A Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz organizan a cuarta xornada do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, sendo a 24ª edición do Memorial Celso Mariño. A competición celebrarase o 21 de xuño no CGTD de Pontevedra.
A xornada comezará ás 17:30h para finalizar sobre as 21:15 h.
Nos ligazóns de abaixo podes encontrar o regulamento do evento e os atletas admitidos.
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz organizan a terceira xornada do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, sendo a edición XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra. A competición celebrarase o 31 de maio no CGTD de Pontevedra.
A xornada comezará ás 17:30h para finalizar sobre ás 21:15 h.
O XLVII Trofeo SGP, segunda xornada do Circuíto de Atletismo en Pista, celebrouse o 18 de maio no CGTD de Pontevedra. O conxunto de eventos están organizados pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra, da man do Concello de Pontevedra e grazas ao patrocinio dos Supermercados FROIZ.
As condicións meteorolóxicas, especialmente o vento, provocaron a invalidación de moitas marcas das probas de velocidade, dos 100ml e dos 200ml. Nesta última proba houbo dous rexistros por debaixo de 22 segundos na proba masculina, pero cun tempo de +3.9. Esa situación climática tamén dificultou nos concursos de salto de altura e triplo salto.
Destacaron os rexistros de Sabela Martínez nos 1000ml sub14 e sub16, que baixou a barreira psicolóxica dos tres minutos ao parar o cronómetro en 2:54.64. Nesa mesma disciplina, boas marcas tamén para outras atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra como Paula Torres e Noelia Quiñones.
A nivel absoluto sobresaíu como atleta do club Pablo Otero nos 800ml. A pesar de ser unha proba na que non está acostumado a competir, o atleta afincado en Cantabria, impúxose con 1:55.31.
A seguinte xornada do Circuíto de Atletismo en Pista será o mércores, 31 de maio. Trátase do XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra.
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz organizan a segunda xornada do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, sendo a 47ª edición do Trofeo S.G. Pontevedra. A competición celebrarase o 18 de maio no CGTD de Pontevedra.
A xornada comezará ás 17:40h para finalizar sobre as 21:15 h.
O XLIX Trofeo Boa Vila foi o primeiro dos cinco eventos do Circuíto de Atletismo en Pista 2023. O conxunto de competicións organizado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra, da man do Concello de Pontevedra e grazas ao patrocinio dos Supermercados FROIZ; arrancou o 26 de abril no CGTD de Pontevedra.
Ao redor de 300 atletas se xuntaron en Pontevedra para desfrutar dunha boa xornada de atletismo; destacando, principalmente, o gran número de atletas de categorías menores da entidade organizadora que participaron na competición. Púidose ver, por exemplo, na variedade de equipos que se presentaron nos relevos, tanto masculinos, como femininos.
Entre os rexistros destacados, están a mellor marca galega de categoría sub16 do atleta do Atletismo Rías Baixas, Hugo Casañas. O mozo lanzou o artefacto de disco aos 59.28 metros. Tamén sobresae que Sergio Rodríguez superou a barreira de baixar dos 50 segundos nos 400ml, ao cruzar a liña de meta cun rexistro de 49.76; ou a mellor marca persoal de Marina Artemia Pérez en salto de lonxitude con 5,18 metros. Ambos pertencen á Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
Tras a primeira xornada do Circuíto de Atletismo en Pista, xa está no punto de mira o segundo evento. Será o xoves, 18 de maio e tratarase do XLVII Trofeo S.G. Pontevedra. Posteriormente seguiranlle o XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra o mércores 31 de maio; o XXIV Memorial Celso Mariño o mércores, 21 de xuño; e remataría o venres, 7 de xullo co XLVII Trofeo Virxe Peregrina.
Usamos cookies para mejorar la experiencia de navegación. Si continuas navegando, se entenderá que aceptas las condiciones AceptarLee nuestra política de cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.