Os irmáns Chamosa, no Gran Fondo Caixabank 2024

Os irmáns Chamosa, no Gran Fondo Caixabank 2024

Seguimos cos anuncios de participación para a cita do próximo 20 de outubro.

Antía Chamosa, quen vén dos Xogos Olímpicos de París, onde estivo preseleccionada para as remudas mixtas, comezará a pretempada na proba que organiza a Gimnástica xunto ó seu irmán, Dani Chamosa. Ambos participarán na distancia de Medio Maratón.

A escasos 10 días de pechar definitivamente as inscricións, os números xa están por riba dos acadados na edición anterior. A data de hoxe (martes) quedan só 150 prazas para medirse ós irmáns Chamosa na distancia de Medio Maratón e apenas 110 prazas para completar o 10k e batirse coa olímpica Ester Navarrete.

Lembramos que o peche de inscricións será o 13 de outubro, así que non o pensedes moito se queredes formar parte deste evento!

XLII Gran Fondo Caixabank – XXIX Medio Maratón – IV 10k ·2024·

A falta de 30 días para a celebración do Gran Fondo Caixabank 2024 (será o 20 de outubro), o ritmo de inscricións aumenta de semana en semana, estando agora mesmo en case 900, entre os que están, como xa anunciamos, a olímpica Ester Navarrete, que participará no 10k.

Lembramos tamén que estamos a piques de rematar o segundo prazo de inscrición, que remata o día 30 de setembro, cun prezo de 20 euros para o medio maratón e de 8 euros para o 10k e que, a partir do día 01 de outubro, pasará a ser de 30 euros no medio maratón e de 15 para o 10k. 

Os interesados en participar deberán ter en conta que o último día para inscribirse, sen opción de facelo posteriormente, é o día 13 de outubro

No caso dos menores, as inscricións poderán realizarse ata o 17 de outubro, cun custo de 1 euro por cativo. Dito importa acumularase en vales desconto para material deportivo que se sorteará en Miler, un dos colaboradores do evento.

A proba do Gran Fondo ten como patrocinador principal a Caixabank e como organizadores ó Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra (Servicio de Deportes) y e á Sociedad Gimnástica de Pontevedra, como entidade deportiva e a través do seu voluntariado.

Colaboran no evento a Xunta de Galicia a través de Deporte Galego, e proporcionando detalles para os participantes, Coca Cola, Froiz e A Devesa, como vén sendo tradición. Galmotor tamén é outro dos nomes que sempre confían en nós e este ano non ía ser a excepción.

Por outra banda, entidades como a Federación Galega de Atletismo, a Brilat, a Escola Naval Militar, Protección Civil e Ofivol, formarán parte tamén do evento axudando á organización.

Agardamos vervos a todos o 20 de outubro alí e aproveitamos para agradecer a todos os colaboradores, patrocinadores e organizadores a súa implicación nesta proba. Seguide adestrando, que o Gran Fondo está a por dar a saída!

 

O Gran Fondo 2023 xa ten data

O Gran Fondo 2023 xa ten data

O domingo 15 de outubro é a fecha fixada para unha nova edición do Gran Fondo – Medio Maratón – 10km. Nesta nova edición tamén haberá proba dos máis cativos e doble distancia en categoría absoluta: o medio maratón e os 10km. Como novidade, este ano as datas para apuntarse comezan moito antes.

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra, club organizador, abre as inscricións este ano con máis anterioridade, de tal xeito que haberá tres prazos con distintos presos:

  • Dende o 1 de marzo e ata o 31 de maio: a inscripción do medio maratón custará 15€ e a dos 10km será de 8€.
  • Desde o 1 de xuño e ata o 30 de setembro: a distancia longa custará 20€, pero na curta mantéñense os 8€.
  • Dende o 1 ata o 8 de outubro: a inscrición do medio maratón ascenderá a 30€ e a dos 10km a 15€
  • As inscricións para as carreiras de menores só terán un prazo dende o 1 de marzo ata o 12 de outubro e haberá un único prezo de 1€.

Todas as inscricións se realizarán na páxina web do Medio Maratón de Pontevedra.

Hai prazas limitadas. Nas carreiras de catidos será dun total de 300 menores; mentres que haberá un máximo de 600 incritos para os 10km e de 1400 participantes para o medio maratón. O percorrido estará homologado para as dúas distancias de categoría absoluta.

Ademáis destes prezos, os participantes poderán optar a conseguir unha inscrición gratuita coa compra igual ou superior a 125€ na tenda Miler Vintage Running Club, situada na rúa Peregrina, 6, soto. Esta promoción so será válida ata o 30 de setembro.

O horario do evento será o seguinte:

  • 10:20h à proba de cativos
  • 10:40h à 10km
  • 10:35h à Mini Gran Fondo
  • 11:00h à medio maratón
O Gran Fondo 2023 xa ten data

Reyes Estévez e Marta Prieto gañan o Gran Fondo Caixabank

O tempo non acompañou nun Gran Fondo Caixabank que volveu a súa normalidade despois de dous anos da pandemia. Porén, as gañas e a ilusión encheron as rúas da cidade do Lérez.

Na categoría absoluta impúxose o atleta internacional Reyes Estévez, que mantivo un man a man con Anxo Castro en todo momento. Terceiro foi o atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Carlos Porto, que debutaba na distancia.

En categoría feminina, gañou a atleta do club madrileño AD Marathon, Marta Prieto, tamén debutante na distancia. Venceu sobre unha veterana do Gran Fondo Caixabank como é Beatriz Fernández. No terceiro lugar quedou Verónica Bugliot.

Nos 10km a vitoria foi para Roi Estévez do CA Santiago, segundo quedou Rubén Diz e terceiro Manuel Marchena. Na categoría feminina gañou Begoña Domínguez, do Ourense Atletismo. A súa compañeira de equipo Vicky Losada quedou segunda e a medalla de bronce foi para Cora Saburido.

O primeiro atleta local foi Manuel Lorenzo, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. En féminas non se entregou este galardón por non cruzar a liña de meta no tempo establecido no regulamento.

Este ano como novidade tamén houbo dúas probas para os máis pequenos, que foron un éxito de participación, especialmente de atletas da entidade organizadora.

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra profeta na súa terra

Equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra no medio maratón do Gran Fondo Caixabank
Equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra no medio maratón do Gran Fondo Caixabank

Este ano tamén se celebrou o Campionato Galego de Medio Maratón, tanto en categoría individual como por equipos.

Carlos Porto quedou subcampión galego cun tempo de 01:08:10. Ademais, por equipos o combinado masculino fíxose co ouro, grazas aos puntos aportados polo propio Porto, Manuel Lorenzo (5º), Manuel Hurtado (7º) e Iago Pereira (60º).

Por categorías, Iago quedou campeón galego sub23 e Hurtado foi subcampión galego en máster M35.

Un día para o peche das inscricións

Un día para o peche das inscricións

O Gran Fondo Caixabank entra na súa recta final. A pouco máis de 24 horas para que chegue o fin das inscricións, esta proba deportiva da cidade de Pontevedra xa ultima todos os detalles.

Polo de agora, róldase a cifra dos 500 inscritos no medio maratón e rózase os 300 anotados nos 10km. A carreira dos máis cativos está preto dos 100 participantes. Lembramos que o prazo para apuntarse neste evento remata o 9 de outubro ás 23:59h. Como xa estamos no segundo prazo das inscricións o prezo por anotarse é de 25€ para a proba de máis distancia e de 15€ para a curta. No caso dos nenos e nenas tan so custará 1€ inscribirse e, co recadado, sortearanse vales en material deportivo entre todos os participantes.

Neste tempo estivéronse presentando diversos servizos que se recuperaron despois da pandemia, como os vestiarios ou os gardarroupas; e tamén este ano incorpóranse outros novos como a gardería. Son prestacións que, pouco a pouco, van facendo crecer este evento que se tivo que reinventar durante os anos de restricións da pandemia para que se puidera seguir celebrando.

De feito, séguense ultimando os detalles e o último anuncio foi a camiseta desta edición. Entregarase no momento no que se recollan os dorsais. Previamente os atletas na inscrición tiveron que escoller a súa talla. É unha prenda técnica e transpirable, apta para realizar deporte.

Recollida de dorsais

Unha vez finalizado o prazo de inscricións, os atletas poderán retirar os seus dorsais. Será obrigatorio portar o dorsal no peito e ten que estar visible. Non se poderá dobrar nin ocultar. As datas para recoller estas identificacións son do 13 ao 15 de outubro na tenda Miler Vintage Running Club, rúa Peregrina, 6 (soto), en Pontevedra. Poderase recoller durante o horario de apertura do comercio. Este ano tamén recupérase despois dos anos da pandemia a recollida o mesmo día da proba. O 16 de outubro en horario de 08:00h a 10:30h poden coller os seus dorsais so os deportistas que son de fóra de Pontevedra. O punto de entrega será o Pavillón Universitario.