores do Gran Fondo Caixabank con triplete da Sociedad Gimnástica de PontevedraPodio carreira menores do Gran Fondo Caixabank
Usamos cookies para mejorar la experiencia de navegación. Si continuas navegando, se entenderá que aceptas las condiciones AceptarLee nuestra política de cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.