O domingo 28 de xaneiro  organizado pola  Delegación da F.G.A. en O Barco  celebrouse no circuito de Aguillón en  A Rúa (Ourense)  o  XI Campionato de Galicia de cross corto por clubs e ademáis o Campionato de Galicia cadete-sub16 e xuvenil-sub18 individual e por clubes de campo a través. A boa temperatura e un circuito sen apenas desniveis  acompañaría ós atletas en toda a xornada , e faría disfrutar os espectadores da competición.

Habería  unha clasificación individual e outra por equipos en cada unha das categorías sub 16 e sub 18, namentras que nas categorías senior-promesa só sería clasificación por clubes . Para a clasificación por equipos teríase en conta os seis primeiros atletas do mesmo equipo, que cheguen á meta sumando  os postos dos catro primeiros.  Os clubes que non presentaran  4 atletas en meta excluiríanse da clasificación por clubes. As distancias a percorrer eran as seguintes

CADETE-sub16 Mulleres 2.300 m. aprox.

CADETE-sub16 Homes 3.900 m aprox

 XUVENIL-sub18 Mulleres 3.200 m. aprox.

XUVENIL-sub18 Homes 4800 m. aprox.

 Senior-Promesa-sub23 Mulleres 3.900 m.

 Senior-Promesa-sub23 Homes 3.900 m. aprox.

 

Ouro SGP: Paula de la Torre, Blanca Armenteros, Paola de Montis y Monica Junquera. Prata Tuy, Bronce ADAS

Destacar ó equipo sub18 de mulleres formado por Paula de la Torre, Blanca Armenteros, Paola de Montis e Mónica Junquera , Ouro por equipos, o que lles da  o  billete para participar no Campionato de España de Cross por equipos na categoria  sub18  a celebrar en Xixon o 25 de febreiro. Ademáis  Paula de la Torre, prata individual , e Blanca Armenteros, bronce en individual, nesta categoría  obteñen  praza para formar parte  da selección galega de cross sub18   que participará o  4 de Marzo do 2018 no Campionato de España CSD en Idade escolar sub16-sub18 en san Pedro do Pinatar.

Sub 18. Ouro Sara Lopez Atletica lucense, Prata Paula de la Torre SGP, Bronce Blanca Armenteros SGP

 

 

 

O outro ouro seria individual, nas pernas de Hugo García Souto  que conseguiría a primeira praza  na categoría sub16 masculina , e  tamen obtén praza na selección galega de cross que asistirá o Campionato de España CSD en Idade escolar sub16-sub18

Hugo García Souto SGP Ouro, Martín Rivera Ourense prata, Hugo Suárez Celta bronce

 

 

 

 

Na categoría senior – promesa sub23 mulleres o equipo formado por Joselyn Brea, Eva Cid, Sharay Astariz e Marina Porteiro  obterian o  bronce por equipos a tan só seis puntos da segunda posición. Nas categorías sub 23-senior non habería  pódium individual , reseñar que  o primeiro  atleta en cruzar a meta   do Cross Curto Masculino foi   Manuel Hurtado, asi como a terceira posición de Joselyn  Brea no Cross Curto Senior Mulleres

Ouro ADAS, Prata Comesaña, Bronce SGP: Joselyn Brea, Eva Cid, Sharay Astáriz, Marina Porteiro

 

A continuación detallamos os atletas participantes e os resultados acadados

Sub 16 (cadete) MULLERES 2003-2004 204 puntos. DECIMOTERCEIRAS
Paula Dominguez     22 ptos
Antía Carrasco          55 ptos
Marta Barragáns      56 ptos
Sofía García               71  ptos

 

 

Sub 16 (cadete) Homes 2003-2004 NON PUNTÚAN 
Hugo García Souto        1 POSICION   Ouro
Alexandre Fernández   39 posicion
Ivan Belmonte               66 posicion
André Martínez             DNF

 

Sub18 (Xuvenil) Mulleres 2001-2002    36 puntos  MEDALLA DE OURO
Paula de la Torre          2  ptos   Prata
Blanca Armenteros       3   ptos  Bronce
Paola de Montis           12 ptos
Mónica Junquera         19  ptos

 

 

Sub 18 (Xuvenil ) Homes 2001-2002  92 puntos . SEXTOS
Nicolás Fuentes       9 ptos
Pablo Lourido        26 ptos
Antón Paz               28 ptos
Alberto Pérez         29 ptos
Bedilu Mendoza    30 ptos

 

Senior-Promesa-sub23 Mulleres  38 puntos . MEDALLA DE BRONCE
Joselyn Brea              3  ptos 
Eva Cid                       7 ptos
Sharay Astariz          10 ptos
Marina Porteiro       18 ptos

 

 

Senior-Promesa-sub23 Homes 130 puntos  SEPTIMOS
Manuel Hurtado   1    pto 
Carlos Porto           5  ptos
Adrian Lago           26  ptos
Carlos Morales     98 ptos

 

 

 

Equipo sub 16: Antía Carrasco, Sofía García, Marta Barragáns e Paula Domínguez

 

 

 

Sub16: Hugo García, André martínez, Alexandre Fernández e Ivan Belmonte

 

Sub18 Bedilu Mendoza, Nicolás Fuentes, Antón Paz, Alberto Pérez e Pablo Lourido

 

 

 

Equipo senior/sub23. Manuel hurtado, Adrián Lago , Carlos  Morales e Carlos Porto

http://ranking.atletismo.gal/online/2017-2018/barco/20180128ctogalcc/