Se nos anteriores fins de semana os distintos equipos deixaban claro que veñen pisando forte, esta fin de semana os equipos sub12 deron un golpe sobre a mesa ou, mellor dicir, no podio.
Dobrete da Gimnástica en categoría sub12, subindo ós equipos feminino e masculino ó primeiro chanzo do podio para recoller o seu trofeo de Campións Galegos.
Desta volta, e dados os magníficos resultados, é moi difícil destacar a algún dos atletas, porque todos eles fixeron unha competición de sobresaínte. Por mencionar algúns dos nomes que compuxeron o equipo masculino, Gutier Calle foi primeiro son salto de altura pasando o listón colocado en 1.33 metros, sendo a súa nova marca persoal, mismo posto que conseguiu o seu compañeiro, Mateo González, no lanzamento de pelota ou o equipo de remudas 4×60 formado por Brían Barroso, Teo Castiñeira, Gutier Calle e Álex Gómez. Dous deles, ademais, aportaron un segundo e terceiro posto ó total de puntos sumados, sendo Brían segundo no 500 metros lisos e Teo, terceiro no salto de lonxitude. Tamén houbo algún tercer posto, sumando os puntos correspondentes, como o de Mateo Garrido no 1000 metros lisos.
Todos eles sumaron un total de 40 puntos, a só un punto de distancia do segundo clasificado, o Atletismo Narón, facéndose co título autonómico.
O equipo feminino, pola súa banda, fíxose co trofeo de Campioas tras unha competición impecable de todas elas que tamén fai complicado salientar só a algunhas delas. Conseguiron primeiros postos atletas como o da lanzadora de peso, Xiana Estévez. Tamén contribuíron ó título, entre outros, os terceiros postos de atletas como Martina Cures, terceira no 2000 metros marcha ou Gara Manuel, no salto de altura.
Finalmente, conseguiron o título grazas ós 62.5 puntos sumados, lonxe dos 58 conseguidos polo segundo clasificado, o ADAS CUPA.
Tras esta intensa xornada de sábado, o domingo o equipo desprazouse ata Santiago de Compostela para disputar unha das probas clásicas do calendario de cada ano: a Pedestre de Santiago, e de novo o resultado non podía ser mellor.
A Gimnástica volve gañar a carreira un ano máis… Por quinto ano consecutivo, deixando claro por qué é unha das competicións favoritas dos nosos atletas.
Moitos parabéns a todos eles!! Seguimos!!



