Máis de 1200 inscritos a un día de pechar as inscricións

Máis de 1200 inscritos a un día de pechar as inscricións

O Gran Fondo Caixabank, que se celebrará o 15 de outubro, segue levando bo ritmo de inscricións. Xa se superan as 1200 persoas anotadas. Concretamente son 1240 entre as tres probas.

A distancia do medio maratón conta con 780 participantes, os 10km con 355 e a proba dos cativos con 105. Lembramos que en todas as distancias hai aforo limitado de participación. As inscricións pechan o domingo 8 de outubro ás 23:59h. Agora o prezo para anotarse é de 30€ na longa distancia e de 15€ na curta. A proba dos menores segue custando 1€ e terán de prazo para inscribirse ata ás 23:59h do venres 13 de outubro.

Entre os atletas inscritos, xa contamos coa participación do vencedor do ano pasado, o atleta internacional Reyes Estévez; pero tamén está anotado o segundo clasificado do 2022, Anxo Castro. Polo tanto, as rúas de Pontevedra revivirán o duelo de hai un ano.

Na categoría feminina, de momento, non hai confirmación das atletas vencedoras o ano pasado. Porén si está na lista de inscritos a segunda clasificada da edición de 2022, Ángela Rodríguez, que volverá con gañas de subirse ao podium.

As inscricións realízanse desde a páxina web do Gran Fondo Caixabank.

Máis de 1200 inscritos a un día de pechar as inscricións

Máis de 1000 inscritos no Gran Fondo Caixabank tras pechar o prazo reducido das inscricións

As inscricións do Gran Fondo Caixabank aumentaron considerablemente las últimas horas. A finalización do prazo cun coste máis baixo para anotarse supuxo un incremento nos participantes. Agora o evento, que se celebrará o próximo 15 de outubro, conta con más de 1000 inscritos.

En total, son 1111 participantes entre as tres probas. No medio maratón, hai 747 participantes; nos 10km a cifra é de 316 e na proba dos cativos hui 48 anotados. Lembramos que en todas as distancias hai aforo limitado de participación.

Quedan aínda 7 días para poder apuntarse. Agora as inscricións aumentan de prezo ata ás 23:59h do próximo 8 de outubro. Os que queiran participar no medio maratón pagarán unha tasa de 30€, mentres que para os 10€ o prezo será de 15€. A proba de menores segue costando 1€.

As inscricións realízanse desde a páxina web do Gran Fondo Caixabank.