Queda menos dun mes para a celebración da edición 2026 do clásico Gran Fondo Caixabank. Será o 18 de outubro cando milleiros de atletas tomarán a saída dende a Ponte dos Tirantes de Pontevedra en distintas categorías e distancias para desfrutar dunha proba que este ano introduce modificacións relevantes no trazado da proba.

Concretamente, o cambio afectará ó tramo final da segunda volta, cando se enfronten ós últimos metros antes de chegar ó final da carreira, na pista de atletismo do CGTD (Centro de Galego de Tecnificación Deportiva).

En edicións anteriores, os atletas chegaban á rotonda da Ponte dos Tirantes e continuaban pola rúa Padre Gaite. A continuación, accedían pola rúa Padre Fernando Olmedo ó portalón situado na zona de meta da pista de atletismo. Unha vez dentro da pista, os participantes incorporábanse á calle 1 e debían completar prácticamente unha volta á pista antes de cruzar a liña de chegada.

Nesta edición, O ACCESO SERÁ DISTINTO. Ó chegar á rotonda da Ponte dos Tirantes, os corredores tomarán a rúa José Malvar e entrarán no recinto do CGTD polo portalón situado aproximadamente nos 200 metros da pista de atletismo. Dende ese acceso, incorporaranse á calle 1 e dirixiranse directamente á liña de meta.

A modificación permitirá, polo tanto, un acceso máis directo á pista nos últimos metros do Medio Maratón e suporá tamén unha mellora dende o punto de vista de seguridade do circuito. Co novo trazado elimínase a necesidade de dividir en dous carrís o portalón de acceso situado na zona de meta, que pasará a funcionar como un único carril, o que simplifica o tramo final para os participantes e mellora a organización dos pasos nun dos puntos máis sensibles do percorrido.

Dende a organización recomendamos a participantes e público prestar especial atención a esta novidade, xa que afecta a un dos puntos máis destacados da proba: o acceso ó CGTD e a entrada a meta.

Vémonos o 18? Aínda estades a tempo de inscribirvos nesta recta final! Agardámosvos!!