Reyes Estévez buscará o próximo 15 de outubro revalidar a vitoria no Gran Fondo CaixaBank. Volve á cidade de Pontevedra para percorrer as súas rúas e intentar cruzar a liña da meta en primeiro lugar.
O atleta internacional xa confirmou a sua participación na distancia do medio maratón. Igual que o ano pasado buscará subirse ao máis alto do podium. No seu palmarés conta con posto de finalista nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e varias medallas nacionais e internacionais.
Quedou terceiro en dous mundiais de aire libre, en Atenas 1997 e Sevilla 1999. A nivel europeo, gaño en Budapest 1998 e quedo segundo en dúas ocasión: en Munich 2002 ao aire libre e en Lisboa 2001 en pista cubierta. Tamén conseguiu a medalla de bronce no Europeo de Madrid de 2005 en doble proba, nos 1500ml e nos 3000ml.
A súa confirmación chega poucas horas antes de que se peche o prazo de inscricións reducido. Este prazo remata o 30 de setembro ás 23:59h. Nel o custo da inscripción é de 20€ para o medio maratón e de 8€ para os 10km. A partir desa data e ata ás 23:59h do próximo 8 de outubro, o prezo para anotarse ascenderá ata os 30€ na distancia longa e 15€ na curta. Na proba dos cativos a inscrición custa 1€ e está dispoñible ata as 23:59h do 13 de outubro.
Polo de agora, o Gran Fondo Caixabank leva case 950 inscritos. Deles, máis de 260 están anotados nos 10km e máis de 540 no medio maratón. A proba dos menores conta con 35 anotados.
Trackbacks/Pingbacks