A San Silvestre de Pontevedra pecha a súa actividade con máis de 1000 participantes

A San Silvestre de Pontevedra pecha a súa actividade con máis de 1000 participantes

A “Rara, pero San Silvestre” clausura un mes de actividade física con un total de 1019 participantes e máis de 12.000 quilómetros completados.

Esta proba naceu coa intención de manter viva a ilusión da San Silvestre, un evento clásico no nadal dos pontevedreses. O obxectivo ía máis alá porque tamén se buscaba que a xente fixera un mínimo de actividade física.

Aínda que estes rexistros están lonxe dos 7000 inscritos do ano pasado, cando se bateu o récord de participación, este millar de participantes considérano positivo porque “se é real eses 1000 participantes é unha cifra moi boa porque fai sete ou oito anos non pasábamos case dos 1000 participantes”, segundo comentou Víctor Riobó, un dos directores técnicos do evento.

A “Rara, pero San Silvestre”, é unha proba que buscaba mesturar o físico co virtual para poder cumprir coas medidas sanitarias recomendadas. A parte física conseguiuse coas diferentes actividades que se organizado para manter viva esta ilusión.

Metro Silvestre, un mapa para o futuro

Creáronse dez percorridos recollidos no “Metro Silvestre”, un mapa que sinala rutas que mesturan o centro da cidade con zonas verdes e dos arredores do concello nos que se pode realizar actividade física.

Na seguinte gráfica podes ver o número de rexistros que tivo cada circuíto durante o mes no que se celebrou o evento.

37 anos da San Silvestre de Pontevedra recollidos na Alameda

A Alameda de Pontevedra acolleu os 37 anos da San Silvestre nunha exposición na que se mestura fotografías e recortes de xornais. Esta exhibición tivo bastante éxito que, tal e como xustificou Santi Ferrer débese a que, segundo el, “a forma de manter presente o espírito da carreira é recordala”.

Saída histórica

O 31 de decembro, como este ano non se puido realizar unha saída normal, organizouse un pistoletazo de saída ao que asistiron o primeiro gañador da proba, Estanislao Durán; o atleta con máis victorias, Víctor Riobó e a gañadora do ano pasado, Candela Sánchez; entre outras personalidades do concello e do club.

Unha mirada hacia o futuro

Aínda que a Rara, pero San Silvestre durase so un mes, a exposición e os puntos de información dos circuitos manteranse ata o 31 de xaneiro, para que a xente poida seguir disfrutando deles.

Ademais dende o Concello de Pontevedra comprométense a que estas rutas do Metro Silvestre estean limpas para que a poboación poida practicar actividade física de calidade.

II Encontro SGP-CAS

II Encontro SGP-CAS

La Sociedad Gimnástica de Pontevedra y el Club Atletismo Sada organizan el segundo control conjunto de la temporada 2021. Será el 23 de enero en la pista cubierta de la Fundación Expourense.

En los botones inferiores podéis descargar: 

  • Las medidas COVID-19
  • La declaración responsable
  • La solicitud de acceso a la Fundación Expourense
  • El reglamento y el horario del control

 

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra convoca a súa Asamblea Xeral Ordinaria para o venres 29

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra convoca a súa Asamblea Xeral Ordinaria para o venres 29

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra xa puxo data para a súa Asamblea Xeral Ordinaria. Será o venres, 29 de xaneiro no CIFP A Xunqueira. Ás 20:30h comezará a primeira convocatoria e ás 21:00h a segunda.

En principio a reunión é presencial, gardando as distancias de seguridade recomendadas e portando a máscara de cara en todo momento. Porén, estaremos pendentes da evolución da pandemia e das novas medidas que tome o Comité Clínico Autonómico por se hai que decretar que sexa vía online. Neste último caso, a entidade deportiva porase en contacto cos asistentes e facilitarase un ligazón para acceder á reunión.

A Asamblea Xeral Ordinaria terá o seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta anterior.
  • Informe e memoria deportiva da tempada 2020.
  • Memoria, liquidación de orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede, correspondente a 2020.
  • Orzamento para o exercicio 2021.
  • Nomeamento dos clubs filiais.
  • Distincións.
  • Rogos e preguntas.

Lucía Ferreiro bate el récord gallego de salto con pértiga

Lucía Ferreiro bate el récord gallego de salto con pértiga

En la tarde del 3 de enero y bajo el techo de la pista cubierta de la Fundación Expourense, Lucía Ferreiro consiguió destacar. El II Control PC en Ourense, organizado por la Sociedad Gimnástica de Pontevedra y el Club Atletismo Sada, fue el escenario idóneo para que la atleta del club pontevedrés consiguiera sobresalir. Con un registro de 2,95m batió el récord gallego de salto con pértiga en categoría máster W-40.

La saltadora de pértiga se batió a sí misma, pues ya estaba en su poder el récord gallego de esta disciplina en esta categoría de veteranas. Lo había conseguido el 23 de febrero del 2020 en Ourense y eran tres centímetros menos (2,92m) que la nueva hazaña.

Error en la Lotería de Reyes de la Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Comunicamos que, debido a un error de imprenta, la participación de lotería que contiene el número 91679 es erróneo; el número correcto es el 91769. En esa misma papeleta, el número 37974 es el correcto.

Lamentamos las molestias y pedimos disculpas por el error.

En cualquier caso, si desean resolver alguna duda pueden contactar con el club en el email: info@sgpontevedra.com

Lotería de Reyes Sociedad Gimnástica de Ponteevedra
Error en la lotería de Reyes Sociedad Gimnástica de Pontevedra