O atletismo volveu triunfar en Pontevedra cando quedan dúas xornadas para o fin do circuíto

O atletismo volveu triunfar en Pontevedra cando quedan dúas xornadas para o fin do circuíto

A terceira xornada do Circuíto de Atletismo en Pista segue o mesmo sentido que as anteriores. Éxito na participación e nos rexistros. Superado xa o ecuador do evento, organizado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e de Supermercados FROIZ, nótase o bo estado de forma no que se atopan os atletas.

Un dos momentos máis emocionantes vivímolos nos 110m valos cunha chegada apertada de David Vicente (14.42)e Gerson Vidal (14.43). Un man a man que se decidiu sobre a liña de meta. Tamén se realizaron bos rexistros nos 400ml tanto masculinos como femininos. Por un lado, Jacobo Soler (47.25) e o gimnástico David Abalde (48.43), primero e segundo, bateron a súas marcas persoais da tempada. En féminas tamén bo rexistro da atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Lia Caride con 58.39.

Na velocidade feminina tamén hai que salientar os 12.41 de Cristina Garrido nos 100ml. No resto das carreiras, sobresae o dobrete das atletas da entidade organizadora nos 600ml. Impúxose Sabela Martínez con 1:37.36 e foi segunda Paula Torres con 1:39.11.

Nos concursos, Juan Piñeiro voou ata os 7,13m en salto de lonxitude; e en lanzamento de martelo, Anxo Filgueira achegouse ata a súas mellores marcas persoais cun mellor intento de 49,67m e, polo tanto, quedou moi preto dos 50 metros.

A seguinte xornada do Circuíto será o mércores, 21 de xuño. Trátase do XXIV Memorial Celso Mariño.

O vento bótalle un pulso á segunda xornada do Circuíto de Atletismo en Pista

O vento bótalle un pulso á segunda xornada do Circuíto de Atletismo en Pista

O XLVII Trofeo SGP, segunda xornada do Circuíto de Atletismo en Pista, celebrouse o 18 de maio no CGTD de Pontevedra. O conxunto de eventos están organizados pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra, da man do Concello de Pontevedra e grazas ao patrocinio dos Supermercados FROIZ.

As condicións meteorolóxicas, especialmente o vento, provocaron a invalidación de moitas marcas das probas de velocidade, dos 100ml e dos 200ml. Nesta última proba houbo dous rexistros por debaixo de 22 segundos na proba masculina, pero cun tempo de +3.9. Esa situación climática tamén dificultou nos concursos de salto de altura e triplo salto.

Destacaron os rexistros de Sabela Martínez nos 1000ml sub14 e sub16, que baixou a barreira psicolóxica dos tres minutos ao parar o cronómetro en 2:54.64. Nesa mesma disciplina, boas marcas tamén para outras atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra como Paula Torres e Noelia Quiñones.

A nivel absoluto sobresaíu como atleta do club Pablo Otero nos 800ml. A pesar de ser unha proba na que non está acostumado a competir, o atleta afincado en Cantabria, impúxose con 1:55.31.

A seguinte xornada do Circuíto de Atletismo en Pista será o mércores, 31 de maio. Trátase do XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra.

XLIX Trofeo Boa Vila

XLIX Trofeo Boa Vila

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz organizan a primeira xornada do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, sendo a 49ª edición do Trofeo Boa Vila. A competición celebrarase o 26 de abril no CGTD de Pontevedra.

A xornada comezará ás 17:35h para finalizar sobre as 21:05 h.

Nos botóns inferiores podedes encontrar: 

  • Regulamento.
  • Atletas admitidos definitivos.

 

Cartel XLIX Trofeo Boa Vila 2023
A San Silvestre 2022 gañoulle a partida á choiva

A San Silvestre 2022 gañoulle a partida á choiva

A San Silvestre de Pontevedra 2022 quedará marcada no calendario como unha das que peor climatoloxía tivo. Participaron cerca de 5000 persoas.

Pouco antes de que comezasen a correr os deportistas comezou a chover fortemente. Porén os pontevedreses non se renderon e celebrouse o evento con normalidade. Os disfraces e a alegría volveu reinar nas rúas de Pontevedra despois dos dous anos cunha rara San Silvestre debido á pandemia.

Os gañadores desta edición foron en categoría masculina:

  1. Jorge Puig
  2. Hugo García
  3. Gustavo Santiago

En en feminina:

  1. Sabela Castelo
  2. Isabel Caeiro, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra
  3. Branca Fernández

En total, entregáronse 4.960 dorsais. Non se cumpriu o obxectivo de superar o récord de 7.000 participantes do 2019. Posiblemente o mal tempo destes días lastrou que as inscricións tiveran un número máis alto.

Homenaxe a Gustavo Dacal

Uns minutos antes de que se dese a saída, organizouse unha homenaxe a Gustavo Dacal. O obxectivo era dar visibilidade para que a xente o axudase na dura loita á que se está enfrontando.