XXX Trofeo Cidade de Pontevedra 2025

XXX Trofeo Cidade de Pontevedra 2025

O Circuito Froiz de Atletismo en Pista 2025 chega ó seu ecuador. Nunha xornada na que os chubascos intermitentes e o vento puxeron as cousas difíciles ós atletas, todos competiron dando o mellor de sí.

Cabe destacar a mellor marca persoal conseguida por Valeria Barros no lanzamento de pelota, Cayetana Diz no 1000 metros lisos ou Lía Vázquez, no salto con pértega, que vén ademais de proclamarse a sexta mellor atleta nacional no Triatlón A do Campeonato de España sub14, que se celebrou a pasada fin de semana en Albacete. Non se conformou só con mellorar o seu rexistro na pértega, senon que fixo o mesmo minutos máis tarde no 80 metros valos, deixando agora o seu mellor tempo en 13 segundos exactos.

Nos valos tamén houbo moitas melloras por parte dos nosos atletas masculinos. No 80 metros foron Paio Estévez, Luis Durán e Ángel Carragal quenes melloraron os seus rexistros, e no 100 (a 0.91) foron Iago Gómez, Mario Tegegn e Ángel Moldes quenes estableceron as súas novas marcas persoais.

Destacar nesta xornada as novas marcas persoais conseguidas por Pablo Ulla e Alejandro Santos no 1500. Pablo fora lebre de Pedro Osorio na anterior xornada, onde o naronés conseguira pulverizar a súa marca persoal no 800 e nesta xornada foi Osorio quen axudou a Pablo a conseguir o seu obxectivo de mellora nesta carreira. Sen dúbida, forman un gran tándem dentro da pista nas distintas distancias nas que participan. Alejandro, ademais, conseguiu con esta nova mellor marca a mínima para o Campionato de España.

Nesta xornada non houbo proba de marcha atlética, onde habitualmente participan Dani e Antía Chamosa. Dani, quen despois de todo o acadado este ano, ven de rexistrar un novo récord galego no Gran Premio Cantóns celebrado na Coruña a pasada fin de semana, agora ve a recompensa de estar, xunto coa súa irmá, de estar na lista de convocados da Real Federación Española de Atletismo, que se fixo pública na mañá de hoxe, para estar no Mundial de Tokio que se celebrará do 13 ó 21 de setembro.

Dende o club, parabéns non só os irmáns Chamosa pola convocatoria para o Mundial, senon tamén para todos os atletas que participaron nesta dura xornada de atletismo. A próxima cita será o mércores 09 de xullo, co XXVI Memorial Celso Mariño. Vémonos no CGTD para seguir desfrutando do deporte!

Chuvia de medallas nos Campionatos Galegos

Chuvia de medallas nos Campionatos Galegos

Esta fin de semana do 31 de maio e 01 de xuño case todas as categorías e atletas disputaron os seus títulos autonómicos e provinciais, demostrando estar en perfecntísimo estado de forma na recta final da tempada de aire libre.

Ata Ferrol foron os atletas de Combinadas, onde o gimnástico Paco Lamas proclamouse Campión Galego de Combinadas en categoría sub20, conseguindo ademais algunha nova marca persoal, como a do 100 metros lisos no decathlon.

Na casa xogaron os nosos atletas sub18. O CGTD foi o lugar onde disputaron o autonómico ó aire libre da súa categoría. Os ouros e, polo tanto, os títulos de Campións galegos conseguíronos Isaac Casal en triplo salto, Sabela Martínez no 1500, Paula Fernández o 3000 metros lisos e Guille Piñeiro no 110 metros valos. Guille e Isaac ademais subiron unha segunda vez ó primeiro posto do podio para recoller o ouro conseguido polo equipo de relevos masculino 4×100, formado tamén por Pablo Coladas e Óscar Otero.

Irati Legazpi no salto de lonxitude foi a única prata conseguida na xornada e os bronces foron para Carlota Vázquez, no 100 metros valos, Hugo Collazo e María Estévez no 2000 obstáculos, Noa Currás no triplo salto e Álvaron Fontán no salto con pértega.

Tamén foi fin de semana de competición para os máis pequenos, que foron ata Vigo para disputar a final provincial do Xogade. Destacou Alicia Gallego, que fixo o dobrete cos seus primeiros postos de salto de altura e lonxitude, ademais de recoller o bronce conseguido polo relevo do que formou parte. Tamén subiu ó podio, pero desta vez para recoller a prata, Sabela Coejo, que fixo un gran traballo no lanzamento de pelota, e no terceiro peldaño do podio estiveron Lidia Laredo (400 metros lisos), Cayetana Diz (lanzamento de pelota) e os atletas do relevo 4×50 mixto, Xoel Moledo, Lidia Laredo, Alicia Gallego e Cayetana Diz.

Os máster tamén demostraron ser un exemplo para todos os que veñen detrás. Ata Santiago chegou o equipo para disputar o seu Campionato Galego, volvendo a casa cun estupendo balance.

Conseguiron o título autonómico Víctor Gallego en lanzamento de peso e disco, compartindo ademais podio co seu compañeiro, Imanol Cardona, que foi segundo en ambas disciplinas, e con Santi Ferrer Alonso, bronce en peso. Santi Ferrer conseguiu tamén o título autonómico en salto con pértega e no 110 metros valos, como tamén fixo Imanol Cardona, que recolleu o seu ouro ó ser o máis rápido no 400 metros lisos. Helena rey foi a mellor en lanzamento de peso e Banesa Currás fixo o propio en disco. Miguel de Jesús conseguiu ser o mellor no salto de lonxitude como tamén fixo Esperanza Caldas no 400 metros lisos e Carlos Sánchez en peso. O último ouro máster foi para Loreto Brea en lanzamento de martelo e martelo pesado.

As pratas chegaron, ademais de con Imanol Cardona, con Noelia Rivadulla (100 metros lisos), Santi Ferrer Moreira en lanzamento de peso e disco, Ángel Moldes fixo doblete levando as pratas nos 100 metros lisos e no 100 metros valos e conseguiu o bronce no salto de lonxitude. Miguel de Jseús foi segundo tamén no 100 metros lisos, Sandra Carballo foi o segundo mellor lanzamento no disco e Paco Suárez foi o segundo mellor tempo no 1500.

Sen dúbida unha fin de semana onde pudimos comprobar o excelente estado de forma de todas as categorías do noso club e o enorme traballo realizado por todos os atletas e adestradores. Parabéns a todxs!